Fronte a utopía da migración, a realidade

Balado de Melilla, lugar polo que acceden moitos migrantes irregulares a España. Foto de El País

O ano 2019 estímase que chegaron a España arredor de medio millón de inmigrantes. De feito, dos 47 millóns de persoas que vivimos en España, cinco millóns son persoas estranxeiras. Pero como debería ser a situación destas persoas dende o punto de vista xurídico? Cales son os seus dereitos?

A maior parte das veces cando estas persoas estranxeiras chegan ao noso páis fano buscando mellores condicións de vida. Ningúen que estea ben, vai vir aquí, se o fan é porque de verdade o necesitan. Os seus países están en crise, fuxen dun conflicto bélico, ou están en perigo por os seus ideais. Son moitas as razóns que levan a migrantes e refuxiados a buscar unha vida mellor no noso país. Pero, para poder estar en España de forma “legal” é preciso ter un contrato de traballo, un permiso de residencia ou a propia nacionalidade. Así que, moitos aventúranse nesta tarefa legal que adoita ser complicada e moi irregular. 

Segundo o país do que procedan deberán someterse a distintos procedementos para poder ser “españois de pleno dereito”. As persoas procedentes de Hispanoamérica precisan ter estado como mínimo dous anos de xeito legal no país e logo someterse a un exame. Non obstante, tamén se pode obter adquirindo unha propiedade de determinado valor ou a través do matrimonio, segundo nos explicou Lola Caramés, concelleira de Marea Cidadá en Noia. Así poderán ter os mesmos dereitos que calquera outro español de nacemento. Outro xeito de poder gozar de regularidade no noso país é a través do permiso de residencia, para o que estas persoas deben ter un contrato de traballo en España. Deste xeito poden gozar de certos privilexios como o voto nas eleccións locais ou o acceso á sanidade.

Lola Caramés, deputada En Marea Noia na foto de campaña. Imaxe sacada de mareadenoia.gal

Estamos acostumados a escoitar que “España protexe e axuda ao inmigrante”, pero é isto realmente verdade? O certo é que o noso país “non é o máis favorecedor co inmigrante”, asegura o avogado José Antonio López Fernández. Pero, en canto a dereitos, si hai certas garantias que non hai noutros Estados, por exemplo en Estados Unidos. En cambio, Caramés, cre que aínda que o Estado cobre as necesidades mínimas, “non se lles dá o trato digno que debería recibir calquera ser humano”.

Igualmente, as políticas e os seus dereitos tenden a respetarse na maioría das situacións incluso cando se trata de inmigrantes nunha situación irregular (que son 41.800 no 2020 segundo o Ministerio de Interior), excluíndo accións coma as “expulsións en quente”, que son algo moi criticado e pouco común. Isto sen ter en conta que España chega a protexer as mulleres inmigrantes non regularizadas que, por exemplo, denuncian que viven unha situación de violencia de xénero. A súa situación de vulnerabilidade outórgalle uns dereitos adquiridos que noutros casos non tería, explica López

Por outro lado, algúns denuncian as políticas cambiantes que poderían resultar confusas para as persoas migrantes, pero segundo Lola Caramés “os cambios facilitan o asentamento”. Ademais, Jose Antonio López asegura que estas políticas non son estables porque varían segundo o goberno. 

Non obstante, o trato social deixa moito que desexar. A integración das persoas migrantes vese moitas veces dificultada polo trato que reciben da sociedade do país. Incluso partidos políticos como é o caso de Vox arremeten contra este colectivo, como no 2018 cando expresaron o seu desexo de expulsar a 52000 migrantes. Promoven políticas moi radicais que criminalizan aos migrantes, culpándoos de violacións ou outro tipo de delitos como os roubos. 

No fondo o que se agocha nos discursos discriminatorios e na falta de acción social é a aporofobia que, máis que o medo cara o inmigrante, é o medo a súa situación precaria. O letrado López Fernández ilustra isto cun exemplo sinxelo. Di que a ningúen lle importa que Iñaki Williams sexa xogador da Selección Española, a pesar de que seus pais saltaron o balado de Ceuta de xeito ilegal ou que a súa cor de pel sexa negra. Isto débese a súa boa posición económica e social, que non é vista como unha ameaza para o resto da poboación. 

É común escoitar no noso día a día mitos ou falacias arredor dos migrantes que denigran a súa imaxe, pero que nada teñen que ver coa realidade. Explicaba López que unha das fraseas máis recurrentes é que “só están aquí para enviar os cartos ao seu país”, pero o certo é que segundo os últimos datos de UGT os inmigrantes aportan á seguridade social o 10% das cotizacións, mentres que só consomen o 1% en pensións. É a falta de verificación e contraste da información a que leva moitas veces á extensión de bulos entre a sociedade que prexudican aos migrantes e non hai unha acción por parte da sociedade para defender os seus dereitos e contar a verdade.

Todos estes baleiros xurídicos e falta de resposta por parte da sociedade tamén poden ser apreciados no ámbito laboral. A asociación AMIGA conta como as persoas migrantes, sobre todo as que están nunha situación irregular, sofren abusos por parte dos empresarios. En moitas ocasións mantéñenos sen contrato e seguro agochados en busca de que as inspeccións de traballo non se decaten desta realidade.

“Asociación AMIGA (asociación de migrantes de Galicia)”. Imaxe sacada da páxina web amiga.gal

Isto tamén afecta ó ámbito sanitario, onde as persoas “ilegais” poden ser atendidas en casos de extrema urxencia ou obtendo a tarxeta sanitaria por medio de ONGs como Cruz Vermella, tal e como nos explica AMIGA. Igualmente, en caso de que algunha destas persoas sufrira un accidente laboral o feito de non ter contrato podería complicar a súa situación. Por unha banda, o avogado José López asegura que a empresa cargaría coas consecuencias por non dala de alta na seguridade social. Pero por outra banda, a asociación AMIGA asegura que “se ti non tes os documentos non vas poder dicir que tiveches un accidente laboral porque non cubriría nada diso”.

A situación das persoas migrantes en España ten unha regulación básica, pero aínda queda moito por avanzar. Lola Caramés ve preciso “lexislar para quen queira vir, o faga nas mellores condicións e non xogándose a vida para que, por riba, o reciban case a paus”. Polo que, por moito que queramos pensar que “España protexe e axuda o inmigrante” temos que decatarnos de que isto non é realista e que hai moito polo que loitar. O inmigrante non é o inimigo, senón que é un inocente que fuxe dunha situación de perigo e risco ca que ninguén podería lidiar no seu día a día. 

Ligazóns:

Realizado por: Sabrina Pérez López e Adriana Quesada Ogando

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.