Boas! Somos -de esquerda a dereita e de arriba a abaixo- Sergio Villar (difusión), Noemi Fernández (edición), Antía Viqueira (actividades), Lucía Campos (edición) e Lucía Mendoza (coordinación).

Durante este cuadrimestre encargarémonos de documentarnos e tratar de informar mediante as publicacións deste observatorio sobre a ODS número 5, nomeado Igualdade de Xénero. No noso caso, ademais, centrarémonos na igualdade de xénero dentro dos fogares galegos, é dicir, estudar e informar sobre a distribución das tarefas do fogar e o coidado da familia actualmente.
Segundo datos do IGE (ano 2010 -última actualización-) as mulleres galegas adican 271 minutos diarios a traballo non remunerado, entre o que se atopan actividades como o mantemento e limpeza do fogar, o coidado de persoas dependentes e o coidado de menores. Fronte a este dato, os homes adican 160 a ditos traballos, producíndose polo tanto unha diferencia de case a metade das horas adicadas polas mulleres.
Como obxectivo principal pretendemos visibilizar e facer chegar esta problemática ás xeracións máis xóvenes (entre 16 e 30 anos) a través dunha serie de publicacións con contido audiovisual, entre as cales incluiremos a evolución social desta problemática, como e por que as mulleres foron gañando terreo no traballo fóra do fogar e os homes comezaron a ocuparse máis do coidado da familia.
E finalmente consideramos fundamental propor solucións, polo que unha das nosas metas é elaborar unha listaxe de propostas para favorecer a igualdade de xénero nos fogares, que ao final do noso traballo neste observatorio estará dispoñible para todos/as vós.
GLOSARIO:
- Fogar: O aspecto sociocultural do termo refírese á construción de relacións entre as persoas e o entorno o que da entrada a crenzas, significacións e prácticas, tanto particulares como grupais, onde o centro é a familia. A construción material está relacionada co aspecto físico-espacial do mesmo, vencellada ao concepto tradicional de “vivenda”. Non só ten un carácter físico de protección, senón que é o medio que permite interaccións, relacións e vínculos coas demais persoas e a contorna.
Cuervo Calle, J. J. (2010). ¿Vivienda, casa, hogar? La construcción del concepto “hábitat doméstico”. Iconofacto, 6(7), 70-88. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5204296
- Xénero: Construción cultural, e por tanto un aspecto modificable, a través do cal se transmiten as crenzas e valores sociais vinculados con ser home ou muller, é dicir, descríbense e exemplificanse o masculino e feminino en forma de estereotipos, mensaxes e crenzas que interiorizamos ao longo do proceso de socialización.
Gomà, I. (2018, 20 marzo). El género como construcción cultural y su influencia en nuestra libertad. Recuperado de https://institutgoma.com/articulos/genero-libertad/
- Ama de casa: Traballadora por conta propia do sector doméstico e encargada de asumir a xestión e a produción doméstica do fogar. As labores da muller ama de casa implican, por definición, o traballo doméstico que está na base da maternidade e da relación conxugal. Ser ama de casa é inherente entón ao ser nai e esposa, real e/ou simbolicamente.
Vega Montiel, A. (2007, 15 de octubre). Por la visibilidad de las amas de casa: rompiendo la invisibilidad del trabajo doméstico. Recuperado en: http://www.scielo.org.mx/pdf/polcul/n28/n28a8.pdf
- Patriarcado: Sistema de relacións sociais sexo-políticas baseadas en diferentes institucións públicas e privadas e na solidariade interclases e intraxénero instaurado polos varóns, quen como grupo social e en forma individual e colectiva, oprimen ás mulleres e aprópianse da súa forza productiva e reproductiva, dos seus corpos e dos seus productos, xa sexa con medios pacíficos ou mediante o uso da forza.
FONTENLA, Marta. «Diccionario de estudios de Género y Feminismos». Editorial Biblos, 2008. Recuperado de: http://www.mujeresenred.net/spip.php?article1396
- Brecha salarial: Diferenza que existe de media entre os ingresos brutos por hora de mulleres e homes. Baséase nos salarios pagados directamente aos empregados antes de deducir o imposto sobre a renda e as contribucións a seguridade social. Deste xeito, non reflicte todos os factores que poden ter que ver con esta diferenza como o nivel educativo, o número de horas traballadas, o tipo de traballo, as baixas profesionais ou os horarios a tempo parcial. Ademais, só se teñen en conta nos cálculos as empresas de dez ou máis empregados. Con todo, mostra que en toda a UE as mulleres xeralmente gañan menos que os homes. No caso de España, un 15,1% menos. As altas proporcións de mulleres en traballos a tempo parcial, traballos non remunerados ou a súa concentración nun número restrinxido de profesións, son algunhas das principais causas desta brecha salarial.
Comprender la brecha salarial de género: definición y causas | Noticias | Parlamento Europeo. (2020, 31 enero). Parlamento Europeo. https://www.europarl.europa.eu/news/es/headlines/society/20200109STO69925/comprender-la-brecha-salarial-de-genero-definicion-y-causas
- Discriminación por razón de sexo: Consiste en tratar de maneira diferente ás persoas polo simple feito de pertencer a un determinado sexo. Baséase na existencia de estereotipos e roles de xénero vixentes nas sociedades e que poñen límites para que as mulleres e os homes poidan desenvolverse en liberdade. Un exemplo sería a non contratación de mulleres embarazadas ou que teñen previsto ter un fillo/a nun período curto de tempo.
Centre Dolors Piera d’Igualtat d’Oportunitats i Promoció de les Dones. (s. f.). Talleres por la igualdad – Discriminación por razón de sexo. Talleres por la igualdad. Recuperado 6 de marzo de 2021, de http://www.cdp.udl.cat/tallers/index.php/es/glosario/item/95-discriminacion-por-razon-de-sexo
- Empoderamento: Concepto central da perspectiva de xénero. Inclúe o fortalecemento da posición social, económica e política das mulleres. O seu obxectivo é reducir ou eliminar as relacións de poder entre os sexos.
Glosario definitivo do Instituto Vasco de la Mujer | Emakunde (s.f.). Recuperado 5 de marzo de 2021, de https://www.emakunde.euskadi.eus/contenidos/informacion/politicas_evaluaciones_2/es_def
- Equidade de xénero: Establecemento e fortalecemento de mecanismos destinados a impulsar a igualdade de dereitos, responsabilidades e oportunidades de mulleres e homes; revalorizar o papel da muller e do home no seno familiar, e nos ámbitos institucional e social; eliminar a discriminación individual e colectiva cara o home, a mujer ou outras minorías.
Presentación do glosario para a igualdade dee xénero da Universidade Nacional Autónoma de México (s.f.). Recuperado 5 de marzo de 2021, de http://www.economia.unam.mx/igualdaddegenero
- Roles de xénero: Os roles de xénero son ideas preconcebidas que se foron construindo e transmitindo nas sociedades co paso do tiempo. Trátase de constructos culturais e sociais que clasifican os atributos psíquicos e físicos das persoas, dividíndoos en homes e mulleres, e limitando as súas respectivas posibilidades de desenvolvemento de certas capacidades persoais, culturais, sociais, económicas, políticas, deportivas, emocionaies, etc. Asimesmo,, os roles de xénero expresan o comportamento que, nunha sociedade concreta, se espera dunha persoa en razón do seu sexo.
Centre Dolors Piera d’Igualtat d’Oportunitats i Promoció de les Dones. (s. f.). Talleres por la igualdad – Estereotipos y roles de género. Talleres por la igualdad. Recuperado 6 de marzo de 2021. http://www.cdp.udl.cat/tallers/index.php/es/2013-11-25-15-42-43/introduccion-estereotipos/item/69-estereotipos-y-roles-de-genero
- Violencia de xénero: A violencia de xénero é aquela que se exerce sobre as mulleres por parte de quenes esten ou estiveran ligados a elas por relacións de afectividade (parellas ou ex-parellas). O obxectivo do agresor é producir danno e conseguir o control sobre a muller, polo que se produce de maneira continuada no tempo e sistemática na forma, como parte dunha mesma estratexia.
Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades (s.f.). Definición Violencia de Género. Recuperado el 6 de marzo de 2021. https://www.inmujer.gob.es/servRecursos/formacion/Pymes/docs/Introduccion/02_Definicion_de_violencia_de_genero.pdf