O impacto global do mundo vegano

Hoxe queremos compartir con vós a nosa derradeira actividade. Ó longo das semanas fómonos adentrando no mundo vegano/vexetariano e nas súas diferentes vertentes até chegar a esta análise global que vos amosamos. Os contidos que podedes ver a continuación, forman parte dunha campaña informativa que pretende plantexar esta tendencia como un impacto global que afecta á saúde, ó medioambiente e á economía. Despois destas semanas … Seguir lendo O impacto global do mundo vegano

O día a día dunha familia vegana

As protagonistas da publicación desta semana son Rocío, Pablo, Antía e Navia, unha familia totalmente vegana, que nos contará cales son as dificultades coas que se atopa no seu día a día. Rocío comezou a practicar o vexetarianismo cando aínda estaba na universidade. Dende hai cinco anos, tanto ela como Pablo decidiron pasarse ó veganismo. Antes de concebir ás súas fillas, xa tiñan claro que … Seguir lendo O día a día dunha familia vegana

Entrevista á pediatra vexetariana Miriam Martínez

A nosa segunda protagonista das expertas en dietas e alimentacións vexetarianas e veganas que traemos ó Observatorio é Miriam Martínez Biarge. Miriam é unha médico pediatra madrileña que ademais de trabllar como neonatóloga, se adica á divulgación de información relativa ás alimentacións veganas e vexetarianas entre os máis pequenos. Forma parte do Comité Asesor do Grupo de Profesionais Veganos de Reino Unido, unha organización de … Seguir lendo Entrevista á pediatra vexetariana Miriam Martínez

Entrevista á nutricionista Susana Rodríguez

Esta semana traemos ó Observatorio a opinión dunha das dúas expertas en relación as dietas e alimentacións vexetarianas e veganas que traeremos. Contamos coa visión de Susana Rodríguez Costa. Susana Rodríguez  estudou o Ciclo de Grao Superior de Dietética, e descubriu que a nutricición era a súa paixón, o que a levou a graduarse en Nutrición Humana e Dietética. Pero a súa formación non rematou … Seguir lendo Entrevista á nutricionista Susana Rodríguez

Descubrindo iniciativas veganas

As dietas vexetarianas e veganas conseguiron cativar a un gran número de persoas, que cambiaron os seus hábitos alimenticios polos alimentos apropiados de cada réxime. Moitas vexetarianas e veganas tiveron que pedir axuda a especialistas, para así conseguir as vitaminas adaptadas a cada unha delas. Non obstante, non todo o mundo pode permitirse pagar os servizos dalgún profesional, nin tampouco os médicos poden resolver todas … Seguir lendo Descubrindo iniciativas veganas

Disección do vexetarianismo

Na actualidade o vexetarianismo está instaurado na nosa sociedade pero, realmente coñecémolo ben? Que é? Cales son as súas orixes? Cales son os distintos tipos? Cales son as reclamacións deste colectivo? Neste artigo imos tentar resumir todas estas cuestións para dar un primeiro paso no noso camiño de investigación e información do mundo vexetariano. QUE É O VEXETARIANISMO? Como ben explicamos na nosa presentación e … Seguir lendo Disección do vexetarianismo

Saúde e alimentación

Boas! Somos o grupo encargado de  investigar e desenvolver o modelo das novas tendencias alimenticias e as súas consecuencias na saúde. Os integrantes deste grupo somos (de esquerda a dereita):  Sabela Freire López (Difusión nas redes sociais), Xavier Collazo Iglesias (Actividades), Sara Fernández Varela (Axenda e Calendario), Daniel Cortiñas Laíño (Edición e Coordinación) e Paula Mª Currás Vázquez (Documentación). Ó longo do noso traballo, pretendemos … Seguir lendo Saúde e alimentación