A precariedade no xornalismo: un problema de todos

S1B Foron tres meses de duro traballo arredor dun tema non precisamente doce:  a precariedade presente na profesión que, en principio, nós mesmos escollemos. Se ben o marco xeral dos problemas tratados xa estaba presente en apuntamentos e lecturas coñecidas, foi a relación directa cos membros do círculo a parte do proxecto que lle achegou verdadeiro valor a este. Non é o mesmo lelo que … Seguir lendo A precariedade no xornalismo: un problema de todos

“Pode que a universidade deba reducir o número de prazas para tentar solucionar a precariedade”

GRANDÍO COLINO

A situación precaria do xornalismo xa non é un segredo para ninguén. O que parece que aínda non damos atopado é unha causa concreta para a mesma. Lonxe de culpar ás crises económica e política, quizais deberiamos pensar se nós, como xornalistas, tamén somos responsables. Falamos con Xaime Leiro, coordinador do Correo Gallego, para descubrir onde reside o problema concretamente, se hai algo que corrixir na formación que reciben os novos xornalistas ou se o que falta é, simplemente, vocación.

Seguir lendo ““Pode que a universidade deba reducir o número de prazas para tentar solucionar a precariedade””

Prendan o xornalismo!

ALCAYDE DANS A eucaliptización mediática anda a desecar o oficio máis fermoso do mundo. Isto de aquí podería ser un titular dunha crónica debedora do realismo máxico máis biolóxico. O eucaliptal mediático é un lugar onde se reproduce coma agresiva pandemia a mesma voz desecante da conformidade cotiá. Iso, a conformidade cotiá, é un dos primeiros síntomas de que a árbore predadora do xornalismo empobrecido … Seguir lendo Prendan o xornalismo!

#gratisnotrabajo

CODESIDO CENTOIRA Naceu, como non podía ser doutro xeito, no 2011. Coa crise económica alcanzando o seu punto álxido, as ofertas de emprego actuaron de fiel reflexo tocando fondos difíciles de imaxinar ata entón. Traballar gratis. Ou case. 75 céntimos de euro por cada artigo de 800 caracteres. Esa foi a proposta que recibiu a Azahara Cano por parte dunha empresa de regalos de boda. … Seguir lendo #gratisnotrabajo

A realidade das mulleres nos medios de comunicación

VILLAVERDE BASTEIRO

O pasado oito de maio, miles de mulleres xornalistas secundaban a folga feminista e uníanse na lectura dun manifesto lanzado días antes coas reivindicacións das profesionais dos medios de comunicación. Entre as denuncias destacaban a brecha salarial, a dificultade de acceso aos postos de poder e o acoso sexual e laboral. Todo isto nunha profesión altamente feminizada, pero na que non se reflicte a representación das mulleres nos postos de responsabilidade. Sobre esta situación Seguir lendo “A realidade das mulleres nos medios de comunicación”

La crisis del periodismo y la crisis de la democracia

DOMINGO CARRUÉBANO

El periodismo está viviendo, en estos momentos, una de las mayores crisis de modelo en su historia. Esta situación viene afectando, sobre todo, a los medios tradicionales, que han ido perdiendo su puesto en la sociedad, cediéndolo de esta manera a las nuevas tecnologías y a la innovación que, actualmente, está sufriendo dicho oficio. Precisamente por este hecho, el término ‘crisis’ debería ser entendido como un cambio, y no como una decadencia. Si bien es cierto que los datos ofrecidos en los informes de cuentas de Seguir lendo “La crisis del periodismo y la crisis de la democracia”

A necesidade de repensar o sistema de financiamento dos medios online

CODESIDO CENTOIRA

14 euros. É o que costa, ao mes, a tarifa premium de Netflix. Con ela, un usuario pode reproducir miles de contidos en HD simultaneamente dende varios dispositivos. En 2017, o número de abonados a este soporte chegou á cifra dun millón: cada vez son menos os que deciden descargar contidos pirateados. A edición dixital de El País custa, tamén ao mes, algo menos: 12€. Porén, tan só o 9% dos lectores online paga polo que le.

Seguir lendo “A necesidade de repensar o sistema de financiamento dos medios online”

Os bolseiros: vítimas da precariedade laboral

Camiño Alvite

Se ben a precariedade laboral é un fenómeno que afecta á ampla maioría dos xornalistas, cabe destacar que esta se concentra especialmente en determinados sectores laborais. Un deles son os bolseiros, que pasaron de ser estudantado que completa a súa formación de maneira práctica a ser man de obra barata. Esta situación de extrema Seguir lendo “Os bolseiros: vítimas da precariedade laboral”

Xornalismo e precariedade laboral

O obxectivo principal desta sección do equipo do OCC será profundizar no impacto da precariedade laboral sobre o xornalismo estudando as múltiples manifestacións desta e as súas consecuencias. Dado que o fundamento deste proxecto é o de permitir que os actores tratados polos medios dominantes poidan conformar a súa propia imaxe, recurrirase directamente a profesionais do sector para indagar na temática. Estes aportarán as súas experiencias persoais ó longo de 3 reunións moderadas por membros Seguir lendo “Xornalismo e precariedade laboral”