S1A Hoxe en día, son moitos os pais que deciden dirixirse ás cidades para escolarizar aos seus fillos. No entanto, tamén hai moitos outros que, aínda tendo que facer fronte aos miles de prexuízos que o envolven, deciden apostar polo rural. Unha desas nais é Maribel García, habitante do concello das Nogais, quen é consciente tanto dos prexuízos como da falta de recursos tan presente … Seguir lendo Os prexuízos: un elemento clave no baleiramento das aldeas e das escolas rurais
O afundimento do Prestige foi unha das maiores catástrofes medioambientais de España. O buque, cargado con 77.000 toneladas de fuel, sufría unha vía de auga provocada por un forte temporal como consecuencia do mal estado de conservación da nave. O petroleiro quedou á deriva durante seis días ata que finalmente, o 19 de novembro do 2002 remata partindo en dous e afundindo a 246km da Costa da Morte.
As augas azuis quedaron substituídas por unha gran marea negra que comezou a tinguir a costa e a súa fauna de negro. O primeiro vertido supuxo unhas 6.000 toneladas de fuel, pero ao partirse o buque sumáronse outras 5.000, inundando 745 praias dende Galicia ata o País Vasco.
Arredor de 14.000 toneladas de fuel permanecen nos tanques do petroleiro Prestige, afundido a 4km de profundidade segundo os cálculos de Repsol YPF. En decembro de 2002, o Goberno asegurou que quedaban 37.000, polo que iso significa que o buque verteu ao mar 63.000 toneladas de cru dende que se accidentou. En total, foron unhas 90.566 toneladas de area e cru as que se retiraron só durante o primeiro ano de traballo posterior ó primeiro vertido.
Río Lamas. Fonte: IES Fontem Albei. Grupo S1C A contaminación hídrica é un dos temas presentes nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas. O saneamento da auga é fundamental para a boa saúde dunha sociedade, dende as máis pequenas ata o conxunto da humanidade. Comezamos o noso percorrido investigando a comarca da Fonsagrada, centrándonos na situación do río Lamas. Por ese motivo contamos coa … Seguir lendo A contaminación da acción humana: río Lamas