A atención personalizada e a crianza na natureza entre as vantaxes da educación no rural

S1A A crianza na natureza, o contacto cercano na comunidade educativa, a rede social e familiar que hai no rural ou o maior contacto entre a veciñanza son algunhas das vantaxes que se poideron ler na enquisa realizada polo Observatorio Cidadán de Comunicación (OCC) sobre a educación no rural.  “A min seríame máis doado dirixirme a un colexio urbano de paso que vou ao traballo, … Seguir lendo A atención personalizada e a crianza na natureza entre as vantaxes da educación no rural

Captura de polbo na costa das Rías Baixas

O furtivismo, problema endémico da pesca en Galicia

S2A

A pesca é un sector económico con gran peso en Galicia. Segundo un artigo do Grupo de Investigación en Economía Pesqueira e dos Recursos Naturais da USC, en 2011 o sector pesqueiro galego acadou uns benefizos de 3.705,4 millóns de euros. Nese mesmo ano, o sector empregaba a 31.365 persoas. Dez anos máis tarde, aínda que a industria segue sendo un pilar fundamental para a economía galega, a situación mudou significativamente: maiores restricións para os mariñeiros, diminución das especies e dos ecosistemas, aumento de pescadores furtivos, etc.

Para analizar a situación da pesca actual decidimos centrarnos nas Rías Baixas, polo que contactamos coa Confraría de San Francisco en Vigo e coa Confraría de Arcade, ademais de falar cun pescador furtivo.

Seguir lendo “O furtivismo, problema endémico da pesca en Galicia”

Produción ecolóxica, a alternativa á actual sobreprodución

S3A Cada día está máis presente a palabra “eco” nos produtos que mercamos, pero… que ten de ecolóxico un aguacate cultivado de forma responsable en Perú que é consumido aquí, a miles de quilómetros? A produción pode ser ecolóxica, pero o feito de transportalo afástase un pouco da idea. Deste xeito entendemos por produto ecolóxico aquel que foi cultivado respectando os ciclos da natureza, sen … Seguir lendo Produción ecolóxica, a alternativa á actual sobreprodución