Xornalistas Galegas denuncia a discriminación das voces femininas como referentes de opinión nos medios de comunicación

XORNALISTAS GALEGAS

O colectivo solicita aos responsables das empresas informativas máis espazos para a muller nas seccións de Opinión logo de comprobar que durante o mes de abril a representación feminina nos xornais dominicais galegos situouse só no 17%

A asociación analizou as páxinas de opinión dos medios en papel durante os catro domingos dos mes pasado rexistrando 201 artigos de opinión, dos que 167 estaban asinados por homes e só 34 por mulleres

Seguir lendo “Xornalistas Galegas denuncia a discriminación das voces femininas como referentes de opinión nos medios de comunicación”

Á procura da veracidade

Día tras día lemos, escoitamos e vemos información. Os diferentes medios de comunicación que empregamos para estar ao día tratan o que eles chaman noticias. Acontecementos que pola súa importancia para a sociedade son trasladados ao público, á cidadanía. Porén, moitas veces non nos decatamos de se a información proporcionada está ben tratada, se un tema é tabú nese medio ou se tan só limítase … Seguir lendo Á procura da veracidade

Canto custa un emprego no xornalismo?

S1B

A precariedade ao longo da vida laboral é un tema do que existe unha conciencia xeral, mais a miúdo o único tratamento que recibe este tema é a través de charlas triviais, mesmo queda apartado dunha hipotética imaxe do futuro. Tamén é un tema coñecido de forma superficial por unha boa parte do alumnado cando decide matricularse neste grao. Seguir lendo “Canto custa un emprego no xornalismo?”

As ONGDs: unhas grandes descoñecidas

S1C

Imos desenvolver diferentes puntos ao longo das reunións programadas co círculo. En primeiro lugar, falaremos do papel das ONGDs na sociedade actual e as tarefas que desenvolven. Buscamos indagar no tratamento destas organizacións nos medios e facer unha pequena análise das súas estratexias de comunicación. Outro dos aspectos importantes a tratar é a súa financiación, moi ligada á concienciación, transparencia e implicación da cidadanía nas problemáticas que afrontan. Ademais de todos estes obxectivos, queremos estudar a relación do noso tema co terceiro sector e a súa relevancia no panorama actual.

Seguir lendo “As ONGDs: unhas grandes descoñecidas”

Colectivo LGTBI e medios, unha relación tensa?

S1A

O colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais), sendo un dos grupos sociais máis fortes, segue a sufrir en ocasións un trato discriminatorio. Os medios de comunicación  funcionan como unha fonte de coñecemento para a cidadanía, e adoitan contribuír á integración do colectivo. Porén, ás veces os xornalistas máis alá de axudar o único que fan é prexudicar mediante a banalización da súa situación, a un grupo social que agora atopa novas dificultades.

Seguir lendo “Colectivo LGTBI e medios, unha relación tensa?”

Dando voz aos Medios Comunitarios

S2A

A comunicación é un dereito, e os medios comunitarios participan neste exercicio de comunicar á cidadanía, pero dun xeito moi diferente ós medios convencionais ou masivos. Coa nosa proposta sobre medios comunitarios, alternativos e populares queremos  difundir o papel actual que teñen na nosa sociedade, e en adición,  remarcar o que son e o seu funcionamento á cidadanía. Ademais, pretendemos coñecer a  súa opinión con respecto ós medios de comunicación de masas e o tratamento informativo imperante. Seguir lendo “Dando voz aos Medios Comunitarios”

A mobilidade en Santiago: carreira de obstáculos

TOUCEDA ANELLO

Abordaremos a temática da mobilidade en Compostela dende tres puntos de vista: a accesibilidade, o transporte urbano e os problemas do tráfico. Coas nosas achegas pretendemos amosar as carencias da vía publica e as dificultades que estas supoñen para os cidadáns na súa vida cotiá. Asemade, buscamos dar a coñecer os obstáculos aos que certos colectivos teñen que enfrontarse polo mal estado da mesma.

Seguir lendo “A mobilidade en Santiago: carreira de obstáculos”

Luces, cámara… inclusión!

S3D

Como xa explicamos na entrada de presentación, o asunto no que queremos afondar nos próximos meses é o “audiovisual participativo”. Tamén se coñece como “audiovisual reivindicativo”, xa que os grupos que se dedican a isto céntranse en temas apenas tratados na prensa. Estes equipos de traballo pretenden dar visibilidade a aqueles conxuntos máis descoñecidos ou desfavorecidos da sociedade, así como mostrar os conflitos sociais que nos rodean e que parecemos querer esquivar.

Seguir lendo “Luces, cámara… inclusión!”