A limpeza dos ríos e mares: unha prioridade para tod@s

Limpeza da Praia de Broña, Serra de Outes. Fotografía: Mar de Fábula. Grupo S1C Chegamos ao final do curso hídrico polos ríos e mares de Galicia. Durante cinco publicacións a través de axentes implicados coñecemos os problemas presentes no río Lamas (comarca da Fonsagrada), no río Ulla (transcorre polas provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra), no río Sar (comarca do Sar e comarca de … Seguir lendo A limpeza dos ríos e mares: unha prioridade para tod@s

A cultura, unha materia pendente na adaptación dos procesos migratorios

“Eu non son consciente do que sentiron os meus pais cando abandonaron o país en busca de novas oportunidades porque nacín en México, pero o certo é que o meu pai era un home de tradición e fixo todo o posible para que eu non me esquecera de que era española”, relata María del Carmen Ogando. “Hai cousas que un non se pode permitir perder“. … Seguir lendo A cultura, unha materia pendente na adaptación dos procesos migratorios

Violencia de xénero na USC, a exame

S2B

Existen suficientes materias ou obradoiros de concienciación de igualdade? Son as aulas un entorno seguro onde o estudantado poida exercer a súa actividade coa máxima tranquilidade? Existen graos de mozos e graos de mozas? De todo isto falamos neste post coa comunidade universitaria de Santiago de compostela.

Realizouse unha enquisa na que colaboraron 23 persoas e entrevistas en diferentes facultades dos campus universitarios nas que se obtiveron respostas de aproximadamente 20 persoas. Con base nas declaracións dos participantes, sorprende a cantidade de estudantes que non cursaron nin cursarán materias de igualdade. Agora ben, tamén chama a atención o caso dos alumnos de Historia entrevistados, onde todos cursan Mentalidade, Identidades e Xénero da Idade Media (Cultura, Ideoloxía e Institucións)

Seguir lendo “Violencia de xénero na USC, a exame”