O observatorio

O Observatorio Cidadán da Comunicación é unha ferramenta que permite escrutar a actividade dos medios de comunicación, por parte da cidadanía e da Academia, de forma continuada. A través da observación e a análise dos contidos producidos e das formas expresivas, o Observatorio estudará cómo se representan aos grupos de atención social prioritaria nos nosos medios, e se os medios respetan os dereitos destes colectivos. O Observatorio sosterase sobre dous piares básicos:

1. Círculos de lectura crítica

Conformaranse, coa colaboración das organizacións sociais, veciñais e institucións educativas, círculos de lectura crítica, conformados por entre 3 e 6 cidadáns que formen parte dos grupos de atención social prioritaria. As principais funcións dos círculos serán:

– Observar, no seu consumo mediático habitual, como os medios informan sobre os grupos de atención social prioritaria. 

– Os cidadáns que formen parte dos círculos de lectura crítica, reuniranse unha vez ao mes. Nesa reunión presencial porán en común os problemas e vulneracións que detectaron xa non só no seu consumo habitual de medios, senón tamén na súa comunicación interpersoal.

– De ditas reunións sairán informes, nos que os cidadáns plasmarán o compartido e debatido nos círculos de lectura crítica. Ditos informes publicaranse no blogue, de cara a darlle difusión ao traballo dos círculos entre toda a sociedade galega.

– Xerar novos indicadores. Os ítems que conforman o Índice de Vulnerabilidade foron deseñados e pactados por persoas que traballan cos catro grupos de atención social prioritaria nos que focaliza o seu traballo o proxecto CIDEC. 

2. Grupo de investigación

De cara a coordinar, organizar e dinamizar a labor do Observatorio, haberá un grupo de investigadores ligados ao mesmo, cuxas funcións serán:

– Por en marcha os círculos de lectura crítica, dotar aos cidadáns que formen parte dos mesmos das ferramentas e coñecementos necesarios para analizar os medios e servir de apoio a ditos círculos.

– Observar as informacións publicadas polos medios, detectando posibles vulneracións.

– Atender denuncias que proveñan tanto dos círculos de lectura crítica, das organizacións sociais ou do resto da sociedade galega. 

– Elaborar informes sobre a vulneración dos dereitos nos medios. A través da aplicación do Índice de Vulnerabilidade deseñado polos investigadores.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s