APOIO DAS AUTORIDADES

A loita contra a fame gáñase coa unión de múltiples ferramentas. Hai que facer fincapé en todos os factores determinantes, desta maneira pódese obter un mellor resultado. A axuda que aportan as cociñas económicas, os bancos de alimentos, as asociacións como Cruz Vermella… son piares fundamentais para a esperanza de moitas persoas e as súas familias. 

A raíz do xurdimento destes grupos de voluntariado, poden proporcionar as axudas necesarias aos colectivos familiares que contan con poucos recursos. Non obstante, por este motivo é necesario a existencia dunha base esencial que lles axude a levar a cabo os seus proxectos da maneira máis eficiente posible.

O goberno español é unha das moitas pezas que debe encaixar no sistema de erradicación da pobreza e a desnutrición. Desde o goberno central español seu plan de axuda alimentaria é un proxecto que está co financiado nun 85% pola Unión Europea e nun 15% pola Administración Xeral do Estado.

 A Administración Xeral do Estado é a que se encarga de achegar alimentos ás persoas máis desfavorecidas. Este feito fano da seguinte maneira, en primeiro lugar, fanse cos alimentos necesarios, posteriormente encárganse de repartilos polos distintos grupos de voluntariado que mencionamos anteriormente para que estes os distribúan da maneira máis axeitada posible.

Aínda que o Goberno non aporta só estas axudas físicas. Ademais tamén aportan axudas económicas que as organizacións inverten no que vexan necesario. As axudas económicas proporcionadas polas autoridades gobernamentais chegan a alcanzar nalgúns casos ata os trinta mil euros. 

Así mesmo, neste último ano no que a COVID-19  fixo que a cantidade de xente que precisara visitar este tipo de lugares aumentara de maneira considerable obrigou ao Goberno a incrementar estas axudas económicas nalgúns casos chegando a duplicalas xa que ao gasto de alimento e de produtos de hixiene persoal se lle sumou ó gasto dos produtos de protección e prevención dos contaxios.

Fonte: Galicia Press

Do campo de batalla, día a día os conglomerados de persoas voluntarias colaboran cos bancos de alimentos. Esta axuda vai dirixida ás familias e individuos que están vivindo momentos dolorosos nesta etapa da pandemia. Sobre todo, incrementou o número de persoas pola perda dos seus respectivos postos de traballo. É un feito que a demanda é maior, non obstante, os bancos de alimentos hoxe en día conseguen satisfacer as necesidades da xente. 

É primordial que os órganos gobernamentais apoien calquera tipo de acción en favor da desaparición da desnutrición na sociedade actual. Polo tanto, é unha necesidade que os entes do Goberno fagan políticas que favorezan e melloren os condicionantes dun colectivo maltratado pola vida. 

Na Cociña Económica de Santiago de Compostela, tratouse a importancia dos apoios por parte das institucións, políticas. Séntense apoiados polos entes e figuras autonómicas no primeiro grao. “En concreto a nivel rexional a Xunta de Galicia e a Deputación de A Coruña, e a nivel local o Concello de Santiago de Compostela”, sinala desde a Cociña Económica. A presencialidade das autoridades é vital para o desempeño deste tipo de accións por parte dos diversos colectivos que loitan contra a fame. 

Durante a pandemia

A situación na que se atopaban os bancos de alimentos empeorou. Cada vez máis, as familias acudían aos enclaves de facilitación dos produtos de alimentación. Este feito derivou en que os bancos de alimentos chegaran ao punto de non ter existencias. A demanda dos produtos alimenticios elevouse, moitas persoas e familias quedáronse sen poder comer pola falta de existencias dos bancos de alimentos. 

En vista dunha situación sen precedentes no novo século, a Xunta de Galicia decidiu incrementar o investimento nun 50% aos bancos de alimentos. Con respecto ao exercicio pasado suporía unha amplificación dun 4,5% dirixido para o seguinte exercicio. Este apoio por parte da Xunta de Galicia supón un fondo de 125 millóns de euros para combater a erradicación da pobreza e a desnutrición, así como, a exclusión social.

En Galicia, o período da pandemia durante o ano 2020 foi moi duro para os cidadáns. Nas peores situacións é onde se mostra o verdadeiro valor das persoas. En provincias como Ourense, involucráronse coa problemática. José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense garantiu o seu apoio cos bancos de alimentos, en materia económica o loxística. Proxectos deste calibre serviron de gran axuda como medidas paliativas para combater unha cuestión con moito trasfondo.

Fonte: La Voz de Galicia

Hoxe en día… e perspectivas do futuro

Os tempos cambiaron desde o comezo da pandemia. Ó Goberno do país sempre se lle criticou por facer as cousas bastante mal e por non preocuparse por este tipo de situación. Pódense ver as afirmacións feitas incorrectamente, sobre o desmarque das autoridades cara ás iniciativas que loitaban contra “fame cero”. Este tipo de axudas sempre existiron. Ademais, viuse que os entes competentes non tiveron problema en aumentalas cando foi preciso, sempre preocupándose polo ben dos cidadáns.

Agora é unha época difícil, onde todas as engrenaxes deben virar para o mesmo lado. O apoio das autoridades é a peza necesaria para que todo o mecanismo poda funcionar da mellor maneira. Desta forma os colectivos que traballan en prol de solventar esta situación se sintan arroupados e protexidos polos corpos de Goberno.

Así mesmo, os gobernos tamén deberían sopesar se o apoio é a medida máis efectiva para finalizar co asunto. Os entes e corpos gobernamentais deberían centrarse na extirpación da raíz do problema. O feito máis racional, sería a procura dunha solución que dea un punto e final. Sobre todo, ante unha cuestión que afecta de forma considerable a un número cada vez maior de familias e persoas. 

Daniel Pereira (Coordinación y Difusión)

Carlos Ramírez (Actividades)

Diego Real (Edición)

Raúl Villamarín (Edición)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.