Filispim 93.9 FM

SALVATORE FALCONE

En Ferrol, o medio comunitario Filispim 93.9 FM abre o seu espazo radial na web aos seus socios. Estes poden encontrar un espazo para informarse que nos medios convencionais non existe. Esta estación acompaña a cinco emisoras de radio comunitarias en Galicia: A Kalimera de Santiago de Compostela, Cuac FM  de A Coruña, Radio Clavi de Lugo, Radio Priatona de Vigo e radio Roncudo de A Coruña.

Seguir lendo “Filispim 93.9 FM”

Alba Taladrid: “Non temos un xornalismo comprometido con case ningunha causa e menos coa causa feminista”

CANO TORRES

Alba Taladrid é unha xornalista que forma parte de Xornalistas Galegas, un colectivo de mulleres profesionais das Ciencias da Comunicación que desenvolven a súa actividade en defensa dun xornalismo galego con perspectiva feminista. Seguir lendo “Alba Taladrid: “Non temos un xornalismo comprometido con case ningunha causa e menos coa causa feminista””

Na casa do ferreiro, coitelo de pau

LEIS CAPELO

Falar da precariedade laboral nun sector dentro do propio sector non é algo que esteamos acostumados a ver en ningunha esfera da sociedade, e moito menos, no xornalismo. Suponse que os medios están para informar do bo e do malo dentro e fóra das súas fronteiras. Así pois, logo dunha escolma de xornais, televisións e radios, chegamos á conclusión de que este é un tema bastante tabú nos medios en xeral. Aínda así, os medios alternativos son os que fan máis forza.

Seguir lendo “Na casa do ferreiro, coitelo de pau”

Rogerio Christofoletti: “Os observatorios son instrumentos da cidadanía na busca dun xornalismo ético”

LOMBA FERNÁNDEZ

Rogerio Christofoletti é mestre e investigador na Universidade Federal de Santa Catarina, no Brasil. Os seus estudos céntranse na ética xornalística, a privacidade, a crítica mediática, a crise do xornalismo e as tecnoloxías. No ano 2009 crea, xunto con Francisco José Catilhos Karam, o Observatorio de Ética Xornalística (objETHOS)

Seguir lendo “Rogerio Christofoletti: “Os observatorios son instrumentos da cidadanía na busca dun xornalismo ético””