A enerxía maremotriz e a undimotriz son das enerxías con maior proxección de futuro no mundo. Durante o 2019 intaláronse dúas novas plantas, sen contar as que están en proceso de experimentación. A vantaxe principal das mareas que producen este tipo de enerxías é que son predicibles e inagotables. Polo tanto, para cumprir as expectativas europeas da Axenda 2030, o desenvolvemento da enerxía maremotriz é fundamental. E Galicia quere aproveitar o seu potencial costeiro con propostas como o Proxecto Magallanes.
A ventaxe deste tipo de enerxías é que son predecibles e inesgotables.
Dende hai algo máis dunha década, Galicia estivo á cabeza na carreira tecnolóxica das diferentes enerxías renovables. A día de hoxe, é unha das rexións europeas que xa cumpre moitos dos parámetros esixidos pola Unión Europea en canto á porcentaxe de enerxía renovable producida sobre o total da enerxía (56% en 2018) segundo datos do INEGA. Pero malia posuír esta gran porcentaxe de enerxía renovable, a enerxía mareomotriz aínda non está moi desenrolada en Galicia, pois dentro deste dato, seguimos sendo moi dependentes do vento, nun 47%.
Por outra banda, isto non quere dicir que Galicia non estea traballando en mellorar estes datos… Dende moitos sectores públicos e privados, estase continuamente a traballar na posta en marcha da enerxías hidráulica, undimotriz e mareomotriz. Sen ir máis lonxe, numerosos estudos sitúan a nosa comunidade como a mellor posicionada de España no que respecta a enerxía mareomotriz. É unha das rexións do mundo, xunto con Escocia e os mares do sur de Gales, en posuír fluxos marítimos moi acordes á produción deste tipo de enerxía.
Por situarnos nesta carreira tecnolóxica da enerxía mareomotriz ou undimotriz, a continuación pasaremos a detallarvos dous dos proxectos máis importantes que se levaron a cabo e se seguen mellorando nestes últimos anos. O primeiro deles é LifeDemoWave, neste proxecto traballan varios grupos de enxeñeiros da Universidade de Vigo e demais profesionais de empresas do sector das renovables. Financiado con 1,8 millóns de euros, grazas ao plan Life da Unión Europea. Finalmente no ano 2018 puideron probar en punta Langosteira o seu primeiro prototipo, “Gelula”, unha boia de 12 toneladas coa que poder aproveitar a enerxía xerada polas ondas do mar.
Seguindo a estela deste proxecto, temos o Proxecto Magallanes, unha idea tamén xurdida en Galicia, de man de Magallanes Renovables, e en parte financiada por fondos europeos. Coa que tamén no ano 2018 se ensamblou o primeiro prototipo no porto de Vigo, unha infraestrutura capaz de xerar entre 3.500-5.200 MWh ao ano. Para que nos entendamos, un volume de enerxía que cubiría o consumo de 500 vivendas. A día de hoxe o prototipo atópase en testamento pola EMEC, coa vista posta en converterse nun proxecto moi viable, con firma galega.
A enerxía predicible das correntes convértea nunha enerxía completamente limpa e de gran crecemento a curto prazo. Contan cun desenvolvemento tecnolóxico punteiro que non produce ningún disturbio crítico para a vida dos ecosistemas mariños nin para o medio ambiente
O proxecto quere revolucionar a forma que temos actualmente de producir enerxía
O Proxecto Magallanes nace co único obxectivo de desenvolver unha tecnoloxía para xerar electricidade a partir das correntes mariñas. Quere revolucionar a forma que temos actualmente de producir enerxía, e que ampliaría os límites humanos que aínda ven o mar unicamente como unha gran masa de auga chea de recursos naturais pero carente de interese para as enerxías renovables.