O rural e a educación non son unha empresa: o berro dos colexios rurais contra o olvido institucional

S1A

Un dos primeiros problemas dos colexios rurais da nosa comunidade radica no olvido institucional, xa non só dos centros educativos, senón tamén das zonas nas que se sitúan. “A Xunta dálle un enfoque de empresa. Intentan minimizar gastos e con eses gastos maximizar os servizos. No rural o normal é perder cartos, pero eses cartos teñen que repercutir na calidade de vida da educación e dos nenos”, explica Rubén Ceide, profesor encargado do CEIP As Nogais

Se un colexio rural pecha, a calidade de vida dos cativos e cativas desas zonas vai verse afectada considerablemente. O básico para que iso non ocorra é a dotación de servizos por parte da Administración. “A nivel educativo, se hai menos servizos porque hai menos nenos, o primeiro que hai que intentar é que haxa máis nenos. E iso conséguese dando máis servizos nos centros”, comenta Marcos Pérez, xornalista de Praza.gal, que explica á súa vez que a educación pública non se trata de obter un beneficio, senon de prestar o mellor servizo.

Isto está establecido na LO 10/2002, da calidade da educación, que recolle a necesidade de poñer a disposición os recursos necesarios, tanto de profesorado como de bens materiais, para lograr a compensación educativa e a igualdade de oportunidades nos centros do rural. Porén, vendo a situación da educación no rural, xorde unha cuestión: aplícase realmente esta teoría na práctica?

“Centralizar os nenos nun cole que lle quede moi lonxe da casa e collelos nun autobús grande sería a solución, pero repercutiría na súa calidade de vida e na súa educación. Non te podes levantar as seis da mañá para ir ao colexio e chegar a casa as oito da tarde”

O transporte escolar é un dos recursos materiais indispensables para ofrecer unha educación de calidade no rural, así o indica a Lei Orgánica de Calidade da Educación. Porén, na práctica, os recursos proporcionados dende a Administración ao mantemento dun transporte escolar de calidade no rural é insuficiente e supón unha problemática a dous niveis nestes colexios. 

Por unha banda, temos o problema do transporte nos colexios rurais que permanecen abertos. Ao existir unha poboación moi dispersa e ao reducirse as axudas destinadas ao transporte que ofrece a Xunta de Galicia, as empresas de autobuses, para conseguir beneficio, vense obrigadas a unificar as liñas. Isto é, as rutas que antes facían dous autobuses, fainas agora un só, aumentanto así o tempo que os cativos permanecen no autobús. Así o explica Alberto López, condutor de González de La Riva e un dos encargados de realizar as rutas escolares do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) As Nogais. 

“Nas escolas rurais, sobre todo no tema de transporte, temos o problema da dispersión xeográfica. Nunha cidade podes marcar unha ruta de transporte recta que non ten ningún problema. No rural, teñen que ser moito máis drásticas. É o problema que teñen agora moitos colexios co transporte. En moitas escolas do rural, teñen que engadirse rutas de taxi. Tal como ocorre nesta, moitos nenos non teñen autobús que chegue á súa casa”, explica Rubén Ceide.

Por outra banda, temos a cuestión relacionada coa anterior dos longos percorridos de autobús, que constitúen moitas veces unha das causas de perda de alumnos e consecuente peche dos centros. En Galicia existe un ratio mínimo de cinco alumnos por escola. O que se está a reclamar dende as comunidades educativas é que a decisión non se tome por número, senón atendendo á realidade de cada lugar, explica Marcos Pérez. 

O exemplo con máis repercusión mediática e social vimos de vivilo co peche do colexio de Baamonde, no Courel. Isto afecta á calidade da educación e da vida dos nenos, empeorándose co aumento do tempo de desprazamento e contribuíndo así ao desmantelamento do rural. “Aumenta o desprazamento, as aulas do outro cole enchénse máis, e iso repercute nun emperoramento da súa calidade educativa”, explica Rubén Ceide respecto do colexio de Baamonde e o traslado deses rapaces ao colexio de Begonte. 

“Se xa nacen poucos nenos e nenas no rural, imaxino que un pai que ve o limitados que están os servizos, que vai ter que dar unha volta no autobus ou ter unha educación peor polo peche dos colexios, pois ao mellor decide levalo a unha cidade”, comenta Marcos Pérez. É por isto que é necesario o investimento no rural para que estes lugares continúen tendo vida e para que os rapaces dispoñan da oportunidade de elexir onde queren desenvolver a súa vida. 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.