E A NÓS QUEN NOS AXUDA?

A través dalgunhas das fontes da comunidade que estamos a crear, coñecemos a situación de varias unitarias 

S3B 

“Unha unitaria é unha escola, normalmente situada nunha zona rural, cun número reducido de alumnado e tamén de mestres. Caracterízase por atender alumnos de diversas idades, dende o primeiro ano de infantil ata o último de educación primaria”.

Nesta publicación retomamos a definición das escolas unitarias que incluímos na primeira para poder introducir un dos temas conflitivos en relación á educación de calidade: os recursos que se destinan aos centros. Para coñecer mais detalles sobre os medios cos que contan as escolas unitarias, contactamos con Rosa M. Barreiro, directora da CRA Nosa Señora do Faro; Ángel Segovia, ex-director da unitaria de Teo; e Emilia Naya, mestra da Escola Unitaria de Bemantes. 

En moitas ocasións créese que os recursos determinan a calidade da educación, por iso xorden tantos prexuízos de cara ás unitarias, que como destacaba Emilia Naya, pouco a pouco van diminuíndo. Sen embargo, todas as nosas fontes coinciden en que a calidade reside na educación, na implicación, no compromiso… Aínda que é certo que moitos pais valoran extras como o transporte e o comedor, aspectos moi conflitivos no caso das unitarias. 

A financiación depende moito da unitaria, na que non hai ningún tipo de criterio claro para a concesión de axudas, e tamén da posición do concello. Hai algúns que sí están a favor destes centros e que se preocupan por mantelos nun bo estado, pero existen outros concellos que apenas se preocupan e nos que os propios mestres tiveron que realizar algunhas reparacións ou pagar do seu peto a compra de contos ou xoguetes porque non recibían nin axudas, nin subvencións, nin dotacións… A Escola Unitaria de Bemantes, que ten 17 rapaces de entre catro e sete anos, recibe tres ingresos anuais de aproximadamente 900 euros. Para Emilia Naya, profesora desta escola, é unha contía suficiente para o mantemento da súa escola en concreto. Este ano, debido á pandemia do Covid-19, ingresáronlle un “extra” para sustentar a unitaria con todas as medidas de seguridade que tiveron que incluír para o inicio do novo curso escolar.

“As axudas non é soamente a parte económica senón tamén sentirte respaldado”. Rosa Barreiro

No caso da CRA Nosa Señora do Faro, onde é directora Rosa Barreiro, hai 80 nenos neste 2021. Ela é mestra de 6 os cales pertencen a unha soa aula. Contábanos que os recursos dos que dispoñen os conseguen as propias mestras da unitaria como todo o relacionado coa tecnoloxía, os materiais da biblioteca ou todo tipo de xoguetes. 

Rosa está segura de que dependendo do alcalde, as axudas son maiores ou peores. Ela mesma contábanos que houbo unha concelleira chamada Carmen Poma que apostou moi forte polas zonas rurais, e que foi unha gran axuda pero sobre todo destacou o traballo da Fundación Pondal con respecto as axudas destinadas as unitarias e ao rural.

“Necesitamos apoio, non ser un xogo político que defende o rural porque lle convén”. Rosa Barreiro

É importante mencionar, tal e como nos comentaba Ángel Segovia, que en comparación aos soldos do profesorado de escolas infantís e primarias convencionais, os profesores de unitarias cobran o suplemento de titoría que cobran todos e cada un deles, sobre todo os docentes especializados nunha materia, sen necesidade de desenvolver o papel de titoría aos alumnos. É un dos logros máis que Amcraga foi conseguindo ao longo dos anos, ademais dos desprazamentos dos itinerantes tanto para impartir clase como para reunirse coa dirección da unitaria. 

No caso das unitarias, a brecha salarial non está tan presente nestas escolas. O equipo directivo está conformado por directores, secretarios e xefes de estudo. De directores o 80,77% están dirixidos por mulleres ( 21 de 26), as secretarias conforman o 77,78%  (14 de 18) e as xefas de estudo representan o 78% ( 7 de 9). O 79,2% de mulleres forman parte do equipo directivo das unitarias de Galicia, en cada un dos postos mencionados anteriormente. 

Alumnos da Escola Unitaria de Bemantes descubrindo os números pares e impares. Emilia Naya

Pero ademais dos recursos económicos é preciso falar doutros medios como o profesorado, o transporte, o equipo directivo, método de ensinanza…

Normalmente nas unitarias hai un ou dous profesores fixos que se encargan de ensinar as materias máis xerais (lingua galega, castelá…) e para inglés, relixión e música, contratan a xornada parcial a mestres doutras escolas. Na Unitaria de Bemantes acoden semanalmente unha profesora para inglés e relixión (para os alumnos matriculados nesta última materia).

Ángel Segovia, o ex director da unitaria de Teo, comentábanos que unha das principais axudas que se conseguiron por parte da Xunta foi o pago dos desprazamentos dos itinerantes das unitarias, é dicir, dos profesores especializados nunha soa materia como as comentadas, relixión ou educación física. Ángel tamén é coordinador dos CRA en Amcraga (Asociación de Mestres Rurais Agrupados en Galicia) a solicitude das axudas para estes desprazamentos foi levada a cabo por esta mesma asociación e foi aprobada pola Xunta de Galicia. 

Unha das maiores diferenzas con centros máis grandes reside no equipo directivo, encargado de todo o traballo burocrático. Nas unitarias o encargado é un dos mestres que traballan nela. No caso de Emilia, ademais de facer a súa función de mestra dende as nove ata as dúas da tarde (sen ningún descanso), encárgase da xestión económica e diferentes trámites… Outra delas é o método de ensinanza que aínda que soe depender da personalidade, profesionalidade e vocación do profesor, e non do tipo de escola, nas unitarias teñen máis liberdade para definir o método de ensinanza. 

“A calidade da educación non depende de si é un colexio ordinario ou unha unitaria senón da vocación e a implicación do mestre”. Emilia Naya

No caso do transporte finánciase so nuns casos e dende o concello, non dende a Xunta de Galicia. Éstes contratan taxistas ou algunha empresa de transporte. 

Ángel comentábanos tamén que é unha proposta que nunca se presentara xa que se alonxa un pouco da propia filosofía que ten este tipo de educación, pois trátase de que os nenos reciban educación nas escolas da súa aldea, polo que o transporte en moitas ocasións sería innecesario. Non entanto, a día de hoxe comeza a aparecer esa proposta para arranxar posibles complicacións de familias que non poden cadrar os horarios ou incluso aproveitar o transporte escolar das outras escolas para poder transportar a estes rapaces en algún caso  concreto. O servicio de comedor é algo semellante, pero tamén se está propoñendo debido a que moitos pais pensan que estes servizos son de carácter esencial e ademais pode ser un handicap para a  figura deste tipo de educación  fronte as escolas convencionais.

“Fai vinte anos isto non se consideraba un problema pero agora empeza  a considerarse unha necesidade”. Ángel Segovia 

A vantaxe das unitarias é que ao ser un centro pequeno, con poucos rapaces, as familias implícanse máis que noutras escolas. Os pais están en contacto directo cos mestres, que inflúen moito na escolla das unitarias como o centro no que matricular aos seus fillos. Ademais inflúen tamén o trato próximo, a pedagoxía activa ou o contacto coa natureza.  A pesares do concepto xeral que se ten na educación coa situación da pandemia, Ángel Segovia contábanos que foi totalmente positivo e incluso mellorou o seu papel fronte as escolas infantis convencionais; isto débese a que o número reducido de alumnos permite manter moi ben as distancias. Ademais disto, é importante destacar que poden pasar máis tempo preto da natureza, nun espazo aberto que non permita correr o virus. 

“Debemos eliminar o pensamento de que é un castigo ir a una unitaria”

Ángel Segovia

O que se busca é suprimir o estereotipo de que as unitarias son escolas abandonadas e terceiromundistas , sen falta de recursos e en proceso de extinción. Ángel Segovia afirma que para a construción e mantemento dun CRA debe cumprir os requisitos mencionados anteriormente e que en moitos casos poden chegar a ser superiores aos dunha escola convencional. Incluso ante posibles complicacións coa asistencia en días concretos de profesorado, as unitarias están dotadas do suficiente persoal de itinerantes que poidan relegar a función de profesorado de reforzo que realice as gardas precisas en circunstancias especiais como poder ser a día de hoxe a vacinación dos docentes. 

“Con esforzo, constancia e ilusión conseguiremos todo o que nos propoñemos”.Ángel Segovia

Esta peza foi composta por Antía Sacedón (coordinadora, encarcagada de falar con Rosa M. Barreiro), Carla Varela (actividades, encargada de redactar a peza final) xunto con Violeta Silva (edición, redacción final), Zaira Piñeiro (edición, encargada de falar con Ángel Segovia) e Ángela Río (difusión, encargada de falar con Emilia Naya).

Ligazóns

  • Noticia do Faro de Vigo na que se fala da falta de transporte nas escolas unitarias ademais do peche destes centros. 

https://www.farodevigo.es/pontevedra/2017/11/18/falta-transporte-cierre-escuelas-unitarias-16158465.html

  • “Os colexios rurais agrupados, outro modelo de educación rural en Galicia”, trata as características máis salientables deste tipo de centros e os seus objetivos así como tamén aporta datos de interese seral sobre os mesmos. A fonte é a mesma coa que contactamos nós , Ángel Segovia. 

http://www.edu.xunta.gal/eduga/node/44

  • Noticia da Voz de Galicia “Rosa Barreiro, presidenta de Amcraga: «Aprender no es rellenar libros de texto», artículo que engloba diferentes aspectos sobre as escolas unitarias e que nos axuda a entender o seu funcionamento. 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/yes/2020/09/05/aprender-rellenar-libros-texto-educacion-/0003_202009SY5P6991.htm

Un comentario en “E A NÓS QUEN NOS AXUDA?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.