
Igualdade de xénero, unha materia que necesitan os plans de estudo de Galicia
S2B
Nunha aula de educación para adultos do IES Xelmírez I de Santiago de Compostela de 18 persoas -na que había aproximadamente o mesmo número de homes que de mulleres-, quixemos realizar unha actividade sobre igualdade de xénero na educación.
Comezamos a traballar cun grupo de rapaces e rapazas de entre 16 e 29 anos que ao longo da súa vida académica non cursaran ningunha materia de igualdade -que non se imparte no instituto- nin trataran en ningunha outra este tema. Con todo, de xeito unánime recoñeceron que recibiran algunha charla sobre igualdade, aínda que a definiron como “monótona e pouco atractiva”.
Seguir lendo “Igualdade de xénero, unha materia que necesitan os plans de estudo de Galicia”