Traballo decente e crecemento económico

Ola! Presentámonos. Somos o Equipo S2C do Observatorio Cidadán da Comunicación e centrarémonos na ODS de Traballo decente e crecemento económico.

Pretendemos dar voz e un punto de vista crítico a dous conflitos laborais moi importantes da nosa actualidade: a precariedade e inestabilidade laboral derivada da pandemia (teletraballo, cambios no sistema de produción e futuro económico tras a pandemia). Para logralo, contaremos co diálogo e entrevistas a testemuñas, tanto de profesionais como de persoas afectadas e, a través da análise e investigación propias, compoñeremos este proxecto.

O Equipo está composto por Marta Penedo Custodio (Coordinadora do Equipo), Alba López Buján e Aarón Gónzález Fernández (Encargados de Actividades), Marta García Pérez e Andrea López Ramos (Encargadas de Edición) e Camila Mosquera Filak (Encargada de Difusión).

O noso obxectivo consiste en levar a cabo tres actividades que permitan facer sete publicacións:

Primeira actividade: Ciclo de entrevistas a dúas persoas dos sectores máis afectados pola pandemia (hostalería e sanitarios) e a un especialista (psicólogo).

Segunda actividade: Debate entre teletraballadores. Contrapoñer pros en contras.

Terceira actividade: Contactar cun experto que fale sobre os cambios laborais que virán a causa da COVID-19 (aumento do teletraballo, cambios no sistema de produción) e o futuro económico tras a pandemia.

Plan de publicacións e calendario: 

Á primeira actividade adicarémoslle tres publicacións (18 de marzo, 25 de marzo e 1 de abril).

Adicarémoslle dúas publicacións á segunda actividade (8 e 15 de abril). Unha será dun testemuño favorable do teletraballo e outra dunha postura negativa. 

Á terceira actividade irán ligadas dúas publicacións (22 e 29 de abril) . Unha tratará os cambios laborais derivados da pandemia e outra o futuro económico (posible crise). 

Glosario 

No glosario recollemos as palabras clave para entender con claridade o tema a tratar e o obxectivo grupal co que desenvolvemos este proxecto. 

Visibilidade: traballar por parte da sociedade no recoñecemento dun colectivo, as súas necesidades especiais, a comprensión da súa realidade vital e a aceptación do colectivo como unha parte digna e vital da sociedade. Neste caso, dar a coñecer a situación de certos traballadores durante a pandemia, así como intentar comprender como isto pode afectar a saúde mental.

Universidad Nacional de Mar del Plata (2018). https://es.slideshare.net/genymdq/posicionamiento-y-visibilidad-social-en-bibliotecas-escolares

Inclusión: é a actitude, tendencia ou política de integrar a todas as persoas na sociedade, co obxectivo de que estas poidan participar e contribuír nela, así como beneficiarse neste proceso. Con isto tentamos formar un espazo onde calquera poda contar a súa experiencia e compartir pensamentos e críticas. 

Coelho, F. (2019, 17 de mayo). Significados. https://www.significados.com/inclusion/

Precariedade: Dentro do ámbito de traballo, consideramos como precarias aquelas situacións nas que o traballador se atopa falto das seguridades e garantías mínimas para desenvolver a súa tarefa en plenas facultades. Esta condición pode darse pola falta de pagos, ou pode incluso non chegar a ter que ver cas ganancias, senón que pode vir en forma de horas extra, malos tratos, etc.

Definición.de (2020). https://definicion.de/precariedad/

Inserción laboral: Basease na promoción e creación de novos postos de traballo para a xente que ten dificultades para atopar emprego mediante o acceso normativo. Por outra parte, o ámbito máis destacable desta acción, é a inserción socio-laboral, que se basea na inclusión dos colectivos minorizados que se atopan nas situacións máis desfavorables.

Universidad Internacional de Valencia (2017, 12 de junio). Inserción socio-laboral: más allá de la integración laboral, una herramienta imprescindible para la sociedad.  https://bit.ly/2IqjYAB

Estabilidade laboral: Está ligado á continuidade do traballador no emprego que desempeña e a garantía de conservar o mesmo sen que poida ser despedido sen as garantías previstas na lei. Con isto pretendemos afondar nos casos nos que esta estabilidade nos existe ou se ve afectada. Actualmente, tamén a falta de estabilidade a causa da pandemia e as normas laborais que cambian constantemente. 

http://www.orfis.gob.mx/wp-content/uploads/2017/05/Estabilidad.pdf

Estrés laboral: descríbese como unha serie de reaccións físicas e psicolóxicas que ocorren cando os traballadores deben facer fronte a esixencias ocupacionais, que non se corresponden cos seus coñecementos ou habilidades. Pero tamén cando a situación no traballo non é a correcta para o desempeño deste. Porén é certo que en moitos casos esta situación de pandemia pode ter unha relación directa co desempeño do noso traballo. 

Saúde mental: A saúde mental é un estado de benestar no que a persoa realiza as súas capacidades e é capaz de facer fronte ao estrés normal da vida, de traballar de forma produtiva e de contribuír á súa comunidade. 

https://www.who.int/es/news-room/fact-sheets/detail/mental-health-strengthening-our-response

Teletraballo: Traballo que se realiza dende un lugar fora da empresa utilizando as redes de telecomunicación para cumprir coas cargas laborais asignadas.

https://dle.rae.es/teletrabajo

ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego): é unha medida de flexibilización laboral que habilita á empresa para reducir ou suspender os contratos dos seus traballadores, durante un período de tempo determinado, por causas económicas, técnicas, de produción ou de forza maior. 

https://dpej.rae.es/lema/expediente-de-regulación-temporal-de-empleo-erte

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.