6. Auga limpa e saneamento

A agua libre de impurezas e accesible para todos é parte esencial do mundo no que queremos vivir. Hai suficiente auga doce no planeta para acadar este soño. Sen embargo, actualmente o reparto da auga non é o adecuado e para o ano 2050 espérase que polo menos un 25% da poboación mundial viva nun país afectado pola escaseza crónica e reiterada de auga doce. Esa escaseza de recursos hídricos, xunto coa mala calidade da auga e o saneamento inadecuado repercuten na seguridade alimentaria, os medios de subsistencia e a oportunidade de educación para as familias pobres en todo o mundo.

 

Máis información: https://www.un.org/sustainabledevelopment/es/water-and-sanitation/