Ensino en pandemia: alumnos sen tecnoloxía, alumnos sen educación

S2D

É moi habitual que, cando se fala do mundo educativo, a nosa mente imaxine un gran centro con miles de alumnos. No sentido oposto atópanse as escolas rurais, pequenos centros de ensino afastados das cidades e cuxos alumnos viven en pobos onde se desenvolven, principalmente, actividades agropecuarias. A diferenza rural-urbano establécese tendo en conta o número de habitantes. Non obstante, Sokorin e Zimmerman (1929) afirmaban que non era posible a división dos espazos rural-urbano, e falaban dalgo contínuo.

No curso académico 2015-2016, Galicia atopábase á cabeza das catro comunidades nas que a porcentaxe de alumnos escolarizados en municipios rurais (menos de 2000 habitantes) era a máis elevada: 17,9%.

Non obstante, estes non deixan de ser meros números. Seguindo o obxectivo do noso proxecto, centrarémonos na diferenza existente de acceso á rede e á tecnoloxía entre un centro situado en zona rural e un en zona urbana en tempos de crise sanitaria e illamento, e o mesmo comparando un centro público e un centro privado ou concertado.

Hoxe por hoxe en Galicia, a excepción das universidades, apóstase por unha ensinanza presencial ao cento por cento pois os nenos precisan acudir ao colexio despois dun longo confinamento e renuncia de ese espazo de “socialización e aprendizaxe”. Non obstante, a principal estratexia dos docentes continúa a ser o envío de tarefas vía Internet co obxectivo de evitar o máximo posible o contacto interpersoal (anteriormente os mestres entregaban exercicios e fichas en papel, agora apóstase polo formato online). Ademáis, en moitos casos, compartir ou tomar prestados libros que poden resultar de interese para resolver exercicios non está permitido.

Todo isto tradúcese en que os alumnos deben resolver as súas dúbidas, principalmente, a través da rede, ou consultar cos profesores a través das aulas virtuais. O problema é que non todos contan cos mesmos medios e, de feito, a dotación tecnolóxica en Galicia é, canto menos, dispar.

Os máis desfavorecidos son os centros de ensino localizados en zonas rurais. A aparición necesaria dunha ensinanza en liña non fixo máis que acrecentar e facer máis visible a fenda dixital existente entre as escolas rurais e as urbanas. Por ende, cómpre dar visibilización ó problema da calidade no acceso ás tecnoloxías en Galicia pois é a comunidade autónoma con maior porcentaxe de alumnado escolarizado no rural, sobre todo nas franxas da educación obrigatoria.

Uxía García, estudante dun máster de profesorado, estuda no rural cunha conexión a Internet moi lenta (> 4 Mbps). En boca dela, opina que o que a fai partir cunha “desvantaxe” non é o feito de vivir no rural, senon ter unha conexión tan pésima.

Neste contexto, cabe recordar o caso das universidades. Galicia conta con tres universidades (USC, UDC e UVIGO). Todas elas se atopan no núcleo urbano, mais moitos dos seus estudantes viven en espazos rurais. Este é o caso, entre moitos outros, de David Míguez Rocha, estudante de 2º curso de Dereito na USC. David vive nunha pequena aldea de Ames. “Los exámenes del segundo cuatrimestre pasado fueron online y tuve algunos problemas tanto para conectarme como para entregar los exámenes” – explicaba.

Dende Vigo chegáronnos declaracións contrarias. Irene Lourido Regueira vive nunha aldea de Rianxo e estuda Inxeñaría eléctronica industrial e automática na UVigo. Ela contaba que non tivo problemas para conectarse ás aulas virtuais así como tampouco os tivo á hora de realizar e entregar os exames do segundo cuatrimestre pasado.

Por outra banda, a eiva na dificultade de acceso ás novas tecnoloxías e a Internet afecta tamén á calidade do ensino público en comparación co ensino privado e concertado. A continuación, falaremos máis en detalle disto.

Educación pública, privada e concertada en Galicia

A situación con respecto á pública-privada é ben distinta diferenciando espazo urbano e rural. A ensinanza privada é máis frecuente canto máis urbano é o hábitat residencial e canto máis elevado é o nivel cultural e socioeconómico da familia, neste caso por razóns evidentemente do custo dos centros privados e concertados.

O que diferenza a un colexio público, privado e concertado é o seu tipo de administración e de financiación, principalmente. As familias que poden permitirse inscribir aos seus fillos nun colexio ou instituto privado son aquelas cunha renda alta. Aínda que existan becas y axudas para aquelas familias máis desfavorecidas, isto é unha realidade. En cambio, os estudantes que acuden aos centros públicos adoitan proceder, na súa maioría, de familias con rendas máis baixas. Así o confirmaba Alexandra Grille Barral, que estudou toda a súa vida nun centro público: “A miña familia non podía permitirse pagarnos a miña irmá e a min unha escola concertada e menos aínda unha privada”.

Continuando co noso obxectivo, está claro que o ensino en pandemia e o acceso á rede e as TICs vése claramente condicionado polos cartos: canta menos financiación reciba o centro menos capacidade terá para ofrecer unha conexión e uns ordenadores de calidade.

Fonte: Informe Confapa Galicia (2020)

Lourdes Gil é unha alumna da ESO nun instituto da cidade de Ourense. Tal e como ela contaba, sí tivo problemas de acceso á hora de conectarse as clases online ou de subir as taferas á aula virtual, e considera que só con videochamadas non se cubría o ensino nin o calendario académico. No extremo oposto atópase André Pérez, tamén estudante da ESO pero nun colexio concertado situado nunha zona urbá. André explica dende a súa experiencia que as videochamadas dos seus mestres foron suficientes para él e, á contra ca Lourdes, non tivo ningún problema de conexión.

No que respecta ó ensino galego, o Proxecto ABALAR pode ser o salvavidas para o ensino en tempos de pandemia. Este proxecto é a estratexia educativa galega de transformación do modelo educativo a través da integración das tecnoloxías da información e da comunicación en todos os ámbitos educativos. Trátase dunha estratexia global, coordinada e integradora que ten por obxectivo a formación do profesorado e a modernización dos medios tecnolóxicos dos centros.

No marco deste proxecto, lévase a cabo a iniciativa de Educación Dixital (EDIXGAL). Neste curso (undécimo ano do Proxecto ABALAR) os centros que forman parte da rede ABALAR e están incluídos na iniciativa de educación Dixital EDIXGAL, ben porque xa formaban parte do proxecto no curso pasado, ou ben porque se adheriron ao proxecto na convocatoria 2020. Pese a que o proxecto está aberto, como xa se dixo, tanto para educación pública como concertada, a participación da segunda no ABALAR-EDIXGAL é moito menor.

Ligazóns:

C. Sara. (2020, 13 de abril). La educación en la pandemia: limitado acceso a la tecnología y exceso de trabajo. La Voz de Galicia. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2020/04/04/educacion-pandemia-limitado-acceso-tecnologia-exceso-trabajo/0003_202004G4P26991.htm  
 
D. Laura. (2019, 6 de maio). ¿Hay mejor calidad educativa en la escuela rural que en la urbana? elDiario.es. https://www.eldiario.es/sociedad/mejor-calidad-educativa-escuela-urbana_1_1565503.html  
 
G. Antón. (2020, 9 de xuño). Galicia en Común se compromete a “acabar” con la brecha digital entre los escolares con ayudas al acceso a Internet. Europapress.
https://www.europapress.es/galicia/noticia-galicia-comun-compromete-acabar-brecha-digital-
escolares-ayudas-acceso-internet-20200609141936.html  

 
P. Elizabeth. (2020, 24 de agosto). Diferencias entre colegio público, privado y concertado. Nius Diario. https://www.niusdiario.es/sociedad/educacion/diferencias-colegio-privado-publico-
concertado-evn3m_18_3000120146.html  

 
UNICEF España. La brecha digital impacta en la educación. Consultado o 27 de marzo de 2021. https://www.unicef.es/educa/blog/covid-19-brecha-educativa

Xunta de Galicia. (2020). Datos e cifras do ensino non universitario. Consultado o 30 de marzo de 2021. http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/0154836-estatistica_datos_e_cifras_2020-
21_ultimaversion_definitiva.pdf

Funcións de cada integrante do grupo S2D:

Manuel García Conde (difusor: recompilación de información, entrevista a Uxía García e elaboración do tweet de difusión da publicación), Francisco Gerpe Rodríguez (editor: recompilación de información); Sergio Gil Pazos (editor: recompilación de información, entrevistas a: Lourdes Gil e André Pérez; e edición), Andrés García Iglesias (responsable de actividades: recompilación de información), Sara Millán Garea (coordinadora: recompilación de información e das gráficas, redacción da publicación, entrevistas a: David Míguez, Irene Lourido e Alexandra Grille; e edición).

Un comentario en “Ensino en pandemia: alumnos sen tecnoloxía, alumnos sen educación

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.