Os nosos colaboradores opinan sobre o traballo realizado

S1D

Levamos uns meses traballando sobre o ensino, un tema que nos interesa a todos. Os nosos colaboradores axudáronnos a discutir a súa presenza e o seu tratamento nos medios. Despois de tres reunións e de realizar a acción do noso grupo, reunímonos con eles unha vez máis para preguntarlles a súa opinión sobre o proxecto e sobre o noso traballo. Seguir lendo “Os nosos colaboradores opinan sobre o traballo realizado”

Afondando no sistema educativo

S1D

Libraría Lila de Lilith

A segunda reunión do círculo tamén tocou a situación na que se atopan os docentes ao teren que cumprir coas directrices do sistema educativo. Así, xurdiron debates sobre a liberdade da que dispoñen para innovar fronte as metas que deben acadar seguindo o currículum, e sobre se os mestres deben dedicar parte do seu tempo libre a continuar a súa formación (Galicia Press, 15-03-2019). Seguir lendo “Afondando no sistema educativo”

Ficha S1D Ensino e medios

Presentación Ola! Somos -de arriba a abaixo e de esquerda a dereita- Juan Manuel Pérez Pedrouzo (edición), Iria Souto Iglesias (coordinadora e deseño), Roberto González López (acción), Clara Maseda da Veiga (difusión), Carlota Lázaro Silva (axenda) e Nuria López Vázquez (diálogo). A temática que desenvolverá o noso grupo de traballo tratará da situación do ensino galego a través dos medios. Como partícipes do ensino galego … Seguir lendo Ficha S1D Ensino e medios