A importancia de educar dende a igualdade de xénero

S2D

“Jamás he recibido una charla de igualdad de género. Lo que si tuve fue una profesora que criticaba mi forma de vestir por ser de fuera, y el jefe de estudios menospreció mi país, entre otras cosas”, así o contaba Thaynaia Mendonga da Silva, estudante de 4º curso da ESA no IES Xelmírez I.

Nesta aula de 4º da ESA do IES Xelmirez I, onde conviven aproximadamente o mesmo número de homes e mulleres, en colaboración co grupo S2D (ODS: Igualdade de xénero) elaborouse unha actividade de mapeo co obxectivo de ver o coñecemento destes alumnos en materia de igualdade de xénero, así como que contasen as súas experiencias e vivencias persoais. A educación en igualdade de xénero é algo que se da por sentado mais, moitas veces, non é así.

O resultado foi que os 18 alumnos da aula, de nacionalidade española a meirande parte máis algúns provintes de latinoamérica, de xeito unánime afirmaron que nunca cursaron unha materia na que se tratase o tema da igualdade, nin tan sequera minimamente.

“Yo muchas veces no me siento incluída, siempre se refieren a nosotros como alumnos o preguntan si hay algún voluntario, pero no si hay voluntarias” explicaba Sara Ticlahuanca, mais isto despois de explicar o que era a linguaxe inclusiva. Chama a atención que ningún soubese con exactitude o que é esta linguaxe non sexista. “Pois eu síntome incluído” respondeu Raúl Iglesias Quinteiro. Claro, porque ao ser un varón síntese representado polo morfema de xénero masculino que se adoita empregar. Son as mulleres as que se sínten excluídas e non os homes.

“Yo por ejemplo tuve una profesora que se refería a la clase como “alumnas” pues la mayoría éramos mujeres” recalcou Andrea Seijas Otero. Aínda que poucas veces, hai persoas que se refiren a un grupo con termos en feminino pois son a maioría mulleres, e neste caso os homes non se sentirían tamén excluídos? O xénero neutro consérvase en moi poucas palabras mais os alumnos do Xelmírez I chegaron á conclusión de que sería o máis convinte á hora de referirse a un colectivo de xente.

A continuación, lanzouse a seguinte pregunta: viviches ou coñeces a alguen que vivise unha situación machista nas aulas? “A mi profesor se le iba la mirada detrás de nosotras…” explicou Thaynaia, ao que o seu compañeiro Junior Legro respondía: “Me preocupa que haya aún gente que piense que las mujeres no merecen los mismos tratos que los hombres”. Tamén Thaynaia contaba que no seu anterior colexio nas actividades de Educación Física sempre se separaba por xénero ou se lles esixía máis aos rapaces que ás rapazas. E todo isto por qué? Por estereotipos machistas que, aínda que en menor medida, continúan existindo na sociedade actual.

“A mí me cuesta mucho controlar a mi hijo, siempre quiere jugar a juegos en mi teléfono, mientras que a mi hija me es mucho más sencillo ponerla a hacer tarea o que me ayude en la casa. Con mi hijo ya no lo intento” explicaba Sara Ticlahuanca. “E por que tratas de forma tan diferente a teus fillos?” preguntaba a continuación unha compañeira. A resposta é que o xénero feminino segue estando nunha clara situación de desigualdade fronte á figura do home.

Impulsar a figura da muller na sociedade é unha das prioridades dos Objetivos de Desarrollo Sostenible de las Naciones Unidas. Así, o ODS 5 céntrase na igualdade de xénero e promove proxectos e iniciativas para empoderar a nenas, rapazas e mulleres en todo o mundo. Segundo datos das Nacións Unidas, nas rexións máis desfavorecidas as nenas e mulleres son máis vulnerables. Ademáis, en todo o mundo, máis de 120 millóns de nenos e adolescentes non teñen acceso á educación: máis da metade son nenas.

“A tarefa de educar en igualdade de xénero tópase co obstáculo de que as persoas non sinten habitualmente discriminación na escola, ou se a hai, non é recoñecida como tal. O uso dunha linguaxe inclusiva non é unha demanda do alumnado que non recoñece a súa necesidade e percibe esta aprendizaxe, nas materias nas que se imparte, do mesmo xeito en que recibe a aprendizaxe da gramática, moi afastada do seu uso na vida ordinaria engade como conclusión Alicia Eva Garea Traba, profesora de filosofía no IES Xelmírez I. A realidade é que moito camiño por percorrer na escola neste eido: aumentar as referentes femininas en todos os campos do coñecemento, axudar a percibir as diferentes discriminacións e reclamar un trato igualitario en todos os ámbitos

Funcións de cada integrante do grupo S2D:

Manuel García Conde (difusor: elaboración da publicación para o Instagram do observatorio e do tweet de difusión da publicación); Sergio Gil Pazos (editor: actividade de mapeo, entrevistas e edición); Andrés García Iglesias (responsable de actividades: actividade de mapeo e entrevistas); Sara Millán Garea (coordinadora: actividade de mapeo, entrevistas, redacción da publicación e elaboración do mapa).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.