Comecemos co consumo e produción responsables

“Ao día temos tres oportunidades de cambiar o mundo: cando almorzamos, cando comemos e cando ceamos” di Isabel Calabria, que rexenta unha tenda de comercio xusto en Compostela. E é que no noso día a día tomamos decisións que teñen a súa repercusión no mundo que nos rodea. Aínda así acotío vemos información nos medios, da cal unha parte trata sobre o consumo, pero normalmente … Seguir lendo Comecemos co consumo e produción responsables

Homes recollendo peixe nas instalacións acuícolas

Distintas perspectivas da pesca: Cotas e acuicultura

 

S2A

“É necesario que existan, axudan moitísimo. Anos atrás había demasiadas especies en perigo de extinción pola sobrepesca e as cotas axudaron a remedialo. As cousas fanse sempre por algo. Por exemplo, aquí en Arcade se non tivésemos cotas das amexias acabaríamos coa vida mariña en moi poucos meses, xa que non terían tempo para reproducirse”, declara a expatroa da Confraría de Arcade, Rita Míguez, cando se lle pregunta pola súa opinión sobre o establecemento de cotas de pesca para determinadas especies mariñas. Rita Míguez amósase a favor delas, ao igual que Basilio Otero, Patrón Maior da Confraría de Burela e Presidente da Federación de Confrarías de Lugo, quen defende que axudan a protexer o medio mariño e a manter os prezos: “sempre se esquece a parte socioeconómica e son útiles para iso, axudan a manter as especies”.

Seguir lendo “Distintas perspectivas da pesca: Cotas e acuicultura”

Adaptarse para sobrevivir: que pode facer unha unitaria para evitar o peche

Os servizos ofertados por un colexio, sexa unha unitaria ou un CEIP, constitúen unha baza relevante á hora de decidir onde escolarizar ós nenos e nenas. No círculo de lectura celebrado o 29 de abril, no que se trataron diversas cuestións relacionadas coa educación no ámbito rural, saíu á luz o devandito tema. Nesta actividade contamos coa participación de Suso Mosquera, director do CRA Coristanco-Santa … Seguir lendo Adaptarse para sobrevivir: que pode facer unha unitaria para evitar o peche

“Temos información que queremos transmitir á sociedade para que coidemos o mar, porque se non imos por mal camiño”

Praia da localidade pontevedresa de Baiona. Fotografía: elaboración propia. Grupo S1C “As rías galegas son ecosistemas privilexiados e moi ricos, xeran moitos recursos naturais, manteñen unhas poboacións numerosas e tamén podemos pasear pola súa ribeira para o noso benestar físico e mental. Polo tanto non as debemos maltratar, porque a nosa experiencia é que maltratamos o mar”, afirma Xosé Manuel Barros, presidente da asociación Mar … Seguir lendo “Temos información que queremos transmitir á sociedade para que coidemos o mar, porque se non imos por mal camiño”