Broche final: actividades sobre vivenda para refrescar a memoria

Finalizamos a nosa andadura neste blog cun post dedicado a ti. Durante estas semanas estivemos traballando na proposta O dereito á vivenda é alugar infraestruturas dignas. Publicamos as experiencias desagrables que sufriron estudantes cos seus pisos de Santiago de Compostela, realizamos un círculo de lectura crítica no que se trataron temas moi variados e tamén abordamos a situación na que se atopan os habitantes de residencias públicas e privadas da capital galega. Rematamos con varias actividades que servirán para que non te esquezas do que demandamos desde o noso inicio: O dereito a unha vivenda digna.

Cuestionario

O primeiro que propoñemos é este Kahoot! no que destacamos algúns aspectos das nosas entradas e co que entrarás nesta dinámica de xogos. Podes revisar todos os nosos posts, pero só terás dez segundos para contestar a cada pregunta!

Preme na imaxe para acceder ao cuestionario ou introduce o código 09330974

Diferenzas

A maioría das testemuñas que figuran nas dúas primeiras entradas coinciden en que nos seus pisos había un habitante máis co que ninguén quería convivir… a humidade. Así o demostran as fotografías cedidas polas nosas testemuñas. A imaxe seleccionada para esta actividade é posible que che resulte coñecida, xa que a publicamos nun dos posts e pertence á estudante Antía L. M.  Es capaz de atopar as cinco diferenzas? Podes saír de dúbidas consultando a solución.

Residencia ao azar

Para rebaixar un pouco a actividade mental deixámoste unha roda na que aparecen varios nomes de residencias e colexios maiores de Santiago de Compostela. Dálle a xirar e que o azar escolla!

Preme na imaxe e xira a roda

Sopa de letras

Durante o desenvolvemento do noso traballo hai palabras que tivemos sempre moi presentes e que nos acompañaron desde que elaboramos o glosario. Nesta sopa de letras están sete termos dos que máis mencionamos ao longo destas semanas. Se non es quen de atopar todas podes consultar a solución.

Encrucillado

Incrementamos o nivel de dificultade con este encrucillado composto por palabras básicas. As solucións podes atopalas consultando o noso glosario, pero non te rendas antes de tempo!

Preme na imaxe para realizar o encrucillado

Puzle

Rematamos cun puzle ben sinxelo doutra das imaxes cedidas polas nosas testemuñas. Neste caso a autora é Carmen Antón, que tamén formou parte do círculo de lectura crítica. Non hai tempo límite así que desfruta da actividade porque é a última.

Preme na imaxe para facer o puzle

Desexamos que as nosas entradas serviran para aumentar o teu coñecemento sobre este tema e que afianzases conceptos con estas actividades. Por suposto podes compartilas nas túas redes sociais e entre os teus amigos e familiares. Para calquer dúbida que teñas podes contactar con nós a través das redes sociais do Observatorio ou facendo un comentario neste mesmo post. Recorda que O DEREITO Á VIVENDA É ALUGAR INFRAESTRUTURAS DIGNAS.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.