S2B
Existen suficientes materias ou obradoiros de concienciación de igualdade? Son as aulas un entorno seguro onde o estudantado poida exercer a súa actividade coa máxima tranquilidade? Existen graos de mozos e graos de mozas? De todo isto falamos neste post coa comunidade universitaria de Santiago de compostela.
Realizouse unha enquisa na que colaboraron 23 persoas e entrevistas en diferentes facultades dos campus universitarios nas que se obtiveron respostas de aproximadamente 20 persoas. Con base nas declaracións dos participantes, sorprende a cantidade de estudantes que non cursaron nin cursarán materias de igualdade. Agora ben, tamén chama a atención o caso dos alumnos de Historia entrevistados, onde todos cursan Mentalidade, Identidades e Xénero da Idade Media (Cultura, Ideoloxía e Institucións)
O programa da materia recolle que o seu obxectivo é a explicación e entendemento da relación social entre homes e mulleres da época medieval, e facer unha reflexión extrapolable á actualidade. Aínda que este plan de estudos convide á reflexión histórica e non sexa doado aplicalo a outros graos pertencentes a distintas ramas do coñecemento, este tipo de materias podería ser un bo suplemento nos programas educativos actuais. Isto suporía facer que o alumnado reforzase o seu propio pensamento con base no seu campo de investigación e desenvolvese coñecemento propio, o que fomentaría unha perspectiva igualitaria maior. Ás persoas que non cursaron ningunha materia relacionada coa igualdade preguntóuselles sobre o reforzo realizado por parte do persoal docente neste tema. A maioría de respostas constata que non existe ese tipo de reforzo, pero sí houbo algunhas como a de Alberto, estudante de Enxeñaría Informática: “Si, pero só as profesoras”. Declaracións chamativas, que nos dan a entender unha diferenza clara entre os métodos educativos das profesoras e dos profesores.
Os estudantes da rama de ciencias da saúde consideran a presenza feminina no alumnado moi representativa.
Por outra banda, plantexouse a división de graos en base ao xénero. Resulta peculiar o feito de que os cursos de ciencias da saúde, como medicina, enfermaría, farmacia, etc., teñen, segundo o que reflicten os seus estudantes, unha maior representación feminina. Dita representación, a posteriori, non se ve acompañada no sector docente; a maioría dos enquisados, remarcou que a representación maioritaria do profesorado era masculina.
Seguindo coa seguridade das aulas, 1 de cada 2 estudantes que colaboraron na actividade deu a entender que dentro dos campus universitarios o machismo se estende ao máis amplo, dando unha mostra do que é un problema que non podemos ignorar no noso entorno. Ademais, un 18% dos alumnos que responderon ás cuestións afirmou rotundamente a inexistencia de condutas machistas no entorno universitario. Dese 18%, tan só tres de cada catro respostas foron emitidas por homes.
É responsabilidade de todo o colectivo universitario pór o foco de atención nelas, para que poidan expresarse libremente e gozar así da experiencia académica que merecen.
Mikel López, estudante do Historia
Por último, o grupo S2B quixo saber se sufriran ou coñecían algún caso de mulleres que tiveran dificultades para desenvolver plenamente as actividades pertencentes ao seu grao polo simple feito de ser mulleres. A resposta maioritaria do alumnado foi negativa, pero si que houbo respostas afirmativas, como a de Mikel López Tirado, estudante de Historia: Non no meu entorno cercano, e ó longo da miña experiencia universitaria non coñecín ningún caso concreto. Non obstante, sí que escoitei exemplos comentados por algúns dos meus compañeiros e amigos. […] É responsabilidade de todo o colectivo universitario a de pór o foco de atención nelas, para que poidan expresarse libremente e gozar así da experiencia académica que merecen.
Concluíndo con base nas respostas dos enquisados, a Universidade de Santiago de Compostela, como institución, non é un organismo machista, agora ben, dentro dela si existen comportamentos e actitudes discriminatorias e certa falta de innovación nas materias
Aitana Martínez (elaboración e difusión da enquisa, Tradución do texto). Adriel Mateo (elaboración do texto, deseño de imaxe de redes sociais, difusión da enquisa, maquetación e publicación en redes sociais e blog). Carlos Menéndez (corrección e edición do texto). Diego Muíños (elaboración da enquisa)