Adaptarse para sobrevivir: que pode facer unha unitaria para evitar o peche

Os servizos ofertados por un colexio, sexa unha unitaria ou un CEIP, constitúen unha baza relevante á hora de decidir onde escolarizar ós nenos e nenas. No círculo de lectura celebrado o 29 de abril, no que se trataron diversas cuestións relacionadas coa educación no ámbito rural, saíu á luz o devandito tema. Nesta actividade contamos coa participación de Suso Mosquera, director do CRA Coristanco-Santa … Seguir lendo Adaptarse para sobrevivir: que pode facer unha unitaria para evitar o peche

A segunda vida das antigas escolas rurais

Cada vez que unha escola pecha deixa unha especie de baleiro nas vidas dos rapaces e rapazas escolarizados nela, pero o que verdadeiramente queda baleiro é o propio colexio. Esas catro paredes que antes acollían ao alumnado agora carecen de sentido, deixan de servir á súa función. Só hai dúas opcións de futuro para esas vellas escolas: darlles un novo uso ou abandonalas á súa … Seguir lendo A segunda vida das antigas escolas rurais

O peche dunha escola unitaria vivido dende dentro

Cada ano presenciamos o peche de numerosas escolas unitarias na nosa Comunidade Autónoma: os Colexios Rurais Agrupados galegos están a vivir unha crise. Volveuse algo rutinario, pero moi poucos coñecen o procedemento burocrático desde que se toma a decisión ata o posterior fechamento definitivo. Falamos co actual director do CRA Coristanco-Santa Comba, Suso Mosquera, que viviu de primeira man varios peches, para que nos comentase … Seguir lendo O peche dunha escola unitaria vivido dende dentro

O que ocorre cando deixas atrás unha escola unitaria

Casa da escola unitaria de Freixeiro, en Santa Comba Máis de 200 escolas unitarias galegas pechadas en apenas 15 anos, e centos de rapaces e rapazas obrigados a trasladarse a outros colexios máis grandes. Isto conleva, na maioría de casos, modificacións nas rutinas diarias das familias e, por suposto, un grave impacto psicolóxico no alumnado afectado. Laura García é unha de tantas e tantos que … Seguir lendo O que ocorre cando deixas atrás unha escola unitaria

O incesante peche das escolas unitarias galegas

A situación crítica dos Colexios Rurais Agrupados e as Escolas Unitarias en Galicia leva ocupando portadas nos medios dende 2005. O escaso número de alumnado levou ao peche de exactamente 205 das escolas rurais da nosa comunidade ata o día de hoxe.  As principais causas parecen ser a diminución de matriculacións en escolas unitarias, o descenso da natalidade e o despoboamento que se está dando … Seguir lendo O incesante peche das escolas unitarias galegas

Educación de calidade: peche das escolas rurais

Presentación Boas! O noso grupo vaise centrar no ODS da Educación de Calidade, enfocado dentro do marco rural galego. Nós somos (de esquerda a dereita) Iria Fernández (Coordinación), Leila Fernández (Edición), Carlota Fandiño (Difusión) e Paula Castiñeiras (Actividades). O principal obxectivo que perseguimos é afondar no peche das escolas, xeralmente unitarias, localizadas nas zonas rurais. Todas nós vivimos en áreas do rural e, dunha maneira … Seguir lendo Educación de calidade: peche das escolas rurais