Que pensan os membros do Círculo sobre o noso labor?

Esta experiencia serviunos para entender como funciona un colectivo que se dedica a unha actividade en concreto e a explotar as interaccións posibles entre este e mais o noso grupo de traballo. Desta forma puidemos entender mellor que os motiva e obter unha visión máis completa da problemática dos desafiuzamentos e como traballan os activistas para contela. Dende o principio, Stop Desahucios amosou con nós … Seguir lendo Que pensan os membros do Círculo sobre o noso labor?

Colaboración: Camiños escolares na Pontepedriña

A Asociación de Veciños Pontepedriña, preocupada polos nenos e nenasdo barrio,  levou a cabo un traballo conxunto con outras entidades  para dar a coñecer as deficiencias máis graves atopadas nas rutas propostas para a posta en marcha dos camiños escolares no CEIP Ramón Cabanillas, facendo un percorrido visual pola mesma e pondo de manifesto as suxestións achegadas polas diferentes asociacións que participan neste proxecto. Dito … Seguir lendo Colaboración: Camiños escolares na Pontepedriña

O rural de Santiago

Con moito percorrido por detrás, as parroquias rurais de Santiago de Compostela afrontan unha situación crítica segundo os seus representantes: esquecemento e desentendemento por parte do goberno local. Esta situación deuse (e dáse) na capital de Galicia “sen importar quen suxeitase o bastón de mando”, din. Por parte da poboación rural, a sensación sempre é a mesma: descoido e indiferenza desde o Concello. No seu documento de … Seguir lendo O rural de Santiago

‘Tesi’ Barral: “Santiago, cal é o teu camiño? Compostela, cara onde vas?”

A orixe do movemento veciñal organizado tal como o coñecemos na actualidade remóntase a década de 1970 nun intento da cidadanía por achegarse máis a toma de decisións políticas levadas a cabo, principalmente, polas institucións locais. Estas accións constitúen unha parte dun modelo que busca una identificación coas democracias de carácter máis participativo onde o cidadán non estea relegado a un rol pasivo, senón que … Seguir lendo ‘Tesi’ Barral: “Santiago, cal é o teu camiño? Compostela, cara onde vas?”

Colaboración: A miña cidade

Compostela é una cidade con moitas caras. Está a universitaria, coa súa  excepcional USC, os colexios maiores, as instalacións deportivas e os seus equipos. Cada curso saen patentes, proxectos premiados e empresas de investigación que reflicten o seu nivel en I +D +i. Temos a cidade verde e medioambiental con todos os seus parques e sendas  para camiñar. Está a cidade monumental onde a historia … Seguir lendo Colaboración: A miña cidade

Colaboración: SDC, son desta cidade

Fago a miña vida nesta cidade. Santiago é o lugar no que estudo, no que practico deporte e no que cal coñecín a maioría das miñas amizades. A cidade  gústame, conta con un ambiente moi apropiado para desenvolvernos academicamente: a cantidade de facultades, as bibliotecas… pero creo que neste ámbito sempre se poden mellorar as condicións para que a vida daqueles que serán o futuro … Seguir lendo Colaboración: SDC, son desta cidade

As persoas, primeiro

 

Imagen 1

A Rúa Nova, unha das máis concorridas de Santiago de Compostela | crisintranslation.blogspot.com

Globalización; unha palabra moi empregada e recorrente que define a integración a escala mundial das economías e mercados perante a acción das novas tecnoloxías e os avances na comunicación. Un dos principais efectos deste proceso é o constante crecemento das cidades, cada vez máis poboadas debido ao éxodo rural,  co seu consecuente deterioro e diminución da calidade de vida das persoas. Unha sucesión de présas, estrés e ruídos de vehículos indo e vindo caracterizan os grandes núcleos de poboación dos nosos tempos.

Seguir lendo “As persoas, primeiro”

Colaboración: As mulleres do rural de Compostela

As mulleres do rural de Compostela queremos animar ao Concello a que afonde verdadeiramente no papel da muller rural na sociedade, axudándomos a construír  un discurso propio para a muller do rural, adaptado en fondo e forma, que vaia máis aló dunha mera transposición ou un simple calco do discurso en feminino do ámbito urbano, no que existen outras problemáticas e especificidades. Un discurso para “mulleres do … Seguir lendo Colaboración: As mulleres do rural de Compostela

Colaboración: Os retos dunha cidade con historia

Santiago é unha cidade polifacética. Perderte polos seus recunchos implica mergullarte nun océano de historia, que conta o pasado dende moitos puntos de vista, dende o dos pobos que viñeron, viviron, e deixaron aquí a súa marca. As pedras da zona vella susurran historias e segredos. Non hai más que mirar para as estatuas de pedra. Compostela conta historias, Compostela conta a historia. Aquí chorouse e riuse, aquí celebrouse … Seguir lendo Colaboración: Os retos dunha cidade con historia