Seguir traballando a pesar da pandemia

Anónimo, repartidor de Glovo e membro da organización ridersxderechos: «o servizo a domicilio é un servizo que está exento da prohibición de traballar. Ao que se suma que estas plataformas como Glovo, Deliveroo, etc non están repartindo os EPIs (guantes, mascarillas, geles…), cousa que en teoría é ilegal. Non podemos garantir a saúde do traballador igual que non podemos garantir que o produto que se entrega fora tratado cos estándares de sanidade que supoñen» explica este repartidor. «É un perigo para nós como repartidores e para o cliente». 

As medidas de seguridade non están garantidas: «os riders facemos cola en restaurantes e en teoría temos que estar a un metro de distancia. Como non hai protocolos nin ningún tipo de seguridade, a xente vai aí… Algúns teñen mascarilla, algúns levan guantes… pero porque os buscaron eles pola súa vía, non porque a empresa os proporcione».

Chío de ridersxderechos
Chío de ridersxderechos

Ante esta situación, moitos traballadores da empresa prefiren non traballar: «non ten sentido arriscar a túa vida para gañar 300€. Moitos non traballan e os que traballan o fan porque non teñen outra opción». Este tipo de emprego xa era precario antes da crise, agora, esta situación vese agravada polas circunstancias. 

O conflito por excelencia nestas empresas é o cargo dos seus traballadores: Glovo non considera aos riders traballadores asalariados, se non que lles chaman colaboradores e teñen o estatus de autónomos. Deste xeito, desenténdense de establecer medidas de seguridade para os seus repartidores e quedan a cargo da responsabilidade individual e recursos de cada quen. 

Aínda así, dende Riders por Derechos reivindican todo o contrario: «hai catro sentencias do Tribunal Superior de Xustiza que din que somos traballadores, pero eles seguen sen recoñecelo. Polo tanto, o único método que temos para reclamar é facer unha denuncia en inspección de traballo e iso require máis tempo». 

Nestes momentos, precisan de solucións inmediatas: «queremos traballar, pero non a costa da nosa saúde. Non somos un servizo esencial».

Outro dos problemas aos que se enfrontan son as axudas. Para reclamar a axuda para autónomos necesitan certificar que facturan menos do 75% que nos meses previos á pandemia.  «As plataformas néganse a darnos esa información. Somos autónomos pero non podemos optar ás axudas de autónomos. Somos traballadores pero non podemos optar ás axudas dos ERTEs. Estamos nun limbo».

Susana, traballadora en COFARLE (Cooperativa Farmacéutica Leonesa, Ponferrada (León)
«Déronnos mascarillas, luvas, o EPI que precisábamos para facer o noso traballo. Non estamos en contacto directo con pacientes que poidan estar infectados. O medo que tiñamos estaba entre nós» conta. Traballar no medio da pandemia foi moi duro, «o traballo duplicouse. A empresa decidiu non contratar máis xente para minimizar os riscos: cantas menos persoas fósemos, menos riscos de contaxio teríamos no exterior. Dividíronnos en dúas quendas e intentaron separarnos o máximo posible, pero aquí compartimos dúas horas e se as quendas están separadas esas dúas horas o traballo non funciona», explica. «Medo houbo, sobre todo ao principio. As primeiras dúas semanas non sabes se estás contaxiado ou non». «Ao duplicar as vendas e non ter xente, houbo traballos que non se podían facer. Tivemos que facer horas extras para que saíse o traballo porque aínda eramos unha prioridade na cadea de distribución», conta. 

As horas extra eran remuneradas, pero «non con dereito a descanso, porque ás veces fas horas extra e as recuperas máis adiante». O desgaste físico comeza segue a día de hoxe: «seguimos cansos. É unha fatiga que antes era física, pero agora é case psicolóxica. Pero ben, agora hai xente que puido coller as vacacións e recupérase. É unha fatiga xeral. Non porque a empresa fose boa ou mala porque, foi politicamente correcta, aínda que todo pode mellorar». 

Porén, Susana afirma que, en canto á tranquilidade, a situación mellorou dende o inicio da pandemia. «Antes, incluso entre nós, non era que gritásemos, pero falabamos un pouco máis alto, de xeito máis brusco. Como se houbese máis medo». Non obstante, o traballo segue sendo duro en certas zonas, incluíndo a súa. «A demanda de traballo disparouse. Hai áreas de traballo que xa se normalizaron, pero as áreas de xeles, luvas, máscaras … estamos moi activos. Esa é a miña área, e onde normalmente estou soa, hai días nos que tres dos meus compañeiros teñen que vir axudarme porque é imposible facer ese traballo soa».

Con isto finalizamos o noso proxecto como grupo. En xeral, o denominador común a todos os testemuños é a dificultade en operar ante unha situación descoñecida e a incerteza ante un futuro cambiante. Porén, temos que denunciar en favor do traballo decente a necesidade de non agravar as condicións de traballo das persoas nin pola crise económica nin pola crise sanitaria.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.