Fame cero nos medios de comunicación (II)

Dende o noso grupo no que traballamos en prol do ODS Fame Cero levamos a cabo un traballo de investigación nos medios da nosa contorna para saber como é o tratamento desta información a nivel autonómico e a visibilización que danlle os medios a fame en Galicia, no periodo 2019-2020. Para iso, analizamos diferentes medios de comunicación: Radio, televisión, publicidade, prensa e prensa nativo dixital. … Seguir lendo Fame cero nos medios de comunicación (II)

Fame cero nos medios de comunicación (I)

Fai uns anos a axencia Reuters converteu a Saida Ahmad Baghili, unha rapaza desnutrida yemení, no emblema da desnutrición nese país. Xavier Aldekoa, corresponsal do diario español “La Vanguardia” empregou a súa conta de Twitter para dicir o seguinte: Probablemente si que buscan cambiar as cousas, pero, poden realmente facelo hoxe en día? A fame no mundo é un fenómeno empregado polos medios de comunicación … Seguir lendo Fame cero nos medios de comunicación (I)

A seguridade alimentaria e o dereito á alimentación

En pleno século XXI, existen millóns de persoas que pasan fame a diario a pesar da riqueza que se xera constantemente e do potencial agrícola do que dispoñemos, a fame afecta a máis de 820 millóns de persoas no mundo. Os países pobres necesitan os instrumentos de desenvolvemento, económicos e de política precisos para impulsar a súa produción e produtividade agrícolas. Débese aumentar a inversión … Seguir lendo A seguridade alimentaria e o dereito á alimentación

Sor Alicia Lourido: “Moita xente que viviu ben no pasado necesita agora acudir ao comedor económico ”

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible buscan terminar con todas as formas de fame e desnutrición. Esta tarefa implica promover prácticas agrícolas sostibles para a produción de alimentos. Sen embargo, se esta produción non chega a todas as mans necesarias, seguiríamos a falar de situacións de pobreza alimentaria. Non só é importante quen produce alimentos, tamén é indispensable quen os fai chegar a aqueles que o … Seguir lendo Sor Alicia Lourido: “Moita xente que viviu ben no pasado necesita agora acudir ao comedor económico ”

Luz Eyo, coordinadora do programa “Hortalíza-te”: “Hortalíza-te está impregnando todas as hortas de Santiago.”

Como xa falamos na publicación “Da horta á neveira e á despensa”, as hortas convertéronse nun movemento urbano imparable. En Santiago de Compostela hai cerca de 300 hortas e o número segue aumentando xa que a súa demanda vai en aumento. O proxecto “Hortalíza-te” é un dos artificieiros desta crecente demanda xa que moitos xoves que participan nos talleres interésanse por este tipo de hortas … Seguir lendo Luz Eyo, coordinadora do programa “Hortalíza-te”: “Hortalíza-te está impregnando todas as hortas de Santiago.”

Concurso de carteis: Fame cero

O noso equipo adicado ao obxectivo Fame Cero, está traballando nunha serie de proxectos e actividades relacionadas con este tema, un dos dezasete Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Para concienciar tamén aos máis xoves, decidimos levar a cabo un concurso de carteis no nivel de 1º da ESO do instituto Val Miñor de Nigrán (Pontevedra). En primeiro lugar, gravamos un vídeo presentado por dous membros do … Seguir lendo Concurso de carteis: Fame cero

Da horta á neveira e á despensa

A agricultura de subsistencia é un modo de agricultura na cal unha parte da terra produce só unha vez ao ano o suficiente como para almacenar alimentos para os agricultores que traballan nela a través da súa actividade diaria normal. En función do tipo de terreo, cultivo, desenvolvemento da plantación, técnicas agrícolas, etc., estimouse que a superficie requerida por persoa está entre os 1.000 e … Seguir lendo Da horta á neveira e á despensa

Os anos da fame en Galicia

O pasado século, a Galicia das filloas, as castañas, o pan de cea, o bacallau, as sardiñas, os cachelos e a empanada pasou por tempadas de duras fames. O bo comer dos galegos dependía das estacións, os temporais e, sobre todo, da condición social da que gozasen. Os campesiños máis pobres, os bodegueiros, empregaban as terras comunais para alimentar os seus rebaños, e eran tamén … Seguir lendo Os anos da fame en Galicia