Epílogo: a túa quenda

A nosa aventura chega á súa fin. Pero coma nas historias máis fascinantes, non é un final pechado. Agora é a túa quenda. Tes as ferramentas básicas para actuar en prol da mellora do noso planeta e das condicións sociais dos seus habitantes, cómpre que as poñas en práctica. Nesta viaxe descubrimos, aprendemos e sobre todo compartimos novos coñecementos. Nada disto sería posible sen os … Seguir lendo Epílogo: a túa quenda

Actividades durante a corentena

Desde fai unhas semanas non podemos saír á rúa, pero iso non significa que non poidamos aprender e disfrutar. Desde o grupo de Produción e Consumo Responsables queremos amenizarche esta cuarentena, para o que creamos unhas actividades educativas, e deixámosche outras para que poidas descargalas. Con estas actividades queremos que os máis pequenos se entreteñan mentres aprenden sobre a agricultura sostible. Pero ademais, creamos un … Seguir lendo Actividades durante a corentena

O compromiso dos medios (co medio)

Nesta entrega, realizamos unha enquisa para ver, de primeira man, cal era a situación da que partían os lectores sobre o tema de alimentación ecolóxica e de comercio xusto. Dos resultados, démonos de conta de que non todos sabían a diferenza entre un produto local, ecolóxico e convencional. Un dos temas que máis nos interesaba era a súa opinión sobre se esta comida está ao … Seguir lendo O compromiso dos medios (co medio)

O poder das decisións: Soberanía Alimentaria

O catorce de xaneiro do 1995 emitíase na TVG o primeiro programa de Senda Verde, un espazo que difundía a importancia de coidar o medio natural. Enrique Banet López de Rego, o seu director, convertiríase nun pioneiro no referente á concienciación nesta materia nos medios de comunicación galegos. Préme na seguinte imaxe para saber máis: A cancelación do programa non fixo que Enrique abandonase o seu … Seguir lendo O poder das decisións: Soberanía Alimentaria

Na busca dun modelo de consumo responsable

S1D – Produción sostible e consumo responsable Cando falamos de consumo responsable referímonos a unha práctica que favorece a preservación do medio ambiente e a consecución da igualdade social. Nembargantes, non é unha modalidade que estea presente nos fogares de toda a poboación. Sen dúbida, a situación provocada pola crise do coronavirus tampouco axuda: o medo a que a situación empeore leva ás familias a … Seguir lendo Na busca dun modelo de consumo responsable

Alimentación ecolóxica: a materia pendente dos colexios

S1D Dise que a alimentación ecolóxica é aquela na que a procedencia dos produtos que consumimos está libre de químicos. Porén, a maioría dos colexios de Compostela non contan con este modelo de alimentación nos seus comedores. Só un leva a palma de ouro: o C.E.I.P. López Ferreiro, que destaca por ter cociña de elaboración propia e unha selección de produtos de orixe ecolóxica e … Seguir lendo Alimentación ecolóxica: a materia pendente dos colexios

Produción sostible e consumo responsable

A organización Nacións Unidas deseñou unha serie de obxectivos e metas de desenvolvemento sostible (ODS) que teñen a finalidade de mellorar a vida no planeta en campos como a educación, a igualdade, a pobreza ou o cambio climático. O noso grupo de traballo, do cal formamos parte Javier Caínzos Seco (difusión), José Campos Prieto (documentación), Raquel Fernández Álvarez (axenda e calendario), Lydia Fernández Cortabitarte (actividades) … Seguir lendo Produción sostible e consumo responsable