Ola a todos e a todas! Somos un grupo de alumnos e alumnas de 2º de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela. Neste blog trataremos o ODS (Obxectivo de Desenvolvemento Sostible) número 14, da vida submarina.
Estes somos nós, de esquerda a dereita Irene Carril Iglesias (edición), Eva Fernández Prieto (coordinación), Laura Fernández Alonso (actividades) e Iago Castro Gaspar (difusión).

Ó longo do cuadrimestre enfocarémonos nunha das metas do obxectivo 14, a redución da contaminación submarina. Os océanos e os ríos conteñen a gran maioría da auga do planeta. As augas salgadas (os océanos) son o 97% das augas e o restante 3% son augas doces, entre as que están os ríos.
Por ese motivo o coidado das mesmas é importante para a vida humana e a dos ecosistemas mariños e terrestres. En gran medida as causas da súa contaminación son de orixe doméstica, agrícola, gandeira e industrial, aínda que unha parte débese á propia natureza.
No noso traballo trataremos os casos de contaminación nos ríos das nosas respectivas localidades de orixe: río Lamas (A Fonsagrada), río Ulla (Teo), río Sar (Santiago de Compostela) e río Lagares (Vigo). Outro aspecto do que falaremos é a polución no mar galego, que en moitas ocasións provén dos ríos.
Para esta investigación contaremos con persoal das administracións locais deses concellos, as institucións máis próximas ós ríos. Tamén con asociacións que velan pola súa protección e encárganse da súa limpeza. Ademais, falaremos con algúns veciños das zonas, que xogan un papel importante neste ODS. No caso do mar, tamén estarán presentes asociacións e persoas que traballan nel. Alén de contar cos diferentes actores locais, revisaremos documentación científica e artigos publicados sobre este tema.
Por tanto, animámosvos a seguirnos neste percorrido no que aprenderemos e descubriremos moitos aspectos sobre os ríos e os mares de Galicia.
Glosario
- Contaminación mariña: é o resultado da contaminación dos océanos, cando están presentes nel substancias nocivas. Anos atrás a poboación cría que a gran cantidade de auga dos océanos tiña a capacidade de absorver todo o que se vertera nel. Pero realmente non é así, xa que no mar acumúlanse os contaminantes vertidos durante moito tempo.
Fonte: García-Astillero, A. (2019, 11 abril). Contaminación marina: causas y consecuencias. ecologiaverde.com. https://www.ecologiaverde.com/contaminacion-marina-causas-y-consecuencias-1518.html
- Contaminación hídrica: é a presenza de compoñentes químicos ou doutra natureza nunha densidade superior á natural. Pola existencia de microbios, metais pesados, sedimentos, microorganismos ou substancias químicas, a calidade da auga está alterada e pode ter efectos daniños para o ser humano.
Fonte: ¿Qué es la contaminación del agua? (2020, 6 octubre). iAgua. https://www.iagua.es/respuestas/que-es-contaminacion-agua
- Desenvolvemente sostible: é a satisfacción das necesidades da xeración presente sen comprometer a capacidade das xeracións futuras para satisfacer as súas propias necesidades. É o principio rector para o desenvolvemento mundial a longo prazo. O desenvolvemento sostible quere conseguir o desenvolvemento económico, o desenvolvemento social e a protección do medio ambiente.
Fonte: Presidente de la Asamblea General de las Naciones Unidas. (s. f.). http://www.un.org. https://www.un.org/es/ga/president/65/issues/sustdev.shtml
- Saneamento da auga: consiste en métodos e medios para recoller e eliminar as excretas e as augas residuais dunha colectividade de maneira hixiénica para non poñer en perigo a saúde das persoas e da comunidade no seu conxunto.
Fonte: Diccionario de Acción Humanitaria. (s. f.). http://www.dicc.hegoa.ehu.eus. https://www.dicc.hegoa.ehu.eus/listar/mostrar/8
- Biodiversidade mariña: é a variedade inmensa de seres vivos microscópicos e macroscópicas que habitan nos mares e océanos do planeta. Toda a flora e fauna que conforman os ecosistemas conformados ó longo de catro millóns de anos de evolución da Terra, que comenzou nos mares.
Fonte: Carolina, M. (2021, 3 febrero). Biodiversidad Marina: [Concepto, Ubicación, Organismos, Beneficios y Preservación]. EnergiaToday. https://energiatoday.com/biodiversidad/marina/
- Dereito ambiental: é o conxunto de normas xurídicas que regulan os comportamentos humanos que poden alterar directa ou indirectamente o medio ambiente e que teñen por obxecto previr e remediar as perturbacións que alteran o seu equilibrio.
