«Temos normalizados os microrracismos»

S3D Mariam Khayrou e Marina Zurita Díaz teñen claro que as microagresións están totalmente integradas no noso día a día. Pero, que son exactamente estas atitudes aparentemente “normais” dentro da nosa sociedade e que podemos facer para erradicalas? O termo «microrracismo» O microrracismo é un termo que alude ás cotiás, e normalmente inconscientes, atitudes racistas. Son comportamentos de discriminación racial desgraciadamente frecuentes e arraigados en … Seguir lendo «Temos normalizados os microrracismos»

CEIP Apóstolo Santiago: un camiño cara a escola inclusiva

S3D “Que ben, temos un compañeiro novo!”. Así de contentos reaccionan os nenos e nenas do CEIP Apóstolo Santiago cando chega un novo compañeiro á súa aula. A realidade do centro non lles convida a dicir “ti es de aquí” ou “ti es de alá”, senón que lles convida a incluír a todos os compañeiros e compañeiras no grupo. “Na miña aula teño 16 alumnos … Seguir lendo CEIP Apóstolo Santiago: un camiño cara a escola inclusiva

Como debe ser o camiño cara unha boa inclusión?

“Notamos bastante implicación por parte dos profesores para facer moito máis fácil a nosa adaptación”, comentábannos na anterior publicación Victoria e Valeria, dúas rapazas que chegaron a terras galegas dende Venezuela. Ás veces, créanse entornos acolledores que axudan aos novos alumnos e alumnas a sentirse como na casa. Noutros casos é un camiño máis complicado. Un exemplo é o caso que traemos hoxe: Larissa  e … Seguir lendo Como debe ser o camiño cara unha boa inclusión?

Inclusión dos migrantes na educación

Ola! O noso grupo de traballo S3D será o encargado de tratar a inclusión dos migrantes na educación. Comezando por enriba e indo de esquerda a dereita, somos: Pablo Rodríguez Roldán (Edición), Sandra Rey Méndez (Edición), Antonio Rico Álvarez (Coordinación); e na fila de abaixo, Alba Rodríguez Pérez (Actividades), Cristian Romero Rodríguez (Difusión) e Clara Rodríguez Rejes (Documentación). Nos vindeiros meses tentaremos mostrar a realidade … Seguir lendo Inclusión dos migrantes na educación