Colaboración: Non se pode pretender arranxar a situación machista dende só un ámbito

Rebeca Chaves Pérez, estudante de filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, fala hoxe no OCC. Unha vez vista a nosa participación e a dos nosos compañeiros no blogue, decidiu colaborar con nós debido a que a presencia e o tratamento dos medios ás mulleres aféctalle, como muller, en primeira persoa. Desta maneira, non quixo quedarse de brazos cruzados e, como ela di: “Quero facer coma vós e darlle voz a quenes non a teñen“. De seguido, a súa colaboración con nós no blogue. Seguir lendo “Colaboración: Non se pode pretender arranxar a situación machista dende só un ámbito”

Advertisements

A Muller Traballadora nos medios de comunicación

O pasado martes tivemos a oportunidade de reunirnos coas xornalistas Iolanda Casal e Montse Dopico, acompañadas de Gonzalo Brocos e Nicolás Navaza. A situación laboral no xornalismo foi o tema vertebrador da nosa conversa. Contáronnos as súas historias de vida, a situación na que se atopan actualmente e a visión persoal que teñen do porvir da profesión. Seguir lendo “A Muller Traballadora nos medios de comunicación”

A precariedade laboral nos medios de comunicación

Que é a precariedade laboral?

A precariedade laboral defínese como a situación que viven os traballadores que sofren unhas condicións de traballo por debaixo do límite considerado como normal. Incide especialmente cando os ingresos económicos que se perciben polo traballo non cobren as necesidades básicas dunha persoa. Seguir lendo “A precariedade laboral nos medios de comunicación”