E A NÓS QUEN NOS AXUDA?

A través dalgunhas das fontes da comunidade que estamos a crear, coñecemos a situación de varias unitarias  S3B  “Unha unitaria é unha escola, normalmente situada nunha zona rural, cun número reducido de alumnado e tamén de mestres. Caracterízase por atender alumnos de diversas idades, dende o primeiro ano de infantil ata o último de educación primaria”. Nesta publicación retomamos a definición das escolas unitarias que … Seguir lendo E A NÓS QUEN NOS AXUDA?

Os prexuízos: un elemento clave no baleiramento das aldeas e das escolas rurais

S1A Hoxe en día, son moitos os pais que deciden dirixirse ás cidades para escolarizar aos seus fillos. No entanto, tamén hai moitos outros que, aínda tendo que facer fronte aos miles de prexuízos que o envolven, deciden apostar polo rural. Unha desas nais é Maribel García, habitante do concello das Nogais, quen é consciente tanto dos prexuízos como da falta de recursos tan presente … Seguir lendo Os prexuízos: un elemento clave no baleiramento das aldeas e das escolas rurais

Voluntario cuberto de chapapote trala catástrofe

O desastre do Prestige dende os ollos do pobo

Agencia EFE

S2A

O afundimento do Prestige foi unha das maiores catástrofes medioambientais de España. O buque, cargado con 77.000 toneladas de fuel, sufría unha vía de auga provocada por un forte temporal como consecuencia do mal estado de conservación da nave. O petroleiro quedou á deriva durante seis días ata que finalmente, o 19 de novembro do 2002 remata partindo en dous e afundindo a 246km da Costa da Morte.

As augas azuis quedaron substituídas por unha gran marea negra que comezou a tinguir a costa e a súa fauna de negro. O primeiro vertido supuxo unhas 6.000 toneladas de fuel, pero ao partirse o buque sumáronse outras 5.000, inundando 745 praias dende Galicia ata o País Vasco.

Arredor de 14.000 toneladas de fuel permanecen nos tanques do petroleiro Prestige, afundido a 4km de profundidade segundo os cálculos de Repsol YPF. En decembro de 2002, o Goberno asegurou que quedaban 37.000, polo que iso significa que o buque​ verteu ao mar 63.000 toneladas de cru dende que se accidentou. En total, foron unhas 90.566 toneladas de area e cru as que se retiraron só durante o primeiro ano de traballo posterior ó primeiro vertido.

Seguir lendo “O desastre do Prestige dende os ollos do pobo”

A contaminación da acción humana: río Lamas

Río Lamas. Fonte: IES Fontem Albei. Grupo S1C A contaminación hídrica é un dos temas presentes nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas. O saneamento da auga é fundamental para a boa saúde dunha sociedade, dende as máis pequenas ata o conxunto da humanidade. Comezamos o noso percorrido investigando a comarca da Fonsagrada, centrándonos na situación do río Lamas. Por ese motivo contamos coa … Seguir lendo A contaminación da acción humana: río Lamas

A pandemia e os seus efectos no sector hostaleiro

S2C O sector da hostalaría é fundamental na economía do noso país, representando un 6,2% do PIB español e empregando a aproximadamente 1,7 millóns de persoas. Malia isto, tamén é un sector moi débil porque inclúe sobre todo pequenos negocios, que representan o 70%. Outro motivo de debilidade é a pouca liquidez, xa que a metade dos negocios aguantan un mes dende a súa apertura ao … Seguir lendo A pandemia e os seus efectos no sector hostaleiro

A discapacidade na educación: o camiño cara a inclusión

Grupo S1E A inclusión das persoas con discapacidade no sistema educativo é esencial para acadar as metas que se propón a ONU cara o 2030 no eido da educación de calidade. Neste sentido, partimos da base de que as diferentes barreiras coas que se atopan as persoas con discapacidade intelectual e as persoas con discapacidade física deben ser abordadas de xeito diferenciado, como apunta Susana … Seguir lendo A discapacidade na educación: o camiño cara a inclusión

Unha nena seguindo unha clase online e tomando apuntes

Educación, acceso á tecnoloxía e fenda dixital: está Galicia preparada para o ensino online?

S2D Fai pouco máis dunha semana que se cumpre un ano da declaración do estado de alarma en España, dende aquel momento que paralizou as nosas vidas e que fixo que nos sentíramos afortunados de ter un teito baixo o que vivir. Durante este ano tan peculiar, máis de 10 millóns de estudantes de toda España viron como a crise sanitaria tiña efectos na súa formación, pois era preciso que o ensino, … Seguir lendo Educación, acceso á tecnoloxía e fenda dixital: está Galicia preparada para o ensino online?

As consecuencias do teletraballo na saúde mental

S2C Ante a pandemia derivada da COVID-19, os problemas relacionados coa saúde mental foron en aumento progresivamente. Para coñecer máis e afondar sobre este tema contactamos coa psicóloga Iria Malde, licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, especializada na elaboración de informes periciais; danos os puntos clave sobre os problemas psicolóxicos derivados da pandemia e como o teletraballo nos está a afectar nas … Seguir lendo As consecuencias do teletraballo na saúde mental

A persistente loita das unitarias por sobrevivir

Coñecemos a realidade das unitarias a través de varias testemuñas Unha unitaria é unha escola, normalmente situada nunha zona rural, cun número reducido de alumnado e tamén de mestres. Caracterízanse por atender alumnos de diversas idades, dende o primeiro ano de infantil ata o último de educación primaria. A continuación mostramos un mapa interactivo onde poden observar cantas e onde se atopan as unitarias na … Seguir lendo A persistente loita das unitarias por sobrevivir