O futuro das ONGDs

ABELENDA CAMBÓN E COUTO GARCÍA

Biblioteca Ánxel Casal

Aínda que popularmente se pense que a cooperación internacional consiste en ir a países en vías de desenvolvemento que precisen axuda, Judith Lucachesky, de Manos Unidas, cóntanos: “A nosa organización nunca traballou desa maneira, é dicir, nunca fomos intervencionistas. Os proxectos eran suxeridos e promovidos dende os países en desenvolvemento, nós nunca estabamos alí”. Seguir lendo “O futuro das ONGDs”

A profesionalización e os seus niveis nas ONGDs

ÁLVAREZ MORENO, CONDE ROMÁN E DIEGO FERREIRA

Biblioteca Ánxel Casal

No noso anterior post, falabamos da importancia do voluntariado como eixo motriz de toda organización non gobernamental sen ánimo de lucro. En busca do desenvolvemento da comunidade, estas ONGDs traballan non só con voluntarios, senón tamén con técnicos especializados no sector. Seguir lendo “A profesionalización e os seus niveis nas ONGDs”

Ficha S1C Comunicación e Desenvolvemento

Presentación Boas! Somos, de esquerda a dereita, Ainoa Álvarez Moreno (coordinadora do grupo e responsable do deseño), Carla Conde Román (responsable de axenda e arquivos), Jose Manuel Diego Ferreira (encargado da difusión), Inés Abelenda Cambón (responsable de acción e diálogo) e Paula Couto García (encargada da edición). O noso propósito é dar a coñecer a labor das ONGDs, unha rama específica das organizacións sen ánimo … Seguir lendo Ficha S1C Comunicación e Desenvolvemento

As profundidades do voluntariado

ABELENDA CAMBÓN E COUTO GARCÍA

Centro Sociocultural O Ensanche

“Na nosa organización non aumentou o número de voluntarios”. Judith Lucachesky, delegada de Manos Unidas nega notar un aumento do voluntariado   (5 de decembro de 2017, La Voz de Galicianos últimos anos e afirma: “A cantidade de voluntarios mantense máis ou menos constante sempre”. Leticia Carrera, tesoureira de Seteportas Altair,  opina o mesmo e engade: “Eu teño a percepción de que cada vez hai menos implicación, a xente non ten tempo”. 

Seguir lendo “As profundidades do voluntariado”

As ONGDs tamén viven da súa imaxe

DIEGO FERREIRA

Centro Sociocultural O Ensanche

Conseguir unha subvención hoxe en día é unha tarefa sumamente dificultosa”, afirmou Judith Lucachesky, delegada da ONGD Manos Unidas en Santiago de Compostela, mentres comentabamos algunhas novas sobre a diminución dos presupostos das ONGDs en Galicia. Apuntaba ademais que o presuposto é baixo e que na súa organización levan dous anos sen contar con ningunha axuda: nin por parte da Xunta de Galicia nin do Concello de Santiago.

Seguir lendo “As ONGDs tamén viven da súa imaxe”

Mergullándonos nas ONGDs

ÁLVAREZ MORENO  E CONDE ROMÁN

Centro Sociocultural O Ensanche

Judith Lucachesky, delegada da ONGD Manos Unidas en Santiago de Compostela, deixouno claro: “Unha ONGD traballa para a promoción, a axuda e o desenvolvemento daqueles pobos que agora viven nunha situación desfavorecida ou que se atopan en vías de desenvolvemento, os chamados países do terceiro mundo”. Seguir lendo “Mergullándonos nas ONGDs”