AÍNDA QUEDA ESPERANZA

A través do programa Xeración Docente, da Fundación Princesa de Girona, moitos futuros mestres afondan no mundo das escolas unitarias

“La implicación de las familias y la ampliación de los espacios  educativos  crea una comunidad educativa tremenda y favorece un aprendizaje activo, significativo y transversal” – Sandra Camós, responsable de Generación Docente

A Fundación Princesa de Girona promove un programa educativo chamado Xeración Docente orientado á transformación da docencia educativa, en concreto, a converter a novos educadores para que teñan capacidade de innovar e facer fronte a grandes retos educativos como é neste caso a educación no rural. Para isto crearon un programa de prácticas que ofrece a estancia durante catro meses a escoller nunha destas tres comunidades autónomas de España: Aragón, Estremadura e Galicia. Os docentes que se escollen deben ter ata 25 anos e cursar unha carreira de Educación infantil ou Primaria en calquera universidade española.  

Amanda axuda ás pequenas a formar e aprender palabras na unitaria de Xornes. Amanda Martínez

Os obxectivos de cara a estes docentes céntranse no autocoñecemento, na inclusión e, sobre todo, na personalización da aprendizaxe. E por que escollen o rural? En primeiro lugar realzan o entorno pedagóxico e social que ofrecen este tipo de escolas, salientando o uso de metodoloxías innovadoras, as aulas multigrao e o descubrimento de espazos polivalentes que permitan experimentar máis alá das aulas. Nestas receitas educativas os futuros docentes atopan mestres con profunda vocación que poden ser auténticos referentes para eles.  

“Algunos de los futuros profesores que hacen las prácticas en los CRA nos han dicho que allí se sienten verdaderos maestros, por la libertad pedagógica de la que gozan”- Sandra Camós

Este é outro dos factores que favorecen aos docentes, esa liberdade de educar que lles permite sentirse como verdadeiros mestres aínda cando nin sequera poden selo. Traballar con nenos de idades diferentes é todo un reto para eles, impulsa a creatividade, a cooperación entre compañeiros e a experimentación pedagóxica. Eles mesmos descobren que o traballo cooperativo é algo intrínseco na educación no rural dende fai 50 anos , algo que difire do modelo de educación dunha escola convencional.

En relación ao reto demográfico ao que se afrontan en Galicia, comentaban que escolleron este lugar para poder aportar “o seu gran de area” na cuestión da despoboación, e poder mostrar o seu apoio a estes lugares que son máis vulnerables. Incluso chegan a afirmar que os CRA encóntranse  entre as principais posibilidades destes novos docentes á hora de exercer como futuros mestres. Buscan poder acabar cos estereotipos ligados a este tipo de escolas, e demostrar que o seu papel é fundamental para todos. Segundo Rosa Barreiro, directora da CRA Nosa Señora do Faro, é moi importante que fundacións como a Princesa de Girona poñan o punto de mira nas escolas rurais pois axuda a visibilizalas e a conseguir os apoios que precisan para a súa supervivencia. 

“También es una oportunidad para conocer una realidad socioeducativa de otro territorio, el programa promueve la movilidad entre comunidades autónomas”- Sandra Camós 

Para saber como viven estes docentes a oportunidade que se lles brinda dun xeito máis próximo falamos con Amanda Martínez,  unha estudante de 23 anos na Universidade de Barcelona e integrante do grupo Xeración Docente. No seu caso conseguiu unha praza para as prácticas no CRA de Nosa Señora do Faro (A Coruña), máis concretamente nas unitarias de Xornes e de Pazos. O seu concepto de escola unitaria difería bastante da realidade coa que se encontrou ao chegar aquí. Pero se tivera que definilo con dúas palabras, despois da súa vivencia serían sen dúbida innovación e implicación. A implicación das familias e a unión que existe entre as unitarias que pertencen aos CRA é incriblemente enriquecedora. A súa cooperación e traballo en equipo foi o que lles permitiu chegar tan alto no terreo da educación e poder formar parte de proxectos como convenios con escolas doutros lugares de España. 

“Si tuviera que definir las escuelas unitarias con una palabra, sería familia” – Amanda Martínez 

Explica tamén que a sensación que lle da a ela é que nestes lugares, o concepto escola e familia non está separado, senón que vai unido e integrado. Tamén destaca a formación dos profesores das escolas unitarias e a súa incansable vocación por mellorar e converterse en mellores mestres. Nun colexio convencional a educación non é especializada nin adaptada como o poder chegar a ser nunha unitaria. 

“Lo convencional puede que sea lo más seguro, pero definitivamente no es lo mejor”- Amanda Martínez 

A acollida das tecnoloxías nas unitarias é algo que lle chamou moito a atención, dende impresoras 3D ata microscopios, algo que non acostumaba ver no colexio convencional e que sería moi difícil de conseguir, xa que non abundan os recursos e o número de alumnos ao ser superior impide afondar tanto neste tipo de actividades. O obxectivo é aproveitar o interese que xorde dos propios nenos de forma natural e tratar de convertelo en aprendizaxe. 

Os maiores len para os mais pequenos na unitaria de Brantuas. Antía Sacedón

“En un colegio convencional te preguntan constantemente qué hora es, aquí te dicen que no quieren marcharse”- Amanda Martínez

O contacto coa natureza é unha forma de experimentar por eles mesmos, que fai que moitas das cousas que aprenden nas aulas poidan levalas a cabo con certas actividades. Nunha escola convencional poden ensinarte que é unha horta e como é o seu funcionamento pero na unitaria poder observalo nada máis saír da súa aula. É un proceso moito máis áxil de aprendizaxe que difire moito do modelo de educación habitual baseado en aprender os contidos dos libros sen podelo poñer en práctica. 

Dende o punto de vista de Amanda as escolas unitarias son “o futuro da educación” e se hai esforzo por conseguilo, chegarase moi lonxe. Afirmaba que na súa carreira universitaria oriéntaselles cara a educación convencional e en moi poucos casos se promove este tipo de educación, salvo unha profesora súa que espertou a súa ilusión por este mundo e que realmente se interesaba polo papel destas escolas. 

Para Rosa Barreiro a experiencia de contar con alumnos en prácticas na súa escola foi moi enriquecedora pois aportaron ideas innovadoras e un clima de traballo moi saudable. A relación entre o persoal docente e os futuros mestres foi moi boa, chegando ao punto de quedar fóra do horario lectivo para charlar sobre as unitarias, iniciativas… En definitiva, para compartir coñecemento. Para Rosa tamén foi sorprendente pois admite que moitas persoas novas non posúen vocación ou non queren traballar nas escolas do rural debido aos prexuízos que hai delas. 

“Para mi la escuela es un tesoro. Los niños y la implicación de las familias son muy importantes y es lo que hace que cada día ir a trabajar sea una ilusión”-Rosa Barreiro

Esta peza foi composta por Antía Sacedón (coordinadora, ocupouse da documentación), Carla Varela (actividades, ocupouse da documentación), Violeta Silva ( edición, redacción da peza), Zaira Piñeiro (edición, redacción da peza) e Ángela Río (difusión, contactou coas fontes utilizadas na peza).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.