Esta semana faremos unha andaina por todas as melloras que as escolas unitarias teñen aínda por diante
Na anterior publicación falábamos dos prexuízos e recursos que, diferentes fontes, crían que existían de cara as escolas unitarias. Nesta trataremos as melloras producidas ou que se espera que se produzan nestes centros. Para esta publicación contactamos con Ángel Segovia, ex-profesor e ex-director da unitaria de Teo; Sandy Cebral, conselleira de educación do Concello de Brión; e Rosa M Barreiro, directora da CRA Nosa Señora do Faro. Como explica esta última fonte da nosa axenda, a implicación das institucións é fundamental pois:
“Necesitaríamos que a administración educativa entendera a importancia de colaborar na escola rural, pero se non queren facer o que queremos nós pois non nos queda máis remedio que acatar”. Rosa M. Barreiro
A nosa primeira actividade foi unha enquisa titulada “Canto sabes acerca das escolas unitarias?” Divulgámola a través da red social Instagram e obtivemos máis de 250 respostas, o feedback foi moi positivo. As persoas que contestaron á enquisa eran na súa maioría mulleres, sobre todo destacaban as personas de entre 10 e 25 anos e as de entre 36 e 55, todas as persoas pertencían á provincia de A Coruña.
Unha das preguntas era “Ocórreseche algunha solución para os principais inconvintes das unitarias?”, e 139 persoas aportaron unha serie de melloras para solucionar os actuais problemas que poden ter este tipo de escolas. Destacan as repostas adicadas a falar sobre o transporte e o comedor, dous recursos que, para gran parte da xente que paticipou nesta enquisa, serían de gran axuda para mellorar a situación das escolas unitarias.
“Trátase de valorar os recursos que temos na nosa provincia, entre elas as unitarias ou CRAs, entender o valor educativo e social altísimo das mesmas. Polo tanto a solución pasaría por dotalas dos mesmos recursos e servizos que os demais centros educativos, nin máis ni menos”.
“Como escolas públicas que son, deberían estar igual de atendidas que os centros estándar pola administración, é dicir, que os orzamentos sexan adecuados ás súas necesidades, para que así se poidan facer as melloras necesarias”.
“Penso que a Xunta tería que fomentar o uso das escolas unitarias, conseguindo así evitar as masificacións nas escolas urbanitas. Unha boa iniciativa sería brindar máis axudas no rural, así mesmo poñer comedores ou actividades extraescolares, xa que hai familias que mandan aos seus nenos ás cidades pola falta destes servizos nas unitarias”.
“Visibilidade, melloras nas infraestructuras, subvencións, bolseiros de axudas para material, transporte… pero, sobre todo, evitar que aumente o éxodo rural”.
“Máis profesorado, impulsar que os rapaces da zona vaian a esas escolas e non a outras máis lonxe porque seus pais pensan que son mellores “.
Todas es respostas seguían a mesma liña, vían os mesmos problemas e aportaban solucións semellantes, é importante mencionar que a maioría dos participantes (62,6%) non estudaron nunca nunha escola unitaria. Todas as opinións eran parecidas, centradas no aumento dos recursos, a creación de comedores e a oferta de transporte. Pero tamén quixemos contactar con profesores e profesionais do ámbito da educación para coñecer como se deciden e se aproban estas medidas así como as que se pudieron realizar ata o de agora.
É preciso destacar que o problema de recursos xa non é o predominante nas unitarias. Agora preocupan outros problemas, entre os que destaca a despoboación do rural, que vai estreitamente ligada ao peche destes centros.
“É un problema demográfico que está fora das nosas mans e nós non temos a solución para isto”. Ángel Segovia
Cada unitaria ten unha situación en concreto aínda que algúns aspectos sexan comúns para todas. Pouco a pouco algunhas foron conseguindo melloras grazas ás propostas que se lle fixeron aos seus concellos. É o caso da escola unitaria de Teo, onde traballaba Ángel Segovia.
A el débeselle a creación dos Colexios Rurais Agrupados en Galicia, un modelo de asociación que se segue en toda España. Vista a situación das escolas unitarias, foron esixidas melloras físicas para cada unha das escolas pertencentes aos CRA. Nestas incluíanse a calefacción, a restauración dos edificios, a dotación de material suficiente de armarios, pupitres, pantallas dixitais e fotocopiadoras; ademais de reformas externas nos patios.
Outras das propostas conseguidas foi o pago dos desprazamentos de profesores especializados que, nalgúns casos, poden chegar a traballar no mesmo día en diferentes unitarias; e tamén a agrupación de varias unitarias dunha mesma comarca para poder facer viaxes e que sexa rendible o aluguer dun autobús. Isto permítelles facer saídas a diferentes museos, teatros ou incluso realizar convenios nacionais de intercambio.
Ángel Segovia incidiu na importancia da creación de proxectos tanto a nivel nacional, ou internacional incluso, que axuden á imaxe da escola para unha posible inversión, innovación e dotación de recursos. Tamén recoñece que todas as medidas levadas a cabo nos últimos anos si foron efectivas. Por outro lado a conselleira de educación de Brión, Sandy Cebral, consolida a idea de que as escolas unitarias están marxinadas. Segundo ela dáselles o mínimo e se seguen vivas é pola labor dos profesores e pais vinculados ás escolas, máis que ás axudas externas, que, destaca, son escasas.
Alumnos dunha unitaria cos seus familiares na aula. Mónica Irago para La Voz de Galicia
No seu concello hai dúas escolas unitarias, fai un ano había tres, pero esta última pechou por falta de nenos. O peche das unitarias é un fenómeno que desgraciadamente moitas zonas do rural están a vivir cada vez mais nos último anos. Para ela este motivo é unha excusa, porque o mínimo son seis alumnos e nesa escola había cinco, e tíñase previsto a matriculación de máis nenos no próximo ano.
Cando lle preguntamos polas melloras que poden chegar nun futuro próximo, tendo en conta ademais a crise da Covid-19, díxonos que non hai propostas de ningún tipo previstas pola Xunta e que tampouco as houbo nos anos pasados. Normalmente as melloras veñen por parte dos concellos.
“Un director esixe ao Concello, non mendiga, xa que teñen a suficiente forza para esixir melloras”. Ángel Segovia
“En todos os CRA de Galicia, hai un interese importante por manter as escolas en condicións. Os directores están moi implicados en renovar as escolas, pero repito que dependemos do concello e segundo o que estes crean na escola rural. Neste momento a escola rural está collendo un pouco de auxe por todo o que leva acontecido da COVID e da España baleira pois hai concellos que si se están mentalizando e incluso a propia administración, pero queremos que se conciencien bastante máis”. Rosa M. Barreiro
Rosa, directora da CRA Nosa Señora do Faro, dicíanos que en 1989, no seu primeiro ano como mestra, había moito que cambiar nas aulas. Coa propia axuda dos nenos intentou realizar unha serie de cambios, desmantelou a biblioteca, pintou e pediulle unha alfombra á inspección e varios mobles. Seguía sendo unha escola arcaica, as escolas neses anos estaban en moi malas condicións.
Escola CRA Monte do Faro. Rosa M. Barreiro
“Na década dos oitenta, os cartos que había na conta eran moi poucos, entón tíñame que ir buscando a vida. Non tiñamos fotocopiadora, se había que facer fichas e traballos era todo a man. Os baños eran moi precarios, a auga saía fría… O chan era de plaqueta, cando volvíamos de Nadal había humidade no chan, eran duras condicións. No 2010 o alcalde que estaba daquela en Ponteceso, Jose Luis Fondo, decidiu apostar por un plan nas escolas unitarias e realizou cambios para mellor”. Rosa M. Barreiro
Para Rosa é moi importante tamén a opinión dos alumnos, ao fin e ao cabo, a escola e os recursos dos que esta dispón son para eles.
“Que vos parece, gardaremos aquí os xoguetes? Eles: Que che parece a ti profe se os colocamos alí mellor? Forma parte da metodoloxía de aprender a tomar decisións. Decidímolo un pouco entre todos”. Rosa M. Barreiro
Rosa falábanos sobre o papel da administración educativa e da Xunta de Galicia, xa que teñen importancia á hora de realizar ditas melloras. Todas as nosas fontes opinaban o mesmo, de non ser pola axuda e insistencia dos pais e dos propios profesores, as escolas unitarias non seguirían en pé.
Esta peza foi composta por Antía Sacedón Costa (coordinadora, contactou con Rosa M. Barreiro), Carla Varela (actividades, contactou con Sandy Cebral e redacción da peza), Violeta Silva ( edición, redacción da peza), Zaira Piñeiro (edición, contactou con Ángel Segovia) e Ángela Río Rey (difusión, contactou con Sandy Cebral).
1º ligazón: Neste artigo fálase da despoboación rural en Galicia, información mencionada na peza.
Boas rapazas!!! Encántame o voso tema e as vosas publicacións e quería facervos unha preguntiña. Eu non estudiei nunha unitaria pero vivo nunha zona rural e acudín sempre a unha escola pública tamén no rural, na aldea de Barouta, en Ames. Pero moitos dos meus compañeiros e compañeiras comezaban comigo en 2º ou 3º de primaria porque viñan de diferentes unitarias doutras aldeas.
Quería saber entón se nalgunha das vosas publicacións tedes pensado tratar por que eses nenos e nenas chega un curso no que deben ir a unha escola digamos “convencional” (se este cambio o vén preciso os pais/nais ou profesores/as, etc) e como é esa adaptación e entrada para eles/elas (beneficios, dificultades, etc).
Moitas grazas rapazas!!!
GústameGústame
Ola Paula! Moitas grazas polo teu comentario.
Sí, o que comentas é algo moi común e ven dado polo seguinte motivo: a educación nas unitarias impártese ata unha certa idade ou nivel académico (depende da escola) e partir de ese momento os alumnos que superen esa idade deben ir a un cole convencional onde sí se imparten clases para todos os niveis. Por iso, como comentas, os teus compañeiros chegaban con 6 ou 7 anos. En canto á adaptación, o que nos contaron as nosas fontes é que moitas veces os alumnos chegan aos coles convencionais con antiguos compañeiros da unitaria da que proceden polo que o proceso de adaptación é favorable.
Saúdos e grazas de novo!
GústameGústame