Foto de grupo

Igualdade de xénero na educación


S2B

Boas! Somos o grupo S2B, os nosos integrantes e os seu roles respectivos son os seguintes:

-Nadia Iglesias, encargada da coordinación do grupo.

-Diego Muíños e Jaime Pena, responsables das actividades realizadas no grupo.

-Carlos Menéndez e Aitana Martínez, editores do grupo.

-Adriel Mateo, encargarase da función de difusión.

O noso obxectivo a tratar é a igualdade de xénero, un tema amplo no que decidimos centrarnos na discriminación de mulleres de distintas clases, razas, de mulleres trans… Neste sentido o foco da nosa proposta baséase no concepto da interseccionalidade. Queremos informar sobre como se aborda este tema nos plans de estudo dos centros galegos, tanto en escolas, como en institutos e facultades. O obxectivo principal é a elaboración dun estudo sobre a situación de todas as mulleres en Galicia dando a coñecer a situación de mulleres discriminadas dentro do colectivo feminista e ademais propor solucións creativas para erradicar este grave problema da nosa sociedade.

Como imos acadar o noso obxectivo?

Para tratar de conseguir toda a información posible e ter unha visión completa deste problema en Galicia, realizaremos distintas actividades. Falaremos con diferentes mulleres, como xa mencionamos, de distintas características para abordar o tema principal: a interseccionalidade. A través destes testemuños coñeceremos a maior cantidade posible de experiencias para poder mostrar unha información o máis parecida posible á realidade e crear cidadáns libres e concienciados.

Investigaremos como se trata a igualdade en centros educativos a través de entrevistas a docentes e alumnos e alumnas, así como visitas a distintos centros. Desta maneira teremos unha idea de se realmente a igualdade está incorporada na educación.

Contactaremos e falaremos con fontes expertas no tema como catedráticas ou responsables institucionais. Tamén tentaremos facer recensións e obter información mediante libros publicados por autoras representantes deste tema e manifestos.

Outro tema a tratar no que nos centraremos bastante é o movemento LGTBIQ+, en concreto no movemento trans. As mulleres trans son un colectivo moitas veces apartado do movemento feminista moderno polas chamadas TERFs. Queremos plasmar os problemas derivados da nosa sociedade aos que se afrontan as mulleres non cis e como levan a cabo a súa loita persoal. Dende a base tentaremos ver como se enfronta esta situación.

Que queremos acadar con esta proposta?

Ao facer este estudo, propuxémonos como obxectivos conseguir mostrar a realidade do sistema educativo no ámbito da igualdade de xénero na nosa comunidade autónoma en todos os niveis. Queremos así saber como se trata este tema con persoas de diferentes idades e poder observar así as diferenzas e posibles erros que se cometen. Ademais dos erros, tamén amosar aqueles puntos que si se levan a cabo de xeito correcto. O noso derradeiro obxectivo sería plasmar a situación real de miles de mulleres en Galicia, pero centrándonos nun movemento diferente e distante ao predominante hoxe en día, o feminismo moderno e liberal.

GLOSARIO

Educación: Centrámonos na educación en igualdade, que é a proposta metodolóxica na que se forma a mulleres e homes nas mesmas condicións e ofrecendo iguais oportunidades a ámbolos dous sexos

Educación en Igualdad. Áreas de actuación, Consellería de Emprego e Igualdade. Xunta de Galicia: http://igualdade.xunta.gal/es/content/educacion-en-igualdad

Interseccionalidade: Enfoque que suxire que os aspectos como o xénero, etnia, clases ou orientación social son construídos polas sociedade e resultan estar interrelacionados todos entre eles.

Vídeo: El País (19 de xullo de 2019) Cuando el FEMINISMO deja fuera a algunas mujeres: https://www.youtube.com/watch?v=HLrwQWfTFUA 

Muller: Punto central do noso estudo. A partir dela veremos como e de que formas son discriminadas. tamén estudaremos como se educa as novas xeracións para que isto non suceda.

Instituto de la Mujer para la Igualdad de Oportunidades. Gobierno de España, Ministerio de Igualdad: https://www.inmujer.gob.es/ 

Transexualidade: Faremos especial énfase nas mulleres trans, aquelas que a pesar de nacer asignadas ao sexo masculino debido as súas características anatómicas se identifican como mulleres.

Portal Transrespect versus Transphobia:https://transrespect.org/es/

Un comentario en “Igualdade de xénero na educación

  1. Nota de edición: ollo coas abreviaturas, TERFs, non se resolve. Ollo coas faltas ortográficas e grallas, corrixín varias en edición, recomendable pasar un corrector ao texto.

    Saúdos.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.