Aínda queda un largo camiño por percorrer

Hoxe presentamos un vídeo a modo de resumo de todo o traballo realizado ao longo do cadrimestre. A nosa intención dende o comezo do proxecto foi amosar as desigualdades de xénero centrándonos no ámbito educativo, así como dar visibilidade a mulleres que, ao longo da historia, non tiveron a oportunidade de ter recoñecido o seu labor polo simple feito de ser mulleres. Tamén intentamos facer … Seguir lendo Aínda queda un largo camiño por percorrer

“O máis necesario é a coeducación”

O día 23 de abril, realizamos un faladoiro ou debate con catro colaboradores coa intención de que compartisen as súas respectivas visións ou opinións en canto a diversas cuestións de xénero. Por motivo das circunstancias sociais actuais o encontro tivo que realizarse por vía Skype. Os participantes do denominado ‘círculo’ foron: Jorge García Marín, profesor na Facultade de Ciencias da Educación na USC; Noa Díaz … Seguir lendo “O máis necesario é a coeducación”

Aclarando conceptos

Na búsqueda da concienciación das persoas en canto as cuestións de xénero, traemos tres conceptos necesarios para entender o punto no que nos encontramos como sociedade. Falamos de “igualdade“, “equidade” e “teito de cristal“. Os dous primeiros, igualdade e equidade, poden dar lugar a dúbidas xa que moita xente ou ben os confunde ou non ten claro o seu significado. Por estas razóns vemos conveniente … Seguir lendo Aclarando conceptos

Ilustrar para concienciar

Esta semana tivemos o placer de contactar coa artista e ilustradora adelaxd, quen nos prestou varias das súas ilustracións. A continuación amosamos dúas moi significativas. O pasado martes 10 de marzo publicamos nas redes unha ilustración desta artista. Na ilustración aparece unha personaxe que se tropeza cun salente do chan, e vai acompañada da frase ‘Se non ves o problema, o problema non ten solución’. … Seguir lendo Ilustrar para concienciar

Carteis para a xornada do 8M

Este pasado domingo 8 de marzo celebrouse en países de todo o mundo a xornada do 8M, en conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora. Trátase dunha xornada que se ven celebrando todos os anos, pero que nos últimos tempos gañou moita presenza e recoñecemento. Coa intención de loitar e contribuir á igualdade de xénero, e seguindo os nosos obxectivos de dar a coñecer a … Seguir lendo Carteis para a xornada do 8M

Xénero e educación

Ola! somos -de arriba a abaixo e de esquerda a dereita- Diego Álvarez (Edición- coordinación), Pablo Chao (Actividades), Nagore Acuña (difusión), Silvia Caeiro (axenda e calendario) e María Abril (documentación). A ODS que desenvolveremos o longo deste cuadrimestre será a de Igualdade de Xénero, enfocando esta cuestión cara o ámbito educativo. Co noso traballo no observatorio pretendemos visibilizar como as mulleres se ven discriminadas cando … Seguir lendo Xénero e educación