Broche final: actividades sobre vivenda para refrescar a memoria

Finalizamos a nosa andadura neste blog cun post dedicado a ti. Durante estas semanas estivemos traballando na proposta O dereito á vivenda é alugar infraestruturas dignas. Publicamos as experiencias desagrables que sufriron estudantes cos seus pisos de Santiago de Compostela, realizamos un círculo de lectura crítica no que se trataron temas moi variados e tamén abordamos a situación na que se atopan os habitantes de … Seguir lendo Broche final: actividades sobre vivenda para refrescar a memoria

Cando entrar nunha residencia pública é unha lotaría

A ‘experiencia residencia’ da que falabamos pode tornarse para as estudantes nunha sorte de azar, pois as prazas no sistema público de vivenda son ínfimas se as comparamos coa demanda que anotan. Por ende, moitos alumnos rematan nas residencias privadas, dando froito a esta “rivalidade” entre “a privada” e “a pública”.  Hai argumentos para decantarse pola unha ou pola outra (ou por ningunha), mais do … Seguir lendo Cando entrar nunha residencia pública é unha lotaría

Carreira de obstáculos para vivir a ‘experiencia residencia’

Para os estudantes, atopar vivenda nunca foi algo sinxelo. Xa coñecemos o drama que ano tras ano protagonizan inquilinos e caseiros, pero o das residencias non se queda atrás. Os que elixen esta segunda opción, tópanse de fronte coa eterna dicotomía que separa “a privada” e “a pública”.  Hai argumentos para decantarse pola unha ou pola outra (ou por ningunha), mais do que podemos estar … Seguir lendo Carreira de obstáculos para vivir a ‘experiencia residencia’

Sagrario Fernández, traballadora social: «A vivenda converteuse no principal factor de exclusión humana»

A traballadora social do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), Sagrario Fernández Méndez, redacta unha columna para o Observatorio na que expón a súa visión da vivenda digna coma dereito humano e fala do risco de exclusión social que desampara ás familias no marco da COVID-19. Se non hai vivenda, se non hai vivenda digna, as persoas non podemos desenvolver as nosas capacidades porque algo, un … Seguir lendo Sagrario Fernández, traballadora social: «A vivenda converteuse no principal factor de exclusión humana»

Navia Rivas, concelleira do BNG: «O modelo de turismo baleira de contido cultural a Cidade Histórica»

A concelleira nº2 do Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Santiago de Compostela, Navia Rivas de Castro, asina esta columna en exclusiva para o Observatorio, na que aporta que cambios debe adoptar a cidade no seu modelo de turismo e vivenda para mellorar as condicións de vida da comunidade estudantil. A situación da vivenda en Santiago de Compostela é, desde hai un tempo, unha das maiores … Seguir lendo Navia Rivas, concelleira do BNG: «O modelo de turismo baleira de contido cultural a Cidade Histórica»

Coronavirus, co-living e taxas turísticas: continúa a conversa cos colaboradores

Benvidos de novo! Na anterior publicación falamos das opinións vertidas polos nosos colaboradores achega das dificultades do aluguer estudantil en Santiago de Compostela, que se poderían ver severamente acentuadas pola chegada do Ano Santo Xacobeo. Hoxe continuamos coa última parte deste coloquio, no que participaron: Navia Rivas, concelleira do BNG en Santiago; Carmen Antón, estudante afectada; Carlos Debasa, presidente de AGALIN (Asociación Galega de Inmobiliarias); … Seguir lendo Coronavirus, co-living e taxas turísticas: continúa a conversa cos colaboradores

Ano Santo para uns, precariedade para outros

Unha das preguntas que máis se plantexa nos últimos días é se Santiago de Compostela está preparada para aloxar a tódolos viaxeiros que chegarán á cidade por mor do aluvión turístico do Ano Santo. As predicións indican que o Xacobeo vai disparar o prezo dos alugueiros e reducir a oferta de vivenda, en detrimento das estudantes que procuren un fogar na capital galega.  A continuación, … Seguir lendo Ano Santo para uns, precariedade para outros

Vivenda digna? Estudantes en pisos de alugueiro en Santiago cóntannos os seus casos

Benvidos de novo! Esta é a segunda parte da nosa nova publicación, onde damos resposta á pregunta de como viven os estudantes na nosa cidade e outras preguntas que fixemos a varios estudantes sobre o estado dos pisos nos que residen durante o curso escolar: Caseiros problemáticos? Prezos abusivos? Vivenda digna? Os estudantes falaron e as respostas son variadas. ADVERTENCIA: máis abaixo inclúense imaxes que … Seguir lendo Vivenda digna? Estudantes en pisos de alugueiro en Santiago cóntannos os seus casos

Así viven os estudantes nos pisos de alugueiro de Santiago de Compostela

Se algunha vez te fixeches esta pregunta, estás no lugar axeitado. Nesta nova publicación damos resposta a esta e outras preguntas que fixemos a varios estudantes sobre o estado dos pisos nos que residen durante o curso escolar: Caseiros problemáticos? Prezos abusivos? Vivenda digna? Os estudantes falaron e as respostas son variadas. Hai quen se atopou con moreas de trabas tendo que xestionar por primeira … Seguir lendo Así viven os estudantes nos pisos de alugueiro de Santiago de Compostela