Accesibilidade

Ascensor de Triacastela, que conecta a rúa dos Concheiros coa avda. de Lugo
“Morbo e publicidade. No tema da discapacidade sempre sae
‘o pobriño que non pode saír da súa casa’ e non se poñen a comentar, en realidade, a problemática que supón que unha persoa non poida saír da súa casa para ir a X sitio”. María Jesús Pérez

Librería na rúa do Vilar
“Non debería haber ningún chanzo, a chamada cota cero”. Ánxela López

Pulsador demasiado elevado na rúa da Senra
“En xeral, facer calquera xestión aquí é unha odisea”. Ana Balboa

Praza adaptada na rúa Doutor Teixeiro
“Como cumpren a normativa de accesibilidade é como pelexarse cun muro”. Ánxela López
 
Rúa Virxe da Cerca
“Se para unha persoa que ten dificultades é valido, para quen non as teñen tamén”. Suso Vilariño

Entrada do Padrón Municipal
“Ese pequeno chanzo pode facilitar que ocorra algún accidente porque se vas distraído e tropezas, podes caer da cadeira de rodas”. Ana Balboa

Rúa Dublín
“Teríanos que preocupar como cidadáns a accesibilidade universal. Estamos a falar de sinais e sinalizacións pensando en global, nas dificultades que poida ter a xente, pensando en favorecer a accesibilidade das persoas. Ao fin e ao cabo, veriámonos beneficiados absolutamente todas se a accesibilidade existise”. Coro González
Praza de Galicia
“Vai en contra da liberdade, en contra da autonomía e do empoderamento das persoas” [sobre a necesidade de que as persoas con mobilidade reducida leven un acompañante]. Ánxela López

A Cidade da Cultura é un bo exemplo de accesibilidade adecuada, tanto no recinto como nos propios edificios

Rúa Xeneral Pardiñas
“As terrazas son un obstáculo, ocupan toda a beirarrúa”. Suso Vilariño

Avenida de Vilagarcía
“Ás veces, o mobiliario nas paradas e beirarrúas impide o tránsito das persoas en cadeira de rodas”. Ana Balboa

Barrio de San Pedro
“Aquí temos menor accesibilidade e maior prezo” [comparando Santiago con outras cidades galegas como Vigo]. Ánxela López