Ola, somos o grupo encargado de tratar a ODS número 16 referida a Paz, Xustiza e Institucións Sólidas. Este grupo está formado por Sabrina Pérez (editora), Vanesa Pérez (actividades), Adriana Quesada (editora), Adrián Valiño (difusión) e Sara Vera (coordinadora).
A maior parte das personas pensamos nas institucións xurídicas como os lugares onde debe ser impartida a xustiza de forma indiscriminada, pero isto as veces está lonxe de realidade. As persoas migrantes reciben tratos inxustos en moitos servizos polo simple feito de vir dun lugar ou cultura diferente chegando a ser degradados sen motivo pola xustiza, os medios de comunicación e, incluso, a sanidade. Isto fai que as persoas migrantes teñan dificultades para levar unha vida normal en Galiza e sexan discriminadas por algúns sectores sociais que os perciben como “ladróns” ou “delicuentes”. Esta situación cara eles debe facernos reflexionar sobre a vida da nosa comunidade, da cal fuxiron miles de personas cara Latinoamérica durante a guerra e a ditadura en busca do mesmo que queren os que veñen aquí: unha mellor vida.
GLOSARIO
Aculturación: adopción progresiva de elementos dunha cultura estranxeira por persoas, grupos ou clases dunha cultura determinada. A adaptación parcial ou total é o resultado de contactos e interaccións entre diferentes culturas a través da migración e das relacións comerciais. https://publications.iom.int/bookstore/free/iml_7_sp.pdf
Aporofobia: refírese a fobia cara as persoas en situación de pobreza. É un termo acuñado pola filósofa Adela Cortina e foi escollido palabra do ano no 2017 por Fundéu. https://dle.rae.es/aporofobia
Choques culturais: impacto causado nas persoas que cambian a súa cultura familiar por unha diferente, normalmente como consecuencia da migración. Este impacto pode afectar ó individuo a nivel persoal debido a presión de querer integrarse nesa nova cultura para formar parte da sociedade. https://www.internationalstudentinsurance.com/espanol/explicado/salud-mental/choque-cultural/que-es-el-choque-cultural.php
Dereitos laborais: é o conxunto de normas dictadas coa finalidade de regular as relacións laborais que se establecen nun determinado páis. O obxectivo principal do dereito laboral consiste en defender os intereses do traballador e protexelo daquelas circunstancias que poidan chegar a prexudicalo. O cal implica varias accións como, por exemplo:
- Regular os dereitos e deberes tantos dos empregados como do empregador;
- Regular todos aqueles aspectos vinculados coa relación laboral como o soldo, as horas de traballo, os tipos de contratos, os despidos e demais;
- Regular os conflictos que poidan xurdir da relación xurídico-laboral. https://www.educativo.net/articulos/que-es-el-derecho-laboral-620.html
Expulsións en quente: devolución de persoas migrantes sen que teñan acceso ós debidos procedementos nin protección. Estas persoas non teñen a oportunidade de explicar as súas circunstancias, solicitar asilo ou apelar a expulsión. https://www.es.amnesty.org/en-que-estamos/blog/historia/articulo/que-son-las-devoluciones-en-caliente-7-claves-para-comprenderlo/
Inclusión: a inclusión é o obxectivo ou actitude de incluir a todas as persoas na sociedade para que podan participar e contribuir a ela. É un enfoque que busca responder positivamente á diversidade social entendendo estas diferenzas como unha oportunidade para o enriquecemento da sociedade. http://inclusion.redpapaz.org/que-es-inclusion/
Integración: Refírese ó proceso bidireccional de adaptación mutua entre os migrantes e as sociedades nas que conviven. Conleva a consideración dos dereitos e as obrigas dos migrantes e as sociedades dos países de destino, do acceso a diferentes tipos de servizos e ó mercado laboral, e do recoñecemento e o respecto do conxunto esencial de valores que estreitan os lazos entre os migrantes e as comunidades receptoras co obxectivo dun propósito común (OIM, 2011). Adquiriu relevancia no panorama mundial coa chegada da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible na que se fai un chamamento a “non deixar a ningúen atrás”. https://migrationdataportal.org/es/themes/integracion-de-los-migrantes
Institución: elemento estrutural esencial do ordenamento xurídico ou da ordenación política e social. No primeiro sentido, por exemplo, son institucións a lei e o regramento, a derrogación e a retroactividade. No segundo sentido, o matrimonio, a propiedade, a herdanza, un ministerio, un concello, a monarquía ou a Universidade. https://dpej.rae.es/lema/instituci%C3%B3n
Migrante: Segundo elaborou a OIM, toda persoa que se traslada fóra do seu lugar de residencia habitual, xa sexa dentro dun país ou a través dunha fronteira internacional, de xeito temporal ou permanente, ou por diversas razóns. Este termo comprende unha serie de categorías xurídicas ben definidas: os traballadores migrantes; as persoas cuxa forma particular de traslado está xurídicamente definida, como os migrantes obxecto de tráfico; así como as persoas cuxa situación ou medio de traslado non estean expresamente definidos no dereito internacional, como os estudantes internacionais. https://www.iom.int/es/quien-es-un-migrante
Políticas de Inclusión: as políticas de inclusión deben contar coa participación organizada, informada e en igualdade de condicións respecto á participación nas decisións, dos sectores grupos ou persoas involucrados. Significa transformar as relacións para darlle máis poder real ós sectores, grupos ou persoas involucradas. No plano individual, deben basearse na realización persoal, como criterio ético-social, antes que na adaptación social. https://revistas.uv.cl/index.php/rcs/article/view/927
Refuxiado: os refuxiados son personas que foxen de conflictos armados ou persecución. A finais de 2015, había 21,3 millóns de refuxiados no mundo. A miúdo, a súa situación e tan perigosa e intolerable, que cruzan fronteiras nacionais en busca de seguridade en países que están preto e, así, ser recoñecidos internacionalmente como “refuxiados”, con asistencia dos estados, o ACNUR e outras organizacións. Eles son recoñecidos precisamente porque é demasiado perigoso para eles regresar a casa, e necesitan asilo noutros lugares. Son persoas ás que negarlles o asilo pode traerlles consecuencias mortais. https://www.acnur.org/noticias/noticia/2016/7/5b9008e74/refugiado-o-migrante-cual-es-el-termino-correcto.html
Migración irregular: movemento de persoas que ten lugar á marxe da lei, das regulacións ou acordos internacionais dos gobernos que rixen a entrada e saída do Estado de orixe, tránsito e destino. https://www.iom.int/key-migration-terms