Accesibilidade na educación

Nós somos o grupo que analizará a situación das persoas con diversidade funcional no sistema educativo. De esquerda a dereita na fotografía somos: Carmen Villaverde, Xoán Domínguez, Gabriela Rodríguez e Xoel Rodríguez; e na parte baixa, Iria Peniza e Jorge Noya.

Foto de grupo. De esquerda a dereita: Carmen Villaverde, Xoán Domínguez, Gabriela Rodríguez e Xoel Rodríguez; e na parte baixa, Iria Peniza e Jorge Noya

O noso obxectivo é tratar este asunto desde diferentes perspectivas, cubrindo parte da enorme diversidade deste colectivo. Diferenciando entre as persoas con diversidade funcional física e intelectual, estudaremos cales son os estigamas que sofren no día a día e as formas de discriminación que padecen. Así mesmo, preguntámonos se o sistema educativo vixente está a axudar e en que medida na inclusión destas persoas na sociedade galega.

Están adaptados os centros de ensino para as persoas con diversidade funcional? Existe o suficiente profesorado formado neste eido? Hai os suficientes recursos para impartir unha educación de calidade a estas persoas? Estas son as primeiras preguntas que nos xorden á hora de tratar este tema e que poñeremos sobre a mesa nos vindeiros meses.

As nosas palabras clave son: accesibilidade, atención temperá, discapacidade, discapacidade intelectual, doenza rara, educación especial, educación inclusiva, educación combinada,  integración e inclusión.

Glosario:

Accesibilidade: Calidade dunha cousa que se pode usar con facilidade ou dun espazo ao que se pode acceder facilmente, é unha condición que deben cumplir os entornos, procesos, bens, produtos e servizos, así como os obxectos, instrumentos, ferramentas e dispositivos, para ser comprensibles, utilizables e practicables por todas as persoas en condicións de seguridade e comodidade e da forma máis autónoma e natural posible. (Definición de Plena Inclusión e do Observatorio de Accesbilidade e Vida Independiente)

Atención temperá: conxunto de accións destinadas ás crianzas entre os 0 e os 6 anos e tamén ás súas familias e entorno co obxectivo de responder o máis cedo posible ás necesidades que presentan as crianzas con trastornos no seu desenvolvemento ou que están en risco de pacedelos. Deben estar supervisadas por profesionais do campo e son chave para o desenvolvemento das persoas. (Def. de Plena Inclusión e Red de Salud de Cuba).

Discapacidade: Abarca as deficiencias, as limitacións da actividade e as restricións da participación. As deficiencias son problemas que afectan a unha estrutura ou función corporal; as limitacións da actividade son dificultades para executar accións ou tarefas, e as restricións da participación son problemas para participar en situacións vitais. Polo tanto, a discapacidade é un fenómeno complexo que reflicte unha interacción entre as características do organismo humano e as características da sociedade na que vive. (Definición da OMS)

Discapacidade intelectual: Termo empregado para definir a aquelas persoas que teñen algunhas limitacións para funcionar na súa vida diaria: cústalles máis que aos demais aprender, comprender e comunicarse e aprender habilidades sociais e intelectuais para actuar en diferentes situacións. A discapacidade intelectual depende tanto da propia persoa como das barreiras ou obstáculos que ten ao redor, na súa contorna. Aparece antes dos 18 anos e xeralmente é permanente, é dicir, para toda a vida, e ten un impacto importante na vida da persoa e da súa familia. (Definición de Plena Inclusión)

Doenza rara: tamén coñecidas como doenzas pouco frecuentes, son aquelas que teñen unha baixa prevalencia na poboación. Para ser considerada como rara, cada enfermidade específica só pode afectar a un número limitado de persoas. Concretamente cando afecta a menos de 5 de cada 10000 habitantes. Estas patoloxías afectan, segundo a OMS, ao 7% da poboación mundial. Definición: https://enfermedades-raras.org/index.php/enfermedades-raras 

Educación especial: modalidade educativa dirixida ao alumnado con necesidades de apoio intensas debido a difucultades físicas, sensoriais, intelectuais e/ou do desenvolvemento. (definición Plena Inclusión)

Educación inclusiva: sistema educativo baseado na atención á diversidade das crianzas, desenvolvendo accións para responder ás diferentes necesidades do estudantado. Relacionado coas persoas con diversidade funcional, o termo responde ao feito de incluir a estas persoas nas escolas convencionais. É dicir, que todo o estudantado estude xunto independentemente das súas características ou necesidades.  (def. da ONU, Plena Inclusión)

Educación combinada: Consiste na escolarización simultánea do alumnado con necesidades educativas especiais a un Centro de Educación Especial e a un Centro Ordinario. A frecuencia de asistencia a cada un varía en función das necesidades de cada caso. A finalidade é contribuir ao desenvolvemento das competencias básicas de autonomía, comunicación e socialización, e a mellora das súas habilidades adaptativas e da súa calidade de vida cun modelo educativo o máis normalizado e inclusivo posible. (Definición de Educastur e da Resolución sobre a Escolarización Combinada de Castela e León)

Integración: É un fenómeno complexo que se produce como consecuencia da adaptación do individuo ao medio e á interacción entre ambos. Algúns autores prefiren denominar a este proceso como asimilación, para referirse á adaptación dos individuos a unha determinada xerarquía de normas sociais. (Definición de www.plenainclusión.org e da Revista EspacioLogopédico).


Inclusión: Situación na que unha persoa goza dos mesmos dereitos que calquera cidadán e participa na sociedade porque está e se sinte dentro dela. No contexto educativo, é o proceso de identificar e responder á diversidade das necesidades de todos os estudantes, reducindo a exclusión. (Definición de www.plenainclusión.org e UNESCO).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.