Novo curso, novo equipo de coordinación

GRUPO BLOG
Outro ano máis, como é costume por estas datas, retoma a actividade do OCC unha nova promoción de futuros xornalistas e comunicadores. Nesta ocasión comezamos a nosa actividade adaptándonos á situación producida polo coronavirus, convencidos de que conseguiremos sacar adiante, malia ás circunstancias, proxectos igual de interesantes que en anos anteriores.


O grupo do blog deste ano, aínda sen foto polo momento, está formado por Mateo Alvarellos (seminario 1), Jacobo León (coordinador), Alejandro López (editor), Iván Novegil (seminario 2), Paula P. Ferreira (seminario 3), Marta Rey (deseño), David Sánchez (difusión) e Claudia Taboada (deseño).

Tentaremos actuar como elemento de cohesión entre todos os grupos de traballo do Observatorio, favorecendo as relacións interpersoais e intergrupais na comunidade do OCC de cara a mellorar a calidade das publicacións. Tamén estudaremos o funcionamento do conxunto da aula co obxectivo de aplicar os coñecementos adquiridos coa materia e, ó tempo, detectar e previr incidencias que poidan repercutir no funcionamento do proxecto.

Neste senso, xa está dispoñible o libro de estilo actualizado polo que se rexerán as publicacións neste blog. A novidade máis relevante é a inclusión dunha nova sección de accesibilidade, en liña co obxectivo do OCC de incluír no seu deseño a todas as persoas posibles.

A partir de agora, se non aparece ningunha catástrofe que nos obrigue a reaparecer en escea, deixamos as publicacións en mans dos grupos. Cada un irá presentándose ó longo das vindeiras horas e publicará o primeiro froito do seu traballo, un glosario de termos relacionados co obxectivo escollido.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.