Colaboración: Camiños escolares na Pontepedriña

A Asociación de Veciños Pontepedriña, preocupada polos nenos e nenasdo barrio,  levou a cabo un traballo conxunto con outras entidades  para dar a coñecer as deficiencias máis graves atopadas nas rutas propostas para a posta en marcha dos camiños escolares no CEIP Ramón Cabanillas, facendo un percorrido visual pola mesma e pondo de manifesto as suxestións achegadas polas diferentes asociacións que participan neste proxecto. Dito … Seguir lendo Colaboración: Camiños escolares na Pontepedriña

‘Tesi’ Barral: “Santiago, cal é o teu camiño? Compostela, cara onde vas?”

A orixe do movemento veciñal organizado tal como o coñecemos na actualidade remóntase a década de 1970 nun intento da cidadanía por achegarse máis a toma de decisións políticas levadas a cabo, principalmente, polas institucións locais. Estas accións constitúen unha parte dun modelo que busca una identificación coas democracias de carácter máis participativo onde o cidadán non estea relegado a un rol pasivo, senón que … Seguir lendo ‘Tesi’ Barral: “Santiago, cal é o teu camiño? Compostela, cara onde vas?”

Colaboración: A miña cidade

Compostela é una cidade con moitas caras. Está a universitaria, coa súa  excepcional USC, os colexios maiores, as instalacións deportivas e os seus equipos. Cada curso saen patentes, proxectos premiados e empresas de investigación que reflicten o seu nivel en I +D +i. Temos a cidade verde e medioambiental con todos os seus parques e sendas  para camiñar. Está a cidade monumental onde a historia … Seguir lendo Colaboración: A miña cidade

Colaboración: SDC, son desta cidade

Fago a miña vida nesta cidade. Santiago é o lugar no que estudo, no que practico deporte e no que cal coñecín a maioría das miñas amizades. A cidade  gústame, conta con un ambiente moi apropiado para desenvolvernos academicamente: a cantidade de facultades, as bibliotecas… pero creo que neste ámbito sempre se poden mellorar as condicións para que a vida daqueles que serán o futuro … Seguir lendo Colaboración: SDC, son desta cidade

Colaboración: As mulleres do rural de Compostela

As mulleres do rural de Compostela queremos animar ao Concello a que afonde verdadeiramente no papel da muller rural na sociedade, axudándomos a construír  un discurso propio para a muller do rural, adaptado en fondo e forma, que vaia máis aló dunha mera transposición ou un simple calco do discurso en feminino do ámbito urbano, no que existen outras problemáticas e especificidades. Un discurso para “mulleres do … Seguir lendo Colaboración: As mulleres do rural de Compostela

Colaboración: Os retos dunha cidade con historia

Santiago é unha cidade polifacética. Perderte polos seus recunchos implica mergullarte nun océano de historia, que conta o pasado dende moitos puntos de vista, dende o dos pobos que viñeron, viviron, e deixaron aquí a súa marca. As pedras da zona vella susurran historias e segredos. Non hai más que mirar para as estatuas de pedra. Compostela conta historias, Compostela conta a historia. Aquí chorouse e riuse, aquí celebrouse … Seguir lendo Colaboración: Os retos dunha cidade con historia

Veciñanza e acción institucional en Compostela: o papel dos medios

O papel dos medios de comunicación é sempre decisivo na conformación dos imaxinarios colectivos. A súa función, máis alá do paradigma de informar, formar e entreter, deriva en “inculcar aos individuos os valores, crenzas e códigos de comportamento que os farán integrarse nas estruturas institucionais da sociedade” (Chomsky, 1990). Tamén nunha cidade como Santiago, sobre a que veñen informando dende tempo atrás e de maneira … Seguir lendo Veciñanza e acción institucional en Compostela: o papel dos medios

Colaboración: Participación veciñal a debate

A esencia do movemento veciñal radica na vontade de agruparse, sen exclusións, para a consecución de melloras concretas no propio medio, xa sexan de carácter urbanístico, social, sanitario, educativo ou de calquera outra índole. Melloras que teñan interese para o conxunto da veciñanza e á marxe dos intereses políticos partidistas máis ou menos ideoloxizados que penduran sobre fins contraditorios. Non hai moito que a veciñanza … Seguir lendo Colaboración: Participación veciñal a debate

Colaboración: Santiago de Compostela, unha cidade para a xente moza?

Santiago de Compostela é unha cidade e municipio de España pertencente á provincia da Coruña. É considerada patrimonio da Humanidade dende 1985 e posúe un gran valor tanto cultural como histórico. É unha cidade cunha gran dispoñibilidade de zonas verdes e pódense realizar numerosas actividades lúdicas, de lecer e deportivas; como concertos, carreiras populares ou ben actividades que engloban á maioría da poboación tanto nova e … Seguir lendo Colaboración: Santiago de Compostela, unha cidade para a xente moza?