Vicisitudes do Centro de Salvamento Marítimo de Fisterra

A ampliación da Canle de Fisterra: Cambios que salvan vidas

S2A

A canle de Fisterra foi creada en maio do ano 1994 e, segundo as cifras rexistradas no Dispositivo de Separación de Tráfico Marítimo de Fisterra, a través dela pasan cada ano arredor de corenta mil barcos de tódalas partes do mundo, o que se corresponde con máis dun cento ao día, cifras que incluso duplican o tráfico da Canle de Suez, recentemente de actualidade. Nos seus inicios, tras o acordo da Organización Marítima Internacional (OMI), a canle contaba cun carril por sentido para a circulación de todos os buques, un en dirección ao norte e outro ao sur, pero moi pegados á costa. Non obstante, despois da catástrofe medioambiental provocada polo Prestige, a súa situación mudou. A partir dese momento, engadíronse dúas vías a maiores que facilitaron a circulación de buques e barcos pesqueiros e reduciron os riscos de accidentes.

Seguir lendo “A ampliación da Canle de Fisterra: Cambios que salvan vidas”

Captura de polbo na costa das Rías Baixas

O furtivismo, problema endémico da pesca en Galicia

S2A

A pesca é un sector económico con gran peso en Galicia. Segundo un artigo do Grupo de Investigación en Economía Pesqueira e dos Recursos Naturais da USC, en 2011 o sector pesqueiro galego acadou uns benefizos de 3.705,4 millóns de euros. Nese mesmo ano, o sector empregaba a 31.365 persoas. Dez anos máis tarde, aínda que a industria segue sendo un pilar fundamental para a economía galega, a situación mudou significativamente: maiores restricións para os mariñeiros, diminución das especies e dos ecosistemas, aumento de pescadores furtivos, etc.

Para analizar a situación da pesca actual decidimos centrarnos nas Rías Baixas, polo que contactamos coa Confraría de San Francisco en Vigo e coa Confraría de Arcade, ademais de falar cun pescador furtivo.

Seguir lendo “O furtivismo, problema endémico da pesca en Galicia”

Manifestantes reunidos na protesta polo desastre do Prestige

NUNCA MÁIS, a plataforma que deu voz a un pobo tinguido de negro

S2A

Nunca Máis é unha plataforma cidadá ademais dun movemento popular galego constituído para reclamar responsabilidades medioambientais, xudiciais e políticas polo desastre do petroleiro Prestige ocorrido o 13 de novembro do 2002. Esta asociación foi creada o 23 de novembro dese mesmo ano, co símbolo característico da bandeira galega cun fondo negro en lugar do branco habitual no que aparece o lema Nunca Máis. Para afondar máis nas actividades e no significado da plataforma contamos coa colaboración de Bieito Lobeira, un dos portavoces da plataforma que actualmente obra como representante para asuntos pesqueiros e marítimos e como presidente da Comisión de Educación e Cultura do Parlamento dentro do partido político BNG.

Seguir lendo “NUNCA MÁIS, a plataforma que deu voz a un pobo tinguido de negro”

Voluntario cuberto de chapapote trala catástrofe

O desastre do Prestige dende os ollos do pobo

Agencia EFE

S2A

O afundimento do Prestige foi unha das maiores catástrofes medioambientais de España. O buque, cargado con 77.000 toneladas de fuel, sufría unha vía de auga provocada por un forte temporal como consecuencia do mal estado de conservación da nave. O petroleiro quedou á deriva durante seis días ata que finalmente, o 19 de novembro do 2002 remata partindo en dous e afundindo a 246km da Costa da Morte.

As augas azuis quedaron substituídas por unha gran marea negra que comezou a tinguir a costa e a súa fauna de negro. O primeiro vertido supuxo unhas 6.000 toneladas de fuel, pero ao partirse o buque sumáronse outras 5.000, inundando 745 praias dende Galicia ata o País Vasco.

Arredor de 14.000 toneladas de fuel permanecen nos tanques do petroleiro Prestige, afundido a 4km de profundidade segundo os cálculos de Repsol YPF. En decembro de 2002, o Goberno asegurou que quedaban 37.000, polo que iso significa que o buque​ verteu ao mar 63.000 toneladas de cru dende que se accidentou. En total, foron unhas 90.566 toneladas de area e cru as que se retiraron só durante o primeiro ano de traballo posterior ó primeiro vertido.

Seguir lendo “O desastre do Prestige dende os ollos do pobo”

Praia con diferentes tipos de residuos

Contaminación mariña: desastres naturais e efectos sobre as augas de Galicia

Illa de plásticos
El País/ Caroline Power

S2A
A contaminación mariña é un dos grandes retos aos que se enfronta a humanidade. Ademais de ser unha problemática que carrexa grandes consecuencias sobre o medio mariño e os seus recursos naturais, tamén afecta especialmente á flora e á fauna, elementos imprescindibles para a autorregulación e mantemento dos océanos que ademais proporcionan alimentos e recursos ao ser humano.

Para profundizar no tema, contamos coa colaboración de dous expertos en contaminación mariña: Jorge Fernández Rodríguez, oceanógrafo, educador e intérprete mariño; e Lucía Viñas Diéguez, química especializada en contaminación do Instituto Español Oceanográfico (IEO).

Seguir lendo “Contaminación mariña: desastres naturais e efectos sobre as augas de Galicia”

Vida submarina: Contaminación e pesca


S2A

Boas! Somos Paloma Luciarte (responsable de publicacións), Sara Marón (responsable de actividades), Sara Méndez (editora), Uxía Osorio (editora), Diego Otero (coordinador) e Laura Paz (editora). Xuntos imos tratar o ODS 14: vida submarina; centrándonos principalmente na contaminación das rías e no impacto da pesca (especialmente a ilegal). 

Seguir lendo “Vida submarina: Contaminación e pesca”