S2A
Boas! Somos Paloma Luciarte (responsable de publicacións), Sara Marón (responsable de actividades), Sara Méndez (editora), Uxía Osorio (editora), Diego Otero (coordinador) e Laura Paz (editora). Xuntos imos tratar o ODS 14: vida submarina; centrándonos principalmente na contaminación das rías e no impacto da pesca (especialmente a ilegal).
Para estudar estes obxectivos non nos imos centrar nunha zona en concreto, senón que imos contar con fontes procedentes de diferentes puntos da xeografía galega. Con isto imos tentar estudar se existen diferencias significativas entre o norte e o sur da comunidade.
No eido da contaminación queremos centrarnos no grao de polución dos ecosistemas mariños, estudando especialmente focos de contaminación do mar como o desastre do Prestige.
En relación coa pesca, imos centrarnos no impacto que teñen as técnicas pesqueiras destructivas no ecosistema mariño, así como no dano que provocan nas nosas costas tanto a pesca ilegal como a contaminación a través de experiencias de pescadores (de calquera índole) ou artigos de hemeroteca.
Para investigar todo isto imos contar coa colaboración de expertos na materia, biólogos, profesionais do mar, confrarías de pescadores,… así como con todo tipo de documentos que nos proporcionen información de calidade sobre a materia a tratar. A estratexía principal de obtención de información é a entrevista, que tendo en conta a situación actual, pensamos realizar mediante plataformas en liña.
En relación coa articulación da proposta, imos repartir toda a información que obteñamos en sete publicacións. A maiores, realizaremos un total de tres actividades que consistirán principalmente en táboas de expertos, contido audiovisual e unha cartografía.
Existe unha serie de termos relacionados coas diferentes técnicas de pesca invasivas que cómpre definir para profundizar na materia:
GLOSARIO
PESCA INDNR: é un termo amplo que se divide en tres actividades pesqueiras: a pesca ilegal, a pesca non declarada e a pesca non regulamentada.
- A pesca ilegal é a realizada sen o permiso do Estado ou incumprindo a súa lexislación
- A pesca non declarada é aquela que non foi manifestada, ou foino dun modo inexacto á autoridade nacional competente.
- Pesca non regulamentada: é a realizada en poboacións de peixes sen medidas aplicables de conservación ou ordenación e nas que estas actividades pesqueiras se levan a cabo sen responsabilidades.
A pesca ilegal, non declarada e non regulamentada (pesca INDNR) esgota as poboacións de peixes, destrúe os hábitats mariños, deforma a competencia, prexudica inxustamente aos pescadores legais e debilita ás comunidades costeiras, especialmente nos países en desenvolvemento.
Pesca ilegal (INDNR) – Pesca – European Commission. (2021). consultado o 6 de marzo de 2021, obtido dende https://ec.europa.eu/fisheries/cfp/illegal_fishing_es
¿Qué es la pesca INDNR? | Pesca ilegal, no declarada y no reglamentada (pesca INDNR) | Organización de las Naciones Unidas para la Alimentación y la Agricultura. (2021). consultado o 6 de marzo de 2021, obtido dende http://www.fao.org/iuu-fishing/background/what-is-iuu-fishing/es/
TÉCNICAS PESQUEIRAS DESTRUCTIVAS: son os métodos que fan referencia á devastación dos fondos mariños causada pola pesca de arrastre, os descartes, o emprego de velenos e explosivos e a pesca fantasma.
- A pesca de arrastre é un método industrial baseado no uso de enormes redes lastradas con pesadas cargas e dotadas dunhas pezas metálicas ou de madeira que rascan os fondos mariños, rompendo todo aquilo que encontran ao seu paso, dende os peixes ata os corais centenarios.
- Os descartes son os exemplares da especie buscada cuxa talla non se axusta, ademais de outras especies que non se comen ou non teñen mercado, e especies prohibidas ou en perigo de extinción. Todos estes, millóns de toneladas de pescado, son devoltos ao mar mortos ou feridos.
- A pesca fantasma consiste no abandono na auga, xeralmente accidental, de redes e outros materiais que continúan capturando inutilmente peixes, moluscos, e grandes mamíferos mariños, que morren atrapados.
- O uso de velenos e explosivos. O emprego de velenos para matar ou atordar aos peixes é unha práctica moi difundida, no mar e nas augas doces, incluídas as lagoas costeiras e as barreiras coralinas. Estes velenos matan a todos os organismos do ecosistema, entre eles os corais que forman as barreiras.
O uso de explosivos existe desde hai séculos e encontrase en expansión. As explosións poden producir cráteres moi grandes que devastan dos dez aos vinte m2 de fondo mariño. Non acaban só cos peixes buscados, senón tamén coa fauna e a flora.
Las técnicas de pesca destructiva y los descartes – El océano en peligro | Slow Fish – Local Sustainable Fish. (2021). consultado o 6 de marzo de 2021, obtido dende https://www.slowfood.com/slowfish/pagine/esp/pagina–id_pg=43.lasso.html
AS CONFRARÍAS DE PESCADORES: son corporacións de dereito público sectoriais, sen ánimo de lucro, representativas de intereses económicos de armadores de buques de pesca e de traballadores do sector extractivo, que actúan como órganos de consulta e colaboración das administracións competentes en materia de pesca marítima e de ordenación do sector pesqueiro. A súa xestión desenvólvese co fin de satisfacer as necesidades e intereses dos seus socios e co compromiso de contribuír ao desenvolvemento local, a cohesión social e a sustentabilidade.
Cofradías de pescadores. (2021). consultado o 6 de marzo de 2021, obtido dende https://www.cepes.es/social/entidades_cofradias_pescadores
A CONTAMINACIÓN MARITIMA: é, segundo a RAE, a introdución directa ou indirecta no medio mariño de sustancias ou enerxías como consecuencia da actividade humana, incluídas as fontes sonoras submarinas, que provocan ou poden provocar efectos nocivos, como prexuízos aos recursos vivos e aos ecosistemas mariños – incluída a pérdida de biodiversidade-, riscos para a saúde humana, obstáculos ás actividades marítimas, especialmente á pesca, ao turismo, ás actividades de ocio e demais usos permitidos do mar, así como alteracións da calidade das augas mariñas que limitan a súa utilización e unha redución do seu valor recreativo, ou en termos xerais un menoscabo do uso sostible dos bens e servicios mariños, incluíndo os seus recursos.
Definición de contaminación marina – Diccionario panhispánico del español jurídico – RAE. (2021). consultado o 6 de marzo de 2021, obtido dende https://dpej.rae.es/lema/contaminaci%C3%B3n-marina
OS DETRITOS MARIÑOS: afectan a todos os océanos e a todas as costas, e causan custos desmedidos, danos ecolóxicos e impactos sociais. Están compostos principalmente por refugallos plásticos que non foron dispostos adecuadamente, así como por plásticos mal xestionados, e representan unha das principais ameazas para as especies e os fráxiles ecosistemas do mar.
Ocean Care (2021). consultado o 6 de marzo de 2021, obtido dende https://www.oceancare.org/wp-content/uploads/2017/10/Marine_Debris_CMS_es.pdf
A EUTROFIZACIÓN OU POLICIÓN POR NUTRIENTES: está provocada polo exceso de nutrientes na auga, principalmente nitróxeno e fósforo, procedentes maioritariamente da actividade do home. Este exceso de nutrientes fai que as plantas e outros organismos crezan en abundancia. Durante o seu crecemento e putrefacción, consumen gran cantidade de osíxeno disoluto e aportan materia orgánica (lama) en abundancia.
Contaminación de Nutrientes y Proliferación de algas – LG Sonic. (2021). consultado o 6 de marzo de 2021, obtido dende https://www.lgsonic.com/es/contaminacion-de-nutrientes-y-proliferacion-de-algas/
Ibérica, S. (2021). Eutrofización: Causas, consecuencias y soluciones. Consultado o 6 de marzo 2021, obtido dende https://www.iagua.es/noticias/sewervac-iberica/eutrofizacion-causas-consecuencias-y-soluciones