Institucións, xornalismo e cambio climático: unha ollada a través de expertos e cidadáns (II)

Como falabamos na entrada anterior, durante este período de corentena tivemos a oportunidade de poder facer un círculo composto por cidadáns de a pé e expertos, cos que compartimos datos e vivencias propias relacionadas co cambio climático. A falta de transparencia das institucións públicas e o tratamento da información ambiental foron as grandes protagonistas desta segunda parte da conversa.

De arriba a abaixo e de esquerda a dereita: María García de la Fuente (APIA), Lara Martínez (veciña da Coruña), Manoel Santos (Greenpeace Galicia) e Uxía Doral (FridaysForFuture Santiago)

“Eu creo que podes ter na casa, moitas veces, uns cristais transparentes xeniais, pero se non os limpas son opacos e iso pasa nas institucións”, comezaba dicindo Manoel  Santos, coordinador de GreenPeace Galicia. Os cidadáns estamos amparados polo dereito á información ambiental, pero esta suposta transparencia é máis teórica que práctica, xa que o acceso é, en moitas ocasións, case imposible. Por iso, como señala Santos: ”Habitualmente as institucións acaban por presentarse como inimigas da información ambiental”.

Dende que España entrou na Unión Europea, a maioría das leis relacionadas co cambio climático veñen desa institución que, dalgunha forma, “obriga” aos Gobernos a facer cousas que doutro xeito non farían. A creación dun Ministerio de Transición Ecolóxica no ano 2018 parecía un bo paso para unha nova era máis enfocada a unha convivencia pacífica coa natureza. Entre outras cousas: garantía á difusión e comunicación da información ambiental por parte das administracións, cambios aínda non visibles.

“Eu creo que os xornalistas somos tanto informadores como formadores. Temos unha responsabilidade de información porque damos noticias, pero tamén de formación porque somos parte da educación ambiental da poboación adulta deste país”, María García de la Fuente (APIA)

Fonte EFE Verde

Ante esta falta de transparencia, o papel dos xornalistas é clave. “Eu creo que os xornalistas somos tanto informadores como formadores. Temos unha responsabilidade de información porque damos noticias, pero tamén de formación porque somos parte da educación ambiental da poboación adulta deste país” declara María García de la Fuente, presidenta da Asociación de Periodistas de Información Ambiental (APIA). A maioría da poboación só recibe información ambiental a través dos medios de comunicación convencionais por iso, é fundamental que a información proveña de xornalistas especializados.

Ademais, en moitas ocasións existe un tratamento sensacionalista deste tipo de información. “Non nos podemos valer de elementos morbosos e sensacionalistas” di a directora de APIA. A pesar disto, Manoel Santos intenta pensar de forma positiva dándolle unha volta ao xornalismo ambiental e ao coronavirus: “Os compañeiros que traballan en medios, están a tentar darlle unha volta a isto. Están a tentar volver facer información científica, buscando as causas da pandemia (que precisamente é a natureza), explicar porque se chegou a aquí, a relación que ten con biodiversidade e co cambio climático, e tentar ver cal é a saída a isto”.

Foto de Uxía Doral

Por parte da asociación Fridays For Future, Uxía Doral fala das dificultades que se atopan á hora de presionar as institucións, coma as reunións no Concello sen resultados concretos. A membro da coordinadora de Fridays For Future Santiago afirma: “A nosa presión é diferente da que exercen outras organizacións coma Greenpeace. Influimos máis na poboación xeral, axudándolle a tomar conciencia do problema que nos propios gobernos”.

Aquí remata a nosa actividade no Observatorio Cidadán de Comunicación cunha cousa ben clara: o xornalismo ambiental engancha!

BIBLIOGRAFÍA

El Ecobarómetro revela que la cultura ecológica de los españoles es media-baja. (s.f). Recuperado el 22 de mayo de 2020, de EFE Verde: https://www.efeverde.com/noticias/ecobarometro-revela-cultura-ecologica-espanoles-media-baja/

Funciones y estructura. (s.f). Recuperado el 22 de mayo de 2020, de Ministerio para la Transición Ecológica y y el Reto Demográfico: https://www.miteco.gob.es/es/ministerio/funciones-estructura/

Revisión de la aplicación de la política medioambiental. (s.f). Recuperado el 22 de mayo de 2020, de Comisión Europea:https://ec.europa.eu/environment/eir/pdf/report_es_es.pdf

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.