UN PERCORRIDO 360º ARREDOR DAS UNITARIAS

As distintas fontes que engadimos paulatinamente á nosa comunidade cóntannos as súas experiencias coas unitarias en relación aos colexios convencionais

Para seguir indagando no mundo das escolas unitarias e seguir construíndo a nosa comunidade, esta semana contamos coas perspectivas de pais e tamén de alumnos que poidan darnos a súa visión das escolas unitarias e das urbanas.

A primeira das nosas fontes é Cristina Gómez, que pode achegar a experiencia do seu fillo Leo. El foi un ano á escola unitaria de San Pedro de Nós (Oleiros), ata que este centro pechou, e tivo que mudar a unha escola urbana, o CEIP Juana de Vega. Desta forma Cristina pode achegar a perspectiva dos dous tipos de colexios. O primeiro que destaca das unitarias é a “aprendizaxe por imitación” e poñía o caso da lectura, que nas escolas convencionais non está contemplada para a etapa infantil pero que sen embargo xorde de forma natural nas unitarias pola vontade dos pequenos de imitar aos maiores.

“A aprendizaxe é por imitación, ao final é coma ter irmáns maiores, acabas por imitalos e aprendes máis rápido” Cristina Gómez

Cristina achega outra realidade das unitarias xa coñecida por anteriores post: a falta de conciliación. Na unitaria de Oleiros “ non podían cubrir unha baixa acaso que fora de larga duración, polo que se a mestra faltaba un día ou dous, os nenos tiñan que faltar a clase, non existía a posibilidade de que a substituiran” di Cristina. Algo similar pasaba nesta escola co transporte e o comedor, servizos dos que si gozan a maioría dos colexios convencionais, este é un problema recorrente que sofren as unitarias.

Quixemos tamén ter en conta a súa opinión sobre un tema que sacamos a relocer na nosa enquisa: os prexuízos. Emilia comentaba no post anterior que co paso dos anos a sociedade ía tendo menos ideas preconcebidas acerca das unitarias, aínda así un 84% dos preguntados na enquisa creen que si segue habendo. Cristina, dende a súa experiencia persoal asegura que:

“Toda a xente que coñezo está encantada, se existise unha unitaria de primaria eu mandaría aos meus fillos cós ollos pechados, sen dubidalo” Cristina Gómez

Tivemos unha charla con outras nais coñecidas de Cristina e a palabra “familiar” é a que máis mencionaron estas persoas, todas tiñan a mesma opinión no que respecta ás escolas unitarias, prefírennas en comparación ás tradicionais.

“A mestra preguntábanos directamente se queríamos facer algo cós nenos, e eu preparei un postre xunto con eles. Íamos con eles a todas as excursións, era todo moito máis participativo.” Rocío Pérez Velasco

“Tiven un pequeno problema coa mestra da miña filla no colexio tradicional ao que foron posteriormente,  mandábame notas indignada porque a nena de tres anos, non quería pintar o sol de amarelo. A mestra da unitaria resolvería ese problema no momento, cousa que non fixo a mestra do outro centro.” Rocío Pérez Velasco

Cremos que a mellor maneira de abordar un tema é facer un percorrido 360º arredor del e para iso temos que ter en conta todas as perspectivas. Por iso decidimos contar tamén cunha ex alumna de unitaria e de cole convencional:

Antía Viqueira acudiu á Escola Unitaria de Bastavales, no concello de Brión, dende os tres ata os cinco anos, que era a idade máxima para estudar nese centro. Conta como a clase estaba organizada por mesas segundo as idades e como de forte era a unión : “Algúns dos alumnos cos que compartía clase aínda son os meus amigos”. Antía admite que na súa zona ao ser rural o colexio convencional ao que foi cando superou a idade de 5 anos estaba formado na súa maioría por alumnos de unitarias, por iso non notou gran cambio. 

Ademais, engade que “uns recursos escasos poden conlevar a un modelo de ensinanza deficiente, o que fai que os nenos non acaden un nivel educativo preciso” .

Como viñemos resaltando en todas as nosas publicacións, Antía, destaca a individualidade como a gran diferenza entre unha escola unitaria e unha convencional. Ao ser menor a proporción alumno/ docente, a educación e a atención son máis personalizadas. O profesorado, que tamén adoita ser pouco, coñece de primeira man  aos alumnos, isto sirve para adaptarse mellor ao seu ritmo de maduración e estudo, e ao fin e ao cabo ás súas necesidades. Os mestres teñen un nivel de coñecemento de cada neno que non sería posible en centros máis numerosos. 

As miñas profesoras de cando tiña tres anos aínda se acordan de min e me saúdan pola rúa, o cal creo que sería pouco probable se tivera ido a un colexio normal”.  Antía Viqueira 

Alumnos dunha unitaria coa súa profesora. El Diario de Pontevedra

    

Ao non coñecer cales eran os recursos que se lles ofrecían aos nenos nos colexios ordinarios, Antía non notou dabondo a falta de recursos neste tipo de escola, salvo o tema do trasnporte que é un recurso do que si carecen as unitarias e que ela notou salientablemente. Outros alumnos de colexios convencionais si acudían á escola en transporte público pero eles non dispoñían dese tipo de facilidades, pese a que o centro queda  relativamente preto das casas da gran maoiría de alumnos. 

Recordo que a algúns nenos os tiñan que levar en tractor porque non tiñan outro medio para chegar á escola”. Antía Viqueira 

Por outra banda e seguindo coa nosa vontade de facer unha perspectiva 360º, contamos con Ainoa Antelo, que tamén experimentou ambos tipos de escola. Para ela a diferenza máis notábel entre as unitarias e os colexios convencionais é a relación cos outros nenos:

“Aprendimos a tratar cos pequenos e tamén aprendíamos moitísimo dos maiores” Ainoa Antelo

Tamén comentaba connosco a capacidade de adaptación ás necesidades dos alumnos das unitarias. Se un día enteiro tiña que dedicarse á lectura dedícabase, sen embargo no colexio convencional había que seguir un horario estrito.

“Era todo moi personalizado, segundo o que cada neno precisara. Iso nun colexio convencional é imposible” Ainoa Antelo

En canto aos recursos adicados aos dous tipos de escolas, afirma que cren que son os mesmos pero empregadaos de distinta maneira, é dicir na súa opinión o gasto público en educación é o mesmo. “Nun colexio convencional todo está moito máis reglado, mentres que nunha unitaria apreden outro tipo de valores como o coidado da natureza, facer pan…” afirma.

E por último tamén quixemos contar coa perspectiva dun docente que exerceu nos dous tipos de escolas. Neste caso contactamos con Fernando Pose Martínez, exdocente da unitaria de Traba e actual docente no CPI da Área de Laxe. É importante mencionar que para el o recurso do transporte é prescindible xa que os nenos van nos coches dos seus pais, polo que é un trato moito máis familiar xa non só entre alumno e docente, senón tamén con pais. Este trato individualizado considera que igual non está recollido na política dun centro convencional. 

Fernando non fala de prexuízos pero si dun sentimento de medo por ter unha responsabilidade tan grande e propia del mesmo. Foi unha nova experiencia pero desde logo, unha experiencia marabillosa. 

 “A primeira vez que me tocou ser mestre de unitaria tiña medo ante o descoñecemento do que me ía encontrar e a soidade de saber que non teño un claustro de mestres ao meu arredor” Fernando Pose 

O feito de ser unha escola do rural fai que se produza cada vez máis a implicación dos veciños, tanto cos profesores como na propia supervivencia das unitarias ante os continuos peches. Fernando sempre tivo o apoio e atención dos veciños de Traba dende o principio ante calquera problema ou necesidade. 

Fronte a opinión xeralizada, para Fernando os recursos que se dotan para os dous tipos de escolas non varían, pero é certo que estes recursos poden favorecer ás unitarias porque van destinados a un númeor moito máis reducido de alumnos. Considera que “existen unitarias moi ben coidadas e outras que non o están tanto, pero aínda así séguese a producir este efecto”. No seu caso, ao ter solo 9 nenos podíase permitir cada certo tempo facer unha compra de libros, xoguetes etc. 

Escola unitaria en Ourense que dispón dun ordenador por alumno. Nius Diario

                            

A modo de conclusión, podemos dicir que para Fernando a ensinanza dunha unitaria aporta moita máis cercanía, tranquilidade e incluso comodidade. Comezar impartindo clases nunha escola unitaria poder resultar unha tarefa complicada, xa que partes de cero en situacións que nunca antes viviras. 

“Creo que ser profe de unitaria está moi ben cando ti tes clara a túa maneira de enseñar e estás nun bo momento na túa vida”  Fernando Pose

O que está claro é que como dicíamos dende o principio, os recursos nos dous tipos de escolas poden ser os mesmos ou similares pero facer deles un uso óptimo é reponsabilidade de cada docente e os seus alumnos.

Ligazóns: 

1º ligazón : “Lo que distingue a las escuelas unitarias es la cercanía, somos como una familia- La Opinión A Coruña. Neste artigo ponse en debate a sostenibilidade do modelo educativo das unitarias e fálase dun dos recuros que as fai excepcionais, a cercanía. 

https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2018/12/09/distingue-escuelas-unitarias-cercania-familia-23916474.html

2º ligazón: Neste caso mencionamos o noso post anterior no blog, onde facemos fincapé nos prexuízos e estereotipos que segundo Emilia co paso do tempo van desaparecendo. 

3º ligazón: Neste artigo dánse a coñecer as diferenzas legais entre as escolas unitarias e as escolas graduadas

https://digitum.um.es/digitum/bitstream/10201/50307/1/Escuela%20graduada%20frente%20a%20escuela%20unitaria.pdf

4º ligazón: “Vecinos de Xil se unen a las protestas contra el cierre de unitarias en O Salnés”. Neste caso o artigo fala da cooperación dos veciños que apoian ás unitarias e á sua superviviencia a través de firmas. 

https://www.farodevigo.es/arousa/2013/06/25/vecinos-xil-unen-protestas-cierre-17422000.html

Peza realizada por Antía Sacedón ( coordinadora, contactou con Ainoa e Fernando), Carla Varela (actividades, contactou con Cristina Gómez), Violeta Silva (edición, contactou con Antía Viqueira), Zaira Piñeiro (edición, elaboración do texto) conxuntamente con Ángela Río (difusión, elaboración do texto).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.