Inclusión dos migrantes na educación

Ola! O noso grupo de traballo S3D será o encargado de tratar a inclusión dos migrantes na educación. Comezando por enriba e indo de esquerda a dereita, somos: Pablo Rodríguez Roldán (Edición), Sandra Rey Méndez (Edición), Antonio Rico Álvarez (Coordinación); e na fila de abaixo, Alba Rodríguez Pérez (Actividades), Cristian Romero Rodríguez (Difusión) e Clara Rodríguez Rejes (Documentación).

Nos vindeiros meses tentaremos mostrar a realidade da inclusión dos migrantes no sistema educativo en Galicia. Para iso, contaremos coa axuda de diferentes expertos en interculturalidade, representantes dos servizos psicopedagóxicos e docentes de varios centros educativos que nos contarán como traballan neste aspecto e, por suposto, o punto de vista dos propios migrantes, os cales nos explicarán de primeira man como viviron este proceso transcendental nas súas vidas.

Ademais, desenvolveremos diversas actividades co obxectivo de visibilizar os problemas cos que se atopan os migrantes ó acceder ao sistema educativo galego e presentaremos algunhas posibles solucións a estas dificultades.

Glosario

Para analizar a situación da inclusión dos migrantes na educación galega empregaremos as seguintes palabras clave:

1) Educación de calidade: aquela que permite que todos aprendan o que necesitan aprender, no momento oportuno da súa vida e das súas sociedades e en felicidade (Cecilia  Braslavsky, 2006). 

2) Educación inclusiva: “o proceso de identificar e responder á diversidade das necesidades de todos os estudantes a través da maior participación na aprendizaxe, as culturas e as comunidades, e reducindo a exclusión na educación. Involucra cambios e modificacións en contidos, aproximacións, estruturas e estratexias, cunha visión común que inclúe a todos os nenos e nenas do rango de idade apropiado e a convicción de que é a responsabilidade do sistema regular, educar a todos os nenos e nenas”.

Fonte: UNESCO

Baséase no principio de que cada persoa (neno/a, novo ou adulto) ten características, intereses, capacidades e necesidades de aprendizaxe distintos e deben ser os sistemas educativos os que estean deseñados tendo en conta a ampla diversidade de ditas características e necesidades.

Fonte:  https://www.unir.net/educacion/revista/educacion-inclusiva/ 

3) Inclusión social:  proceso mediante o cal se realizan esforzos para garantir a igualdade de oportunidades -que todos, independentemente da súa orixe, poidan alcanzar o seu máximo potencial na vida. Ditos esforzos inclúen políticas e accións que promoven a igualdade de acceso aos servizos (públicos) e posibilitan a participación cidadá nos procesos de toma de decisións que afectan as súas vidas. 

Fonte: ONU: Departamento de Asuntos Económicos e Sociais

4)  Interculturalidade: Refírese á presenza e interacción equitativa de diversas culturas e á posibilidade de xerar expresións culturais compartidas, a través do diálogo e do respecto mutuo.

Fonte: Artigo 4.8 da Convención sobre a Protección e a Promoción da Diversidade das Expresións Culturais (UNESCO).

5) Migración: A migración é o traslado ou desprazamento da poboación dunha rexión a outra ou dun país a outro, co consecuente cambio de residencia; dito movemento constitúe un fenómeno xeográfico de relevante importancia no mundo.

Segundo o lugar do destino, a migración pode ser interna, cando se realiza dentro dun mesmo país; por exemplo, do campo á cidade (éxodo rural); e externa, cando se dá dun país a outro. Tanto no caso das migracións internas como as externas atopámonos cos aspectos de: inmigración e emigración.

Fonte:  ONU

6) Xenofobia: Toda distinción, exclusión, restrición ou preferencia baseada en motivos de raza, cor, liñaxe ou orixe nacional ou étnico que teña por obxecto ou por resultado anular ou menoscabar o recoñecemento, goce ou exercicio, en condicións de igualdade, dos dereitos humanos e liberdades fundamentais nas esferas política, económica, social, cultural ou en calquera outra esfera da vida pública.

Fonte: Artigo 1º de CERD

7) Racismo: Exacerbación do sentido racial dun grupo étnico que adoita motivar a discriminación ou persecución doutro ou outros cos que convive. 

Fonte: RAE

8) Protocolo: Secuencia detallada dun proceso de actuación científica, técnica, médica, etc.

Fonte: RAE

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.