Fonte: Derecho ambiental | Diccionario Cear. (s. f.). diccionario.cear. https://diccionario.cear-euskadi.org/derecho-ambiental/
- EDAR (Estacións Depuradoras de Augas Residuais): é a instalación ou conxunto de estruturas en que, a través de distintas tecnoloxías, trátanse as augas residuais a fin de conseguir unha auga con mellores características de calidade e cantidade, tomando como base certos parámetros normalizados.
Fonte: Real Academia Española – RAE. (2020). estación depuradora de aguas residuales (EDAR). Diccionario panhispánico del español jurídico – Real Academia Española. https://dpej.rae.es/lema/estaci%C3%B3n-depuradora-de-aguas-residuales-edar
- Proxecto Ríos: é un programa de educación e voluntariado ambiental que basea o seu labor na importancia da educación ambiental para dar a coñecer os sistemas acuáticos, a constancia do traballo co voluntariado ambiental e o fomento da participación cidadá para unha sociedade máis sensibilizada para mellorar os ecosistemas.
Fonte: Que é o Proxecto Ríos – Proxecto Ríos. (s. f.). proxectorios.org. http://proxectorios.org/que-facemos/
- Concienciación ambiental: é o coñecemento que o ser humano ten do entorno que lle rodea para coidalo. As actividades de concienciación ambiental tenden a ser dinámicas e intentan facer que os individuos sexan conscientes da problemática ambiental existente, así como das interaccións entre o medio ambiente e o ser humano.
Fonte: AEC – Concienciacion ambiental. (s. f.). http://www.aec.es. https://www.aec.es/web/guest/centro-conocimiento/concienciacion-ambiental
- Protección das augas: a Directiva marco sobre a auga (DMA) establece un marco xurídico para protexer e rexentar a agua limpa na Unión Europea e para garantir a súa utilización sostible a longo prazo. Está completada pola lexislación máis específica, por exemplo, as directivas sobre agua potable, aguas de baño ou sobre inundacións e a Directiva marco sobre a estratexia mariña, así como por acordos internacionais.
Fonte: Parlamento Europeo. (2021, enero). La protección y la gestión de las aguas | Fichas temáticas sobre la Unión Europea | Parlamento Europeo. https://www.europarl.europa.eu/. https://www.europarl.europa.eu/factsheets/es/sheet/74/la-proteccion-y-la-gestion-de-las-aguas
Publicacións
A contaminación da acción humana: río Lamas
Río Lamas. Fonte: IES Fontem Albei. Grupo S1C A contaminación hídrica é un dos temas presentes nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas. O saneamento da auga é fundamental para a boa saúde dunha sociedade, dende as máis pequenas ata o conxunto da humanidade. Comezamos o noso percorrido investigando a comarca da Fonsagrada, centrándonos… Seguir lendo A contaminación da acción humana: río Lamas
A contaminación nos ríos Ulla e Sar: unha situación decente e outra preocupante
Grupo S1C A contaminación hídrica é un problema xeralizado nos ríos de Galicia. Para coñecer de primeira man este problema nos ríos Ulla e Sar, dous dos máis coñecidos de Galicia, falamos con varias persoas e institucións involucradas co seu coidado. Estes ríos están relacionados, xa que o Sar é un afluente do Ulla. Aínda así,… Seguir lendo A contaminación nos ríos Ulla e Sar: unha situación decente e outra preocupante
O río Lagares: os efectos dunha gran cidade no medio ambiente
Río Lagares ao seu paso pola Avenida de Madrid. Fonte: elaboración propia. Grupo S1C “Non pode ser que se dea o río Lagares por un caso perdido, aceptar que sexa o sumidoiro da cidade e normalizar o seu estado deficiente perenne”, sentenza Miguel Leirós, da delegación de ADEGA en Vigo. O río Lagares, denominado antigamente… Seguir lendo O río Lagares: os efectos dunha gran cidade no medio ambiente
“Temos información que queremos transmitir á sociedade para que coidemos o mar, porque se non imos por mal camiño”
Praia da localidade pontevedresa de Baiona. Fotografía: elaboración propia. Grupo S1C “As rías galegas son ecosistemas privilexiados e moi ricos, xeran moitos recursos naturais, manteñen unhas poboacións numerosas e tamén podemos pasear pola súa ribeira para o noso benestar físico e mental. Polo tanto non as debemos maltratar, porque a nosa experiencia é que maltratamos… Seguir lendo “Temos información que queremos transmitir á sociedade para que coidemos o mar, porque se non imos por mal camiño”
A limpeza dos ríos e mares: unha prioridade para tod@s
Limpeza da Praia de Broña, Serra de Outes. Fotografía: Mar de Fábula. Grupo S1C Chegamos ao final do curso hídrico polos ríos e mares de Galicia. Durante cinco publicacións a través de axentes implicados coñecemos os problemas presentes no río Lamas (comarca da Fonsagrada), no río Ulla (transcorre polas provincias de Lugo, A Coruña e… Seguir lendo A limpeza dos ríos e mares: unha prioridade para tod@s