MAPA: a accesibilidade no Campus Sur

A USC, no seu protocolo de atención a persoas con discapacidade, establece varias recomendacións para adaptar os espazos ao alumnado con discapacidade. Desta volta, percorremos varias facultades do Campus Sur para comprobar de primeira man cales son as principais eivas neste sentido tendo en conta que este é un problema global que afecta non só á Universidade de Santiago. Matemáticas Nesta facultade atopamos unha arquitectura … Seguir lendo MAPA: a accesibilidade no Campus Sur

Mocidade e fogar: as xeracións máis novas cren estar concienciadas sobre a igualdade de xénero

S1D “A igualdade de xénero é un aspecto que se debe traballar nos centros educativos e no fogar” afirmaron o 92% dos rapaces e rapazas, de entre 12 e 17 anos, que participaron nunha enquisa de resposta anónima e difundida polos equipos directivos de diferentes centros de educación secundaria de Galicia. Con esta declaración reafírmase a importancia de contar coa visión das xeracións máis novas … Seguir lendo Mocidade e fogar: as xeracións máis novas cren estar concienciadas sobre a igualdade de xénero

«Temos normalizados os microrracismos»

S3D Mariam Khayrou e Marina Zurita Díaz teñen claro que as microagresións están totalmente integradas no noso día a día. Pero, que son exactamente estas atitudes aparentemente “normais” dentro da nosa sociedade e que podemos facer para erradicalas? O termo «microrracismo» O microrracismo é un termo que alude ás cotiás, e normalmente inconscientes, atitudes racistas. Son comportamentos de discriminación racial desgraciadamente frecuentes e arraigados en … Seguir lendo «Temos normalizados os microrracismos»

Composición decorativa como portada de publicación

Igualdade de xénero, unha materia que necesitan os plans de estudo de Galicia

S2B

Nunha aula de educación para adultos do IES Xelmírez I de Santiago de Compostela de 18 persoas -na que había aproximadamente o mesmo número de homes que de mulleres-, quixemos realizar unha actividade sobre igualdade de xénero na educación.

Comezamos a traballar cun grupo de rapaces e rapazas de entre 16 e 29 anos que ao longo da súa vida académica non cursaran ningunha materia de igualdade -que non se imparte no instituto- nin trataran en ningunha outra este tema. Con todo, de xeito unánime recoñeceron que recibiran algunha charla sobre igualdade, aínda que a definiron como “monótona e pouco atractiva”.

Seguir lendo “Igualdade de xénero, unha materia que necesitan os plans de estudo de Galicia”

Unha ruta pola oferta ecolóxica en Compostela

S3A O da alimentación é un ámbito que constitúe unha parte fundamental do noso volume de consumo. Todos os días adquirimos produtos alimentarios, e o certo é que adoitamos facelo dun xeito que non contribúe en absoluto á meta do consumo responsable. Acotío mercamos máis do que precisamos: non cociñamos todo o que pensabamos que iamos cociñar e tampouco comemos todo o que pensabamos que … Seguir lendo Unha ruta pola oferta ecolóxica en Compostela

AÍNDA QUEDA ESPERANZA

A través do programa Xeración Docente, da Fundación Princesa de Girona, moitos futuros mestres afondan no mundo das escolas unitarias “La implicación de las familias y la ampliación de los espacios  educativos  crea una comunidad educativa tremenda y favorece un aprendizaje activo, significativo y transversal” – Sandra Camós, responsable de Generación Docente A Fundación Princesa de Girona promove un programa educativo chamado Xeración Docente orientado … Seguir lendo AÍNDA QUEDA ESPERANZA

DIFERENTES VIDAS, MESMA APOSTA

S1A  A elección do rural como ámbito de estudo para os seus fillos non é decisión exclusiva dos pais que proveñen do propio ámbito rural. Por un lado atopamos o exemplo de María Rivas que, vivindo na cidade, decidiu levar aos seus fillos a un colexio rural. Por outra banda, Maribel García, que sendo do rural, decide levar a súa filla a un colexio desta … Seguir lendo DIFERENTES VIDAS, MESMA APOSTA

A intelixencia emocional, clave na educación das persoas con discapacidade

GRUPO S1E Unha das grandes carencias do sistema educativo é a falta de educación emocional ao longo das etapas do mesmo, un aspecto de grande importancia para o alumnado en xeral e, en particular, para o alumnado con discapacidade. Garantir o acceso das persoas con discapacidade á educación emocional supón unha necesidade importante para autorgar as ferramentas que lles permitan xestionar as súas relacións sociais … Seguir lendo A intelixencia emocional, clave na educación das persoas con discapacidade

A segunda vida das antigas escolas rurais

Cada vez que unha escola pecha deixa unha especie de baleiro nas vidas dos rapaces e rapazas escolarizados nela, pero o que verdadeiramente queda baleiro é o propio colexio. Esas catro paredes que antes acollían ao alumnado agora carecen de sentido, deixan de servir á súa función. Só hai dúas opcións de futuro para esas vellas escolas: darlles un novo uso ou abandonalas á súa … Seguir lendo A segunda vida das antigas escolas rurais