S2D
David Míguez Rocha é estudante de Dereito na Universidade de Santiago. Tal e como nos explicou, él adoitaba ir estudar á súa facultade pois alí gozaba de wifi gratuíta e conexión á rede moi rápida pero, coa chegada da pandemia, foille imposible.
David vive nunha pequena aldea de Ames onde a conexión a Internet é nula moitas veces debido, principalmente, ao mal tempo galego que zarandea as antenas provocando fallos e apagóns. “Cuando vimos que esta situación iba para largo, mi familia y yo tomamos la decisión de comprar un ordenador nuevo y contratar fibra óptica” explicaba.
Mais David non é o único estudante galego que se atopou nesta situación. Coa finalidade de continuar co noso obxectivo: avaliar a calidade de acceso ó ensino galego en tempos de pandemia; elaboramos un cuestionario online para avaliar as diferenzas existentes entre a educación urbana e rural e entre a pública e a privada. Difundido por redes sociais, participaron preto de 250 estudantes de diversos niveis educativos — de secundaria en diante — declaracións ás que se lle sumaron a experiencia de Alicia Eva Garea Traba, profesora de bacharelato no IES Arcebispo Xelmírez (instituto público. situado en zona urbana), e Beatriz Dorao, profesora de secundaria no Colexio Alca (colexio concertado situado nunha zona rural-urbana).
Os resultados do cuestionario foron esclarecedores respecto á situación que se viviu durante o curso escolar 2019-2020. Dos 250 estudantes que completaron o cuestionario o 98,2% do total estuda nun centro educativo situado en zona urbana, dato que contrasta co 32,1% que marcou a caixa de que, actualmente, vive en zona rural.


Pero, en qué se traduce esta información? Pois, tal e como recalcou Uxía González, estudante dun máster de profesorado no rural:
O que a fai partir cunha “desvantaxe” non é o feito de vivir no rural, senon ter unha conexión tan pésima
Cabe mencionar, ademais, que dese 32,1% de alumnos, un 14.9% tivo algún problema de conexión que impediu completar ou enviar os exames de forma correcta. Entre eles atópase Álvaro Vidal. O curso pasado, Álvaro cursou primeiro de bacharelato no IESP de Ames. El vive nun núcleo rural e, tal e como contou, o curso pasado tivo, en polo menos en 4 ocasións, problemas para enviar os exames online.
A diferenza rural-urbano establécese tendo en conta o número de habitantes. Non obstante, Sokorin e Zimmerman (1929) afirmaban que non era posible a división dos espazos rural-urbano, e falaban dalgo contínuo.
Continuando coa actualidade educativa en Galicia (curso 2020-2021), a excepción das universidades, apóstase por unha ensinanza presencial ao cento por cento. O motivo? Que os nenos e rapaces precisan acudir ao colexio despois dun longo confinamento e renuncia de ese espazo de “socialización e aprendizaxe”.
Non obstante, a principal estratexia dos docentes continúa a ser o envío de tarefas vía Internet, co obxectivo de evitar ó máximo posible o contacto interpersoal (anteriormente os mestres entregaban exercicios e fichas en papel, agora apóstase polo formato online). Ademais, en moitos casos, compartir ou tomar prestados libros que poden resultar de interese para resolver exercicios non está permitido.
Todo isto tradúcese en que os alumnos deben solventar as súas dúbidas, principalmente, na rede, ou consultar cos profesores a través das aulas virtuais. O problema é que non todos contan cos mesmos medios.
Neste senso, a aparición necesaria dunha ensinanza en liña non fixo máis que acrecentar e facer máis visible a fenda dixital existente entre os estudantes que viven no rural e os que viven en zonas urbanas. Por ende, cómpre dar visibilidade ó problema da calidade no acceso ás tecnoloxías en Galicia pois é a comunidade autónoma con maior porcentaxe de alumnado escolarizado no rural, sobre todo nas franxas da educación primaria. Un dato que contrasta quizáis bastante co resultado que obtivemos nós no cuestionario (recordamos que tan só un 1,8% sobre cen estuda nun centro situado en zona rural, pero recordamos que só tomamos datos de centros de educación secundaria e non primaria).

Ás declaracións dos anteriores estudantes engadímoslles agora as de Irene Lourido Regueira que, dende a UVigo, proporcionounos declaracións totalmente opostas. Irene vive nunha aldea de Rianxo e estuda Inxeñaría eléctronica industrial e automática na UVigo. Ela contaba que non tivo problemas para conectarse ás aulas virtuais así como tampouco os tivo á hora de realizar e entregar os exames do segundo cuatrimestre pasado.
Por outra banda, a eiva na dificultade de acceso ás novas tecnoloxías e a Internet afecta tamén á calidade do ensino público en comparación co ensino privado e concertado.
Existe realmente gran diferenza entre a educación pública e a educación privada ou concertada en Galicia?

O que diferenza a un colexio público, privado e concertado é o seu tipo de administración e de financiación, principalmente. As familias que poden permitirse inscribir aos seus fillos nun colexio ou instituto privado son aquelas cunha renda alta. Aínda que existan becas y axudas para aquelas familias máis desfavorecidas, isto é unha realidade.
En cambio, os estudantes que acuden aos centros públicos adoitan proceder de familias con rendas máis baixas. Así o confirmaba Alexandra Grille Barral, que estudou toda a súa vida nun centro público: “A miña familia non podía permitirse. pagarnos a miña irmá e a min unha escola concertada e menos aínda unha privada”.
Lourdes Gil é unha alumna da ESO nun instituto da cidade de Ourense. Tal e como ela contaba, sí tivo problemas de acceso á hora de conectarse as clases online ou de subir as taferas á aula virtual,e considera que só con videochamadas non se cubría o ensino nin o calendario académico. No extremo oposto atópase André Pérez, tamén estudante da ESO pero nun colexio concertado situado nunha zona urbá. André explica dende a súa experiencia que as videochamadas dos seus mestres foron suficientes para él e, á contra ca Lourdes, non tivo ningún problema de conexión.
Queda claro que o ensino en pandemia e o acceso á rede e as TIC’s vése claramente condicionado polos cartos: canta menos financiación reciba o centro menos capacidade terá para ofrecer unha conexión e uns ordenadores de calidade; algo que trataremos para concluír con esta publicación en base ás testemuñas de dúas profesoras de instituto.
Eva Garea é profesora de bacharelato no IES Arcebispo Xelmírez I, un instituto público situado no centro de Santiago de Compostela. Tal e como explicou Eva: “tuve muchos problemas a la hora de ponerme en contacto y hacer videollamadas con mis alumnos, pues en muchos hogares sólo había un ordenador para 4 o 5 miembros de la familia que debían teletrabajar al mismo tiempo”.
A complexa experiencia de Eva contrasta de cheo coa de Beatriz Dorao, profesora de secundaria no Colexio Alca, un colexio concertado aloxado da zona urbana. Beatriz declarounos abertamente que ela en ningún momento tivo problemas á hora de impartir as clases en liña, ás cales conectáronse sempre todos os alumnos, e que nese senso tivo moita sorte. Incluso. explicou que, no seu centro, se algún alumno non podía conectarse ás clases porque non dispoñía dun ordenador, o propio centro faríase cargo dos gastos que suporían mercar un.
Non por estudar nun centro situado nunha zona afastada do urbano significa estrictamente que a ensinanza en liña vaia ser peor, senon que existen outros factores moitas veces non se teñen en conta (coma neste caso, que o centro sexa público ou privado e o tipo de financiamento), conclusión final á que chegamos grazas as entrevistas coas profesoras Eva Garea e Beatriz Dorao.
Referencias bibliográficas
B. Cristina. (2020, 7 de xullo). Cómo revivir las zonas rurales a través de la educación. The Conversation. https://theconversation.com/como-revivir-las-zonas-rurales-a-traves-de-la-educacion-139268
R. Miguel. (2019). La escuela rural: presente y futuro. Recuperado el 6 de abril de 2021. http://docpublicos.ccoo.es/cendoc/055396EscuelaRuralPresenteFuturo.pdf
Funcións de cada integrante do grupo S2D:
Manuel García Conde (difusor: recompilación de información, entrevista a Uxía García, elaboración da publicación para o Instagram do observatorio e do tweet de difusión da publicación); Andrés García Iglesias (responsable de actividades: recompilación de información e elaboración da publicación para o Instagram do observatorio); Sergio Gil Pazos (editor: recompilación de información, entrevistas a: Lourdes Gil e André Pérez; e edición); Sara Millán Garea (coordinadora: elaboración do cuestionario, recompilación de información e das gráficas, redacción da publicación, entrevistas a: David Míguez, Álvaro Vidal, Irene Lourido, Alexandra Grille, Eva Garea e Beatriz Dorao; e edición).
Un comentario en “Ensino en pandemia: alumnos sen tecnoloxía, alumnos sen educación